4. NAMORAR A, NAMORARSE, NAMORARSE DE. OUTRAS CONSTRUCIÓNS PROPIAS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Eu namorar, eu namorar, eu namoreime,
eu namoreime na beira do mar.
Eu namoreime dunha rapaciña
e non me puiden desnamoricar.

(Popular)

4.1.
A lingua fana os flantes. Tras deles veñen os estudosos que elevan a regras as creacións de quen crearon o idioma. Esas regras son posteriores á lingua, pero tamén inflúen nela, corrixindo desvíos e mesmo tendo en conta como deberan evolucionar algunhas palabras, maiormente os cultismos que un idioma como o galego -apartado destes estudos, dos libros e dos dicionarios durante moitos anos-, ten que crear para normalizarse e homologarse coas linguas cultas.

Estas normas tamén axudan a aprender unha lingua ás persoas que non a herdaron. Pero os textos populares fixados, como refráns e cántigas, –aínda que poden ter algún erro engadido na transmisión colectiva- son unha extraordinaria fonte de aprendizaxe que eu propoño como moi válida e que moitas veces me asentarei neles.

A cántiga que encabeza a proposta póñoa para un dos verbos máis engaiolantes en calquera lingua: NAMORAR(SE)

.Namórase alguén de alguén e namora alguén a alguén.

Eu namoreime.
Eu namoreime dunha rapaciña.
Eu namoreina
Eu namorei a unha rapaciña e a rapaciña namorouse de min.

Eu, como a cántiga, conservo o pronome reflexivo cando procede, como en moitos dos verbos que o teñen que levar:

-Arrepentirse de
-Negarse a
-Defenderse de
-Rebelarse contra
-Dirixirse a…
4.2. Repasamos casos nos que non se poden usar os reflexivos:

-Lávome/ Lavo a cabeza.
-Pérdome/ Non perdo o espectáculo de hoxe.
-Pásome de graciosa/ Paso pola casa.

-*Vente por casa (frase que resulta escrita en castelán) sería en galego: Ven pola casa.

4.3 Outras construcións para repaso

A casa/ Estar na casa.

A aula/ Saír da aula.

A clase/ Volver á clase.

A misa/ Estar na misa.

En galego non soa mal o artigo a coas palabras graves que empezan pola mesma letra en sílaba tónica, polo que será sempre:

A acta

A aula

A alma

A auga

A áncora…

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s