LINGUA MATERNA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Hoxe é o Día Internacional da Lingua Materna. A lingua propia de Galicia debería ser chamada paterna, porque foi máis transmitida polos pais que polas nais, pois ás mulleres esixíaselles en grande medida o señoritismo que as familias crían que lles prestaba a outra lingua asimilada coas clases sociais máis altas e letradas.

Pola proximidade das linguas en contacto e conflito que se falan en Galicia, ata non hai moito era difícil delimitar en moitos casos cal é esa lingua. ¿Cal é a lingua materna dunha criatura da que a súa nai e o seu fai falan outra que non falan con ela, mais é a habitual da familia? ¿E a daquela outra que foi atendida por unha coidadora vida do mundo rural que non sabía apenas castelán e cuxo modelo lingüístico era fundamental nos primeiros meses ou anos da súa vida?

O galego era a lingua maioritariamente falada e impregnaba de xeito natural a comunicación. Hai un feito excepcional que aceptamos con normalidade, pero é sorprendente. A recuperadora da lingua galega para a literatura e para a escrita foi unha muller que non a tiña por materna nin se expresaba nesta lingua cos seus. Non obstante, en Follas Novas Rosalía escribe os poemas máis persoais e máis afastados da lingua que falaba, como son os seus poemas solidarios, os máis feministas e incluso o máis profundo e radical “Canto pensó que te fuches” –máis coñecido por “A negra sombra”- na lingua que aprendera por inmersión nun medio que propiciou a súa aprendizaxe ata convertela na nosa gran mestra idiomática.

A nosa situación actual virouse ao contrario. O medio é desgaleguizador porque as accións que se levaron a cabo para favorecer o idioma do país non foron –e cada vez o son menos- planificadas como deberan selo, porque a defensa e promoción da lingua propia de Galicia é un mandado estatutario.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s