EN HOMENAXE A ROSALÍA NO 178 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO E 135 DA PUBLICACIÓN DE “FOLLAS NOVAS”

Rosalía de Castro (Por Miguel Elías)

(Presentación da publicación, en carpeta conxunta, de Follas novas e Amor de perdiçao, Ediçoes Caixotim, 2006)

Rosalía de Castro, a gran poeta galega, e Camilo Castelo Branco, o gran narrador portugués, estaban irmandados antes de que os responsables de manter o seu recordo e difundir a súa obra decidiran celebrar senllos actos de sinatura de fraternidade nos lugares da Matanza (Padrón) e Ceide (Vilanova de Famalicao) a finais do ano 2005.
Estes dous autores estaban xa irmandados de seu por seren grandes, por pertenceren á mesma época, por traballaren con dúas linguas xemelgas e, sobre todo, porque a súa dor creativa, nacida certamente de dúas biografías que tiveron que superar duras probas no seu transcurso, era real. As súas plumas, bebendo directamente na sufrida alma dos pobos que os rodeaban, eran tamén testemuña das súas máis auténticas raíces vivenciais. Por iso ambos escritores superaron calquera pose determinada por unha moda pasaxeira e mereceron estar situados nun lugar de honra entre os clásicos de todos os tempos.
A publicación dupla de Follas novas de Rosalía de Castro e Amor de perdiçao de Camilo Castelo Branco é o primeiro espazo de colaboración entre a Fundación Rosalía de Castro e a Casa de Camilo-Museu. Centro de Estudos da Câmara Municipal de Vilanova de Famalicao.
Alén de divulgar a obra e o coñecemento de ambos autores, a nosa intención diríxese tamén a propiciar, desde as nosas posibilidades, o achegamento de dúas literaturas que se sustentan nas linguas máis irmás das romances, que tiveron no Medievo unha Idade de Ouro en común e que na actualidade están máis precisadas que nunca de pontes de comunicación e de lugares de encontro.
Agradecemos a sensibilidade mostrada pola Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia, cuxo titular D. Jose Luis Méndez Romeu acolleu o noso proxecto e fixo posible que esta publicación sexa unha realidade.

Helena Villar Janeiro
Presidenta da Fundación Rosalía de Castro

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s