UNHA LINGUA EXPURGADA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A lingua vive un momento difícil por moi variadas razóns. Unha delas é que debe afrontar os problemas que se derivan do seu contacto co castelán -non só na influencia no vocabulario, senón na morfosintaxe e na fonética, que son os seus elementos máis constitutivos e non se resolven cun dicionario ao uso- senón tamén coa influencia dos anglicismos que están a afrontar todas as linguas, pero que a esta  encóntrana menos resistente. Por outro lado, moitos falantes reconquistados son persoas que abusan do inglés por comodidade ou pola súa presenza inxectada pola tecnoloxía, mais non sempre termos tecnolóxicos.

Non acabo de ver a necesidade de substitución de palabras que temos de vello por palabras inglesas. Ser “fake” é ser falso. Ser “Low Cost” é ser barato… E poderiamos seguir con máis exemplos. Posiblemente as persoas que usan eses termos non son conscientes de que están dando paus nunha lingua de seu ameazada xa por outra.

É moi probable que este comentario sexa unha prédica no deserto. Pero non quería pasar por sobre este asunto sen chamar a atención sobre el. De pouco serve que a contaminación indique que unha lingua vive, que aínda non está morta. Creo que pode evitarse tanto préstamo innecesario, cando menos en persoas que teñen conciencia da situación dos idiomas. Á RAE xa a preocupa moito que a canción que representa a España en Eurovisión se cante en inglés. A min preocúpame xa o “Cocido day”… Non sei se a vós.

Anuncios

3 pensamientos en “UNHA LINGUA EXPURGADA

  1. Estou tan preocupado polo tema, que só acougo un pouco pola mentalidade arraiana que teño. O meu contacto xa na infancia e na mocidade ca cultura portuguesa fai, que me sexa un balsamo viaxar a “Reserva Federal” Tomar café, beber viño verde, e comer bacalhau.

  2. Tes toda a razón e xa sei que o que vou decir non sirve de consolo, mais o certo e que tamen lle pasa ao castelan.
    Son modas que estragan os idiomas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s