PRONOMES PERSOAIS. USOS E COLOCACIÓN 3

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

3.1 CORRECCIÓN DO EXERCICIO ANTERIOR
a- Perdíchela?
b- Saltarala?
c- Laváchelas?
d- Comíchelo?/ Comíchelo todo?
e- Compráchelo?
f- Miráchela?
g- Pintaralas?

Recordamos que adoita suprimirse o sígno inicial de interrogación, inda que tamén se pode usar sen ser falta.

 

3.2. REPARAMOS NO QUE PASOU DURANTE ESTE PROCESO

3.2.1 Había un pronome no castelán que desaparece da tradución.

3.2.1 Posiblemente te deches conta de que o pronome ao que terías que traducilo sería TE.

3.2.2 Despois terías que unilo cos pronomes O.D. e non lle viches xeito a contraccións como:

te+a= ta, te+o=to…. porque che soou moi estraño ao non existir no galego esa contracción.

3.2.3 Sairíanche oracións como

*Perdícheta
*Comprácheto
*Pintárastas
*Laváchetas

3.2.4 Eis a razón porque usei o pronome de segunda persoa en oracións transitivas para poñer como centro do traballo. Mais pode pasar con calquera persoa gramatical e con verbos que non levan OD.

3.2.5 Ante a dúbida, recoméndoche que intententes poñer a frase en segunda persoa e o OD en pronome, se fose posible. Así será como te das conta de que non non é.

 

3.3 PROPOSTA DE EXERCICIOS

Poño unhas cantas oracións. As que cres que están mal, corríxeas. Non atendas só ao pronome, que hai algunha outra cousiña que está mal, da que xa falamos noutras unidades. Fíate moito do idioma que terás oído da boca de quen o teñen como primeira lingua.

1_Non te equivoques no cruce, que é moi doado pasarse.

2_Hoxe lavouse os dentes con moito esmero.

3_Van proxectar a película de Tosar e eu non ma penso perder.

4_Pásate por casa, que tomamos algo

5_Teño tanta fame que me comía un boi por unha pata.

6_ Saudáronse con moita cortesía e quedáronse pampos do que habían medrado as nenas.

7_ Cortábase o pelo ela mesma e quedáballe moi ben.

8_Hoxe púxenme un traxe ao que lle quero moito porque favoréceme.
3.4 MAÑÁ CORRIXIMOS E SEGUIMOS

Anuncios

3 pensamientos en “PRONOMES PERSOAIS. USOS E COLOCACIÓN 3

  1. 2. Hoxe lavou os dentes con moito esmero.
    3. Van proxectar a película de Tosar e eu non a penso perder
    4. Pasa pola casa, que tomamos algo
    5. Teño tanta fame, que comía un boi por unha pata
    6. Saudáronse con moita cortesía e quedaron pampos do que medraran as nenas
    7. Cortaba o pelo ela mesma e quedáballe moi ben
    8. Hoxe puxen un traxe ao que lle quero moito porque me favorece.

    Querida Helena, cando vin os dous erros meus, deume a risa. Como se poden facer as cousas tan “sin tino”…😊. A ver hoxe…
    Saudiños

  2. 1. Non te trabuques no cruce. E moi doado pasalo.
    2.Hoxe lavou os dentes con moito esmero.
    3. Van proxectar a pelicula de Tosar i eu nona vou perder.

    4. Pasa pola casa que tomarenos algo.
    5. Teño tanta fame que comeria un boi por unha pata.
    6. Saudaronse con moita cortesia e quedaron pampos do que nedraran as nenas.
    7. Cortaba o pelo ela mesma e quedaballe moi ben.
    8. Hoxe puxen un traxe ao que lle quero moito porque favoreceme.

    • Heleniña estou en Barcelona e non teño o PC estoute a seguir polo movil e dame mais chollo ainda que non disculpa os erros.
      Tampouco estou participando en Facebook porque teño un problema coa recepción dos SMS e alguen me dixo que mo pode oxasionar o Face. Así que mentras no mo miren os tecnicos, ando medio desconectada. Bicazos😙😙😙😙😙

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s