PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN 4

IMG_8373
4.1 CORRECCIÓN DOS EXERCICIOS
2_Hoxe lavou os dentes con moito esmero.

3_Van proxectar a película de Tosar e eu non a penso perder.

4_Pása pola casa, que tomamos algo

5_Teño tanta fame que comía un boi por unha pata.

6_ Saudáronse con moita cortesía e quedaron pampos do que medraran as nenas.

7_ Cortaba o pelo ela mesma e quedáballe moi ben.

8_Hoxe puxen un traxe ao que lle quero moito porque me favorece.

4.2 REPASO SOBRE OS ERROS

2. Cando non é necesario un pronome reflexivo non se usa. En lavar os dentes, enténdese que se refire á mesma persoa que fala. Si sería necesario en Lavoulle os dentes á nena.
3. Tamén é un reflexivo innecesario, que non se utiliza.
4. Hai un pronome que non se usa co verbo pasar, dos que estivemos mirando. As palabras CASA e CLASE e AULA cando son complemento circunstancial de lugar contrúense co artigo A:

Entrar na casa
Saír da aula
Moverse pola clase.
5. Igual que a 3.
6. Igual que 2.
7. Estes pronomes –que non son suxeito nin levan preposición-, como regra xeral van detrás do seu verbo e unidos a el. Pero as excepcións son moitas. Unha delas son as oracións que levan unha conxunción subordinante, neste caso PORQUE, que os atrae para diante do seu verbo.

4.3. Recomendo dar un repaso polas unidades que falan de oracións subordinadas. En calquera caso, seguiremos facendo práctica.

QUE TEÑADES UN BO DOMINGO. O LUNS, MÁIS.

Anuncios

2 pensamientos en “PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN 4

  1. Tomo boa nota do pronombre atraido pra diante do verbo pola conxunción subordinante.
    Detecto outros dous :
    1 eu escribin nona vou perder cando debia ser non a vou perder. Eso eu fagoo moito escribo tal como o falo. E un erro ¿non si?
    2 na mesma frase puxen a conxunciòn “i” en vez de “e”, porque por algun lugar lin que asi se fai cando a seguinte palabra comenza por “e”.
    O caso e que me vai custar deixar de facelo.
    ¿Que opinas?
    Bicos dende a Cidade Condal

  2. O primeiro erro é normal que o teñas, pero con nada que releas xa te dás conta de que hai que separar.
    O da conxunción “e”. Sempre se escribe e, aínda que diante de vogal soa como i semiconsoante. A escrita, sempre e.

    Í-an xun-tos o ho-me e a-mu-ller

    Agora copiada como se pronuncia:

    Í-an xun-tos o ho-me ia-mu-ller. (pronunciado ese i como en saia, praia, etc)

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s