OS PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN. TÓNICOS E ÁTONOS 5

 

IMG_8364
1 REGRA ELEMENTAL DE COLOCACIÓN PARA APRENDER

Os pronomes ME, TE, CHE, SE, O, A, LLE, LLES, OS, AS non comenzan NUNCA unha frase.
Agora facede frases con eles mentres andades noutras cousas e metédeo ben na cabeciña. Non hai excepción.

 

2 OS ACENTOS NA LINGUA ORAL

Na lingua oral existen acentos que van marcando sílabas fortes entre outras débiles. Nótase moi ben nos versos, pero, con algo de atención, tamén na prosa, que é a fala habitual.
Non falamos dos acentos illados das palabras, porque pronunciadas unha por unha, todas o teñen, senón dos acentos da frase ou oración que vai de punto a punto.

2.1 Imos facer un exercicio de lectura:

“Kovar era novo na escola e fixéronlle sitio cerca da profe. Viña de moi lonxe, non falaba como os demais e tiña que aprender moitas cousas. Onda a profe tamén estaba Xermán, sempre sentado. Tiña unha distrofia muscular que lle afectaba as pernas e había que lle axudar a moverse dentro da clase. Ata a clase traíao a mamá.

Kovar estivo mirándoo mentres descansaba de aprender novas palabras nun libro. Por iso lle colleu o lápis cando lle caeu e lle levou o caderno á profe para mirarlle a conta, que xa a acabara. A profe soubo o primeiro día que Kovar era un neno intelixente e solidario.

No recreo, a profe levou a Xermán ata o banco do pasillo e deixouno cun grupiño para que non se aburrise. Kovar sentouse onda el e axudouno a volver para dentro. Ao acabar a clase, adiantouse para conducilo á porta, onde o esperaba a mamá.

Xermán presentoullo a súa nai:
-Mamá, Kovar empezou hoxe e xa somos amigos.
A nai sorriu cara a el e Kovar aprendeu así a palabra amigos”.

 

2.2. Trata de sinalar eses acentos de oración fixándote en que hai palabras das que pronuncias unha sílaba con máis forza e outras sobre as que pasas suavemente. OLLO!!!! Non se trata de ir palabra por palabra, senón do conxunto de cada unha das oracións.

 

2.3. Marca todos os pronomes persoais que atopes.
MAÑÁ CORRIXIMOS

Anuncios

4 pensamientos en “OS PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN. TÓNICOS E ÁTONOS 5

  1. Unha dúbida Helena: nas oracións “Por iso lle colleu o lápis cando lle caeu e LLE levou o caderno á profe para mirarlle a conta, que xa acabara.”( No 2° parágrafo).
    -Por que ese LLE marcado vai ao comezo da frase? Entendo que son dúas oracións copulativas vinculadas polo “e”.
    Non é que non me cadre, porque me cadra, é coma si os adverbios “por iso” e “cando” arrastrara tamén a ese LLE. É algo así ou estou totalmente errada?
    Grazas adiantadas…

  2. Por iso lle caeu e (por iso) lle levou… Son coordinadas introducidas polo sintagma POR ISO, que que atrae o pronome. Cando lle caeu é unha sobordinada da primeira copulativa.
    Espero deixarche clara a regra extraída polos gramáticos e gramáticas (ha, ha, ha…) do uso que fai a xente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s