PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN. TÓNICOS E ÁTONOS 5.2

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

5.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

 

5.2.1 Imos facer un exercicio de lectura:

MARCO UN RESULTADO APROXIMADO, POQUE DEPENDE UN POUCO DA LECTURA. HAI ACENTOS PRINCIPAIS E SECUNDARIOS, PERO NON VOU FACER ESTA DISTINCIÓN. O QUE INTERESA É QUE VEXADES QUE A LECTURA TEN PUNTOS DE APOIO EN DETERMINADAS PALABRAS, MENTRES QUE SOBRE OUTRAS PASA CASE POR ENCIMA.

“KoVAR era NOvo na esCOla e fiXÉronlle SItio cerca da PROfe. VIña de moi LONxe, non faLAba como os deMAIS e TIña que aprenDER moitas COUsas. Onda a PROfe taMÉN esTAba XerMÁN, sempre senTAdo. TIña unha disTROfia muscuLAR que lle afecTAba as PERnas e haBÍa que lle axuDAR a moVERse dentro da CLAse. Ata a CLAse traÍao a maMÁ.

KoVAR esTIvo miRÁNdoo mentres descanSAba de aprenDER novas paLAbras nun LIbro. Por Iso lle coLLEU o LApis cando lle caEU e lle levOU o cadERno á PROfe para miRARlle a CONta que acaBARa. A PROfe SOUbo xa o priEIRro DÍa que KoVAR era un NEno inteliXENte e soliDArio.

No reCREo, a PROfe leVOU a XerMÁN ata o BANco do paSIllo e deiXOUno cun gruPIño PAra que non se abuRRIse. KoVAR sentOUse onda EL e axuDOUno a volVER para DENtro. Ao acaBAR a CLAse, adianTOUse para conduCIlo á PORta, onde o espeRAba a maMÁ.

XerMÁN presenTOUllo a súa NAi:
-MaMÁ, KoVAR empeZOU HOxe e xa SOmos aMIgos.
A NAI soRRIU cara a EL e KoVAR aprenDEU aSÍ a paLAbra aMIgos”.

 
5.2.2. Marca todos os pronomes persoais que atopes.

“Kovar era novo na escola e fixéronLLE sitio cerca da profe. Viña de moi lonxe, non falaba como os demais e tiña que aprender moitas cousas. Onda a profe tamén estaba Xermán, sempre sentado. Tiña unha distrofia muscular que LLE afectaba as pernas e había que LLE axudar a moverse dentro da clase. Ata a clase traíaO a mamá.

Kovar estivo mirándoO mentres descansaba de aprender novas palabras nun libro. Por iso LLE colleu o lápiz cando LLE caeu e LLE levou o caderno á profe para mirarLLE a conta que acabara. A profe soubo xa o primeiro día que Kovar era un neno intelixente e solidario.

No recreo, a profe levou a Xermán ata o banco do pasillo e deixouNO cun grupiño para que non SE aburrise. Kovar sentouSE onda EL e axudouNO a volver para dentro. Ao acabar a clase, adiantouSE para conduciLO á porta, onde O esperaba a mamá.

Xermán presentouLLO a súa nai:
-Mamá, Kovar empezou hoxe e xa somos amigos.
A nai sorriu cara a EL e Kovar aprendeu así a palabra amigos”.

 
5.2.3

. ANTICÍPATE Á PRÓXIMA LECCIÓN

Vimos moitos pronomes. Podes repasalos e quizabes chegar a algunha conclusión.

Anuncios

4 pensamientos en “PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN. TÓNICOS E ÁTONOS 5.2

  1. Boa noite, Helena. Onte pola noite leín os teus apuntes e tiña pensado facer os exercicios propostos hoxe pola mañán xa que traballaba de tarde, pero non tiven tempo. Espero poder facer os vindeiros…viriame ben ter dous días de prazo…😊
    Por certo, non che entendín o de chegar a algunha conclusión logo de ter repasados os pronomes…
    Unha aperta.

  2. Non te preocupes, Luz. A ver se podo atender isto eu hoxe ou teño que agardar tamén.
    Propoño intentar sacar algunha conclusión despois de ver os pronomes. Hai algunha cousa que se ve moi clara. Eu xa o vou explicar, pero é bo que vos vaiades facendo a observar vós tamén porque así será unha aprendizaxe moi activa e transferible a outras cousas. Apertas.

  3. Neste fallei por falta de tempo. Tuven que empregalo en amizades de moitos anos que a pesares do tempo e a distancia estan moi pero moi vivas. Prometo non fallar no seguinte.
    Bicos e apertas dende a Cidade Condal

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s