PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN. TÓNICOS E ÁTONOS 7

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

7.1 Exercicio literario.

O texto co que vimos traballando o uso e colocación dos pronomes de terceira persoa está escrito por un(ha) narrador(a) omnisciente. Chámase así en literatura a aquel(a) narrador(a) que sabe todo o que conta como se entrase incluso no interior dos personaxes.

Pero a historia podía estar narrada desde outro punto de vista, por exemplo, en primera persoa. Podíaa contar o personaxe que se chama Kovar, non si?

 

7.2 Pronomes de primeira persoa

Síntete Kovar e narra este fragmento como se foses el.

“Kovar era novo na escola e fixéronlle sitio cerca da profe. Viña de moi lonxe, non falaba como os demais e tiña que aprender moitas cousas. Onda a profe tamén estaba Xermán, sempre sentado. Tiña unha distrofia muscular que lle afectaba as pernas e había que lle axudar a moverse dentro da clase. Ata a clase traíao a mamá.

Kovar estivo mirándoo mentres descansaba de aprender novas palabras nun libro. Por iso lle colleu o lápiz cando lle caeu e lle levou o caderno á profe para mirarlle a conta que a acabara. A profe soubo xa o primeiro día que Kovar era un neno intelixente e solidario.

No recreo, a profe levou a Xermán ata o banco do pasillo e deixouno cun grupiño para que non se aburrise. Kovar sentouse onda el e axudouno a volver para dentro. Ao acabar a clase, adiantouse para conducilo á porta, onde o esperaba a mamá.

Xermán presentoullo a súa nai:
-Mamá, Kovar empezou hoxe e xa somos amigos.
A nai sorriu cara a el e Kovar aprendeu así a palabra amigos”.
7.3 Anota os cambios que tiveches que facer nos pronomes.
-Cales cambiaron de forma?
-Cales quedaron igual?
-Mudou algún de lugar?
-Que outra clase de palabra cambia canda a pronome?

Anuncios

Un pensamiento en “PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN. TÓNICOS E ÁTONOS 7

  1. Chámome Kovar. Era novo na escola e fixéronME sitio cerca da profe. Viña de moi lonxe, non falaba como os demais e tiña que aprender moitas cousas. Onda a profe tamén estaba Xermán, sempre sentado. Tiña unha distrofia muscular que lle afectaba ás pernas e había que lle axudar a moverse dentro da clase. Ata a clase traíao a mamá.
    Eu estiven mirádoo mentres descansaba de aprender novas palabras nun libro. Por iso lle collín o lápiz cando lle caeu e lle levei o caderno á profe para mirarlle a conta que a acabara. A profe soubo xa o primeiro día que eu era un neno intelixente e solidario.
    No recreo a profe levou a Xermán ata o banco do pasillo e deixouno cun grupiño para que non se aburrise. SenteiME onda el e axudeiLLE a volver para dentro. Ao acabar a clase, adianteiME para conducilo á porta, onde o esperaba a mamá.
    Xermán presentouME a súa nai:
    -Mamá, Kovar empezou hoxe e xa somos am7gos.
    A nai sorriu cara a el e eu aprendín así a palabra “amigos”.

    7.2 Cambiaron de forma os pronomes que van en maiúscula, os que cambian a primeira persoa, referidos a Kovar e continúan igual os de terceira persoa referidos a Xermán iu a súa nai, a profe…
    Nengún mudou de lugar
    E cambia, tamén claro, a conxugación do verbo, cando pasa a primeira persoa, cando falo como Kovar.

    Unha aperta.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s