PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN. TÓNICOS E ÁTONOS 7.1

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES E PREPARACIÓN DA UNIDADE SEGUINTE
7.1.2 Cambio de narrador a primeira persoa

“Chámome Kovar. (Eu) Era novo na escola e fixéronME sitio cerca da profe. Viña de moi lonxe, non falaba como os demais e tiña que aprender moitas cousas. Onda a profe tamén estaba Xermán, sempre sentado. Tiña unha distrofia muscular que lle afectaba as pernas e había que lle axudar a moverse dentro da clase. Ata a clase traíao a mamá.
EU estiven mirándoo mentres descansaba de aprender novas palabras nun libro. Por iso lle collín o lápiz cando lle caeu e lle levei o caderno á profe para mirarlle a conta, que a acabara. A profe soubo xa o primeiro día que eu era un neno intelixente e solidario.
No recreo a profe levou a Xermán ata o banco do pasillo e deixouno cun grupiño para que non se aburrise. SenteiME onda el e axudeiLLE a volver para dentro. Ao acabar a clase, adianteiME para conducilo á porta, onde o esperaba a mamá.
Xermán presentouME a súa nai:
-Mamá, Kovar empezou hoxe e xa somos amigos.
A nai sorriu cara a el e eu aprendín así a palabra “amigos”.
7.1.3 Cambios que poden observarse

-A forma dos pronomes. Aparecen os da primeira persoa, referidos a Kovar –que é agora o narrador- e continúan igual os de terceira persoa, referidos a Xermán, a súa nai, á profe…
-Ningún mudou de lugar
-Cambia tamén a persoa do verbo, igual que o pronome que a rexe.
7.1.4 Proposta de traballo anticipando a próxima unidade.

-Le esta oración é fíxate na forza que fas sobre a pronuncia dos pronomes

A min gústame que nos saúdes pola rúa.

-Son tónicos ou átonos?

-Cambia para plural o primeiro pronome e continúa a oración.

-Volve ler o resultado fixándote na forza que fas sobre a pronuncia dos pronomes.

-Seguen sendo da mesma categoría que os anteriores ou houbo cambios?

-Chámache a atención algunha diferencia entre as formas dos pronomes da primeira persoa –entre si- e os do plural –entre si-?

 

MAÑÁ REPASAREMOS AS FORMAS DOS PRONOMES ÁTONOS E AS SÚAS REPETICIÓNS, OU PLEONASMOS.

Anuncios

5 pensamientos en “PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN. TÓNICOS E ÁTONOS 7.1

  1. -O primeiro (min), é tónico, os outros dous (me,nos) átonos.
    -A nós gústanos que nos saúdes pola rúa.
    -Sigue sendo o primeiro (nós) tónico e os outros dous, átonos, penso…
    -No singular son diferentes (min, me). No plural, diferénciase só no acento ortográfico (diacrítico neste caso).

  2. EU estiven mirándoo mentres descansaba de aprender novas palabras nun libro. Por iso lle collín o lápiz cando lle caeu e lle levei o caderno á profe para mirarlle a conta, que a acabara. A profe soubo xa o primeiro día que eu era un neno intelixente e solidario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s