FORMAS DOS PRONOMES TÓNICOS E AS SÚAS REPETICIÓNS, OU PLEONASMOS. 8.1

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
8.1 Na proposta de traballo anterior puideches observar:

-Teñen forza os pronomes MIN e o seu plural NÓS, por iso son tónicos.
-A primeira persoa do singular ten dous tónicos EU e MIN
-A primeira persoa do plural ten unha soa forma: NOS. Na escrita, distínguense poñéndolle ao tónico un acento gráfico diacrítico NÓS. (Sucede o mesmo co VOS da segunda persoa)

8.2. Os pronomes tónicos fan sempre o papel de suxeito ou van precedidos de partícula proposicional ou comparativa.

As formas son:

Singular                                        Plural
1ª persoa: eu, min, comigo            nós, connosco (nosotros/nosoutras, para distinguir grupos)
2ª persoa: ti, contigo                      vós, convosco (vosotros/vosoutras, para distinguir grupos)
3ªpersoa: el/ela, consigo               eles/elas, consigo

 
8.3. Estas formas soen ir repetidas, ou reforzadas, na mesma oración con un átono que, sintácticamente, fai o mesmo papel.

A min non (me) gusta pasear baixo a chuvia.
A ti non (che) deron a nova que agardabas.
A ela non (lle) chegou esa carta…

OLLO! Aínda que volo poida parecer, ningún destes pronomes é suxeito. Min, ti e ela, seguen sendo tónicos porque levan preposición e a pronuncia fai forza neles.

 
8.4. Os pronomes persoais de primeira e segunda persoa singular que se usan como témino dunha comparación son: MIN e TI. A partícula comparativa sempre é CA e COMA

 

Ti es máis alto ca min.
Aquela rapaza estuda menos ca ti.
Ningún corría tanto coma nós
As rapazas calzaban todas un número máis ca ela

 
MAÑÁ PROPOMOS EXERCICIOS

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s