FORMAS DOS PRONOMES TÓNICOS E AS SÚAS REPETICIÓNS, OU PLEONASMOS 8.2

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

8.2 PRACTICAS CON PRONOMES ÁTONOS
8.2.1. As frases non están ben escritas, mesmo hai unha á que lle sobra un pronome, por iso levan un *. Os pronomes tónicos e átonos destas persoas teñen a mesma forma, pero xa sabes que, nestes casos, os tónicos debe levar acento gráfico. Pois ben, recoñéceos, pon ese acento onde o tes que poñer e suprime o que sobre.
-*Nos non sabíamos que nos mandaran recado de que non nos querían ver alí, porque alí nos non pintabamos nada.

-*A nos non nos gusta que nos ordenen onde nos temos que poñer nin quen se debe colocar diante de nos.

-*Por que tedes que ser vos sempre os que vos saiades coa vosa?

-*Se vos ides pola dereita, nos iremos pola esquerda para non nos xuntemos.

 

8.2.2 PRONOMES TÓNICOS QUE VAN TRAS DUNHA PARTÍCULA COMPARATIVA

Recorda que o da primeira persoa do singular é MIN. E que a partícula comparativa sempre é CA ou COMA

Completa estas oracións comparativas

-Eu era máis alto __ el, pero despois el medrou máis __ __.

-Nós apurabamos menos __ __, pero el corría máis __ __.

-A eles quérenlles tanto __ __ __, pero eu sempre me celo del.

-Para seres __ __ tes que comer o caldo que deixo comido __.
8.2.3. Os pronomes tónicos el/elas e eles/elas contráense coas preposicións EN e DE. O resultado desta unión é: del/dela (e os seus plurais) e nel/nela (e os seus plurais)

Completa:

Abriu o caixón e gardou os lentes __.

__ non sei nada, porque non me chama nin me escribe.
Vinas esta mañá e non notei nada raro __.

O que máis me gusta __ é o gran sentido do humor que teñen.

__, que son tan discretos, os segredos poden quedar gardados.

 

 

RECOMENDO QUE VOLVAS DAR UN REPASIÑO A ESTAS UNIDADES PORQUE IMOS EMPEZAR CON OUTRO GRUPO DE PRONOMES, OS ÁTONOS, ONDE ESTÁN AS MAIORES COMPLICACIÓNS. CORRIXIMOS O LUNS.

BOA FINDE

Anuncios

6 pensamientos en “FORMAS DOS PRONOMES TÓNICOS E AS SÚAS REPETICIÓNS, OU PLEONASMOS 8.2

  1. 8.2.1.- Nós non sabiamos que nos mandaran recado de que non nos queríanver alí, porque alí nós non pintabamos nada.(“sabiamos” vai así sin acento no i, ou con acento? e que eu diría na pronuncia “sabiamos”…)
    -A nós non nos gusta que nos ordenen onde nos temos que poñer nin quen se debe colocar diante de nós.
    -Por que tedes que ser vós sempre os que (vos) saiades coa vosa?. (Con algunha dúbida, pero penso que é o VOS que vai no paréntese o que sobra…)
    -Se vós ides pola dereita, nós iremos pola esquerda para non nos xuntemos.
    8.2.2.-Eu era máis alto CA el, pero despois el medrou máis CA MIN.
    -Nós apurabamos menos CA EL, pero el corría máis CA NÓS.
    -A eles quérenlles tanto COMA MIN, pero eu sempre me celo deles.
    -Para seres COMA MIN, tes que comer o caldo que deixo comido EU… (tiña dúbida porque había dous ocos sós, e o EU vai sin partícula…pero non vexo outra posibilidade)
    8.2.3.-Abriu o caixón e gardou os lentes NEL
    -DEL non sei nada porque non me chama nin me escribe.
    -Vinas esta mañá e non notei nada raro NELAS.
    -O que máis me gusta DELAS, é o gran sentido do humor que teñen.
    -NELES, que son tan discretos, os segredos poden quedar gardados.
    Vou prepararme para o xantar e a currar…
    Ata o luns, logo…

  2. Deixo aquí resposta ás túas dúbidas. Está moi ben feito. Parabéns.

    -As formas do pretérito imperfecto de indicativo son todas graves, non esdrúxulas. P

    -Ese vos é deses pronomes que a nosa lingua non ten para ese uso.
    -O EU está ben así.

    • Grazas Helena. Levoume un tempo “detectar” ese “vos” que sobraba, non penses,..
      E o “eu” tamén costou que saíra. Ata non entendía a frase…tan empeñada estaba na forma tónica con partícula. Ata que caín no EU que tamén era tónico e que era o único que cadraba…😊
      Saudiños.

  3. Nada é doado, amiga, pero vas moi ben. Procuro levar unha microprogramación con certa lóxica e que se aprenda a recoñecelos pola tonicidade. Creo que iso axuda ben a distinguilos. Tamén a cambiar de persoa as oracións. Moitas veces, resolve as dúbidas. Na aprendizaxe das linguas son moi importantes os paradigmas. Apertiña, alumna traballadora.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s