TRASMALLO NA REDE.2

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

2.1 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES CON EXPLICACIÓNS DE CADA ERRO.

 

2.1.1-Denuncian que a Xunta se nega a medir os niveis de radón nos seus edificios “por aforrar entre 80 e 230 euros”

(Sobra un “se” que pertence a eses pronomes que non se utilizan en galego)

 

2.1.2.-Que noxo!!!

(Os interrogativos e admirativos non levan acento ortográfico nunca)

 

2.1.3.-Andamos niso, si!!!

(Non existe o pronome “elo” nin leva acento gráfico a palabra si, nin con este significado nin como pronome tónico)

 

2.1.4-Hortensia, regalaronme dous pares. Queres un?

(A colocación do pronome átono xeralmente é tras do seu verbo e pegado a el. Non hai ningunha excepción neste caso)

 

2.1.5.-Para iso, poderías enviarme unha fotografía túa que che guste e se queres unhas breves notas biográficas.

(Non existe o pronome “elo”)

 

2.1.6.-A protagonista da novela enfróntase a unha crise amorosa.

(A colocación do pronome átono xeralmente é tras do seu verbo e pegado a el. Non hai ningunha excepción neste caso)

 

2.1.7.-Ó/Ao termos ( nosoutros) unha memoria tan corta e unha perspectiva da distancia tan pequena.

(Ó/ao, poden usarse as dúas formas. O infinitivo conxugado ten diferentes formas para as diferentes persoas. A que corresponde a nosoutros é ter(mos). Precisamente, as formas do infinitivo conxugado son para recoñecer o suxeito, co que xa non sería preciso o uso do pronome. A conxunción copulativa é sempre “e” aínda na pronuncia ante vocal pode converterse nun “i semiconsoante”)

 

2.2.O LUNS CONTINUAREMOS TRABALLANDO OS PRONOMES SOBRE UN REFRÁN POPULAR.  BOA FINDE.

One thought on “TRASMALLO NA REDE.2

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s