PRONOMES ÁTONOS: LLE/LLES. CONTRACCIÓNS E COLOCACIÓN. 9.1

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

“Séntalles mal a miñas comadres

que lles canten as verdades”.

(Do refraneiro popular)

 

 

9.1.1

Neste refrán temos un pronome utilizado dúas veces: lles.

Un pronome vai sempre substituíndo a un nome, que pode ir só ou acompañado doutras palabras.

 

-A que nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan cres que está substituíndo cada un destes pronomes lles?

 

-Está este nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan no refrán ou tiveches que adiviñalo?

 

– Está este nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan en singular ou en plural?

 

-Cómpre que te fixes ben nisto porque na fala dalgunhas partes de Galicia non existe o  pronome lles, senón unha única forma que coincide co singular, lle. Mesmo puidera ser que ti non o utilices.

 

-Son pronomes tónicos ou átonos, é dicir, con tonicidade (acento ou forza…) dentro do refrán ou non? Para iso pronúnciao fixándote ben.

 

9.1.2. Ese mesmo nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan podería ser substituído por un pronome tónico dos que coñeces?

 

9.1.3. Se o fixeses, desaparecería ese outro nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan do refrán?

 

9.1.4

-Hai algún outro nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan no refrán que puideses substituír por outro pronome diferente de lles?

 

-Que pronome sería?

 

9.1.5

-Sería tónico ou átono?

 

9.1.6

Cres que se digo A elas séntalles mal que llelas canten estou dicindo algo moi parecido ao refrán?

 

 

9.1.7

Os pasiños que viñeches dando, aproximáronte algo a este resultado?

 

 

MAÑÁ MIRAMOS E SEGUIMOS EXPLICANDO OS FENÓMENOS QUE PODEMOS OBSERVAR CON TODA ESTA TRANSFORMACIÓN.

 

SORTE!

 

Anuncios

7 pensamientos en “PRONOMES ÁTONOS: LLE/LLES. CONTRACCIÓNS E COLOCACIÓN. 9.1

  1. 9.1.1
    -O primeiro LLES, sustitúe a “as miñas comadres”.
    O segundo LLES, sustitúe tamén “ás miñas comadres”
    -Na primeira oración está nela o conxunto de palabras ás que sustitúe, na segunda “lles canten as verdades” non. No refrán está, mais nesa segunda oración non.
    -“O nome acompañado de” está en plural.
    -Pronunciando o refrán, paréceme que o primeiro LLES sería átono e o segundo faime dubidar, pero penso que son os dous átonos…
    9.1.2
    – podería ser sustituído por “a elas” séntalles mal, que lles canten as verdades…co cal, na primeira oración hai dous pronomes un tónico e un átono que sustitúe ás mesmas palabras? Ademáis utilizando o tónico, desaparecen as palabras ás que sustitúen, pero non o “-lles” (reflexivo?)…buffff…
    9.1.3
    -si, desaparecería do refrán “as miñas comadres”
    9.1.4
    -Podería ser sustituído por outro pronome “as verdades”:
    -Sería “as” (átono)
    9.1.6
    Si, “a elas séntalles mal que llelas canten” ven sendo o mesmo, sustituíndo os conxuntos de palabras polos seus pronomes correspondentes. (Llelas) é contracción (lles+as).
    Sigue o problema ou liada miña, da utilización de “a elas” e “lles” na primeira oración e o de tónicos e átonos pola pronuncia…uuuuiiii…😊
    9.1.7
    Aproximar, aproximoume, pero con estas liadas…😨😄😄
    E con, aparentemente, poucos exercicios…pero levoume 3hs!!! Repasando…pronunciando…pensando…facendo…desfacendo…😰😄
    …xa me dirás. 😊

  2. Vaites… Acabará sendo isto un ximnasio mental. O certo é que só o que se vai razoando se aprende, sobre todo cando dubidas e queres corrixir algo que non dominas polo uso.
    Moi ben. Os dous lles son átonos. A tonicidade da que dubidas vai sílaba posta con maiústulas: que lles CONten. Ata aí non hai sílaba marcada.
    Ti sabes o marabilloso que resulta este diálogo contigo. Oxalá se anime máis xente a expoñer as súas dúbidas.

    Volveremos sobre o refrán para sacar moita aprendizaxe del.

    Unha aperta, Luz.

    • Na sílaba CAN de CANten era onde me parecIa que iba a tonicidade, coma na SEN de SENtalles, pero…algunha dúbida tiña…
      E si, que é un bo exercicio mental, é…
      Dentro das tres horas entran os repasos previos, para asegurar un pouco a cousa…que ás veces lían máis, pero…si é algo, que penso que non domino, adoito facer repasos previos…e teño tan esquecida a gramática…e mira que me gustaba e era boa nela…ao revés que nas matemáticas, que tanto pol@s profes que tiven coma por defecto do animal (eu), sempre fun raspadiña…
      Para este refrán ata repasei as oracións transitivas, intransitivas, verbos reflexivos…😄
      Bueno, xa seguiremos.
      Bicos mil

  3. Trato de retomar estas lecións dende o punto en que as deixei. Levarame tempo pois teño a cabeza moi espesa por un disgusto que estou pasando. Mais ten por seguro que me adicarei intensivamente

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s