PRONOMES ÁTONOS: CORRECCIÓN E EXPLICACIÓN DE ACTIVIDADES. 9.2

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

“Séntalles mal a miñas comadres

que lles canten as verdades”.

 

(Do refraneiro popular)

 

 

9.1.1

 

-A que nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan cres que está substituíndo cada un destes pronomes lles?

MIÑAS COMADRES

 

-Está este nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan no refrán ou tiveches que adiviñalo?

ESTÁ NO PROPIO REFRÁN

 

– Está este nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan en singular ou en plural?

EN PLURAL

 

-Cómpre que te fixes ben nisto porque na fala dalgunhas partes de Galicia non existe o  pronome lles, senón unha única forma que coincide co singular, lle. Mesmo puidera ser que ti non o utilices.

RESPOSTA INDIVIDUAL SI/NON

 

-Son pronomes tónicos ou átonos, é dicir, con tonicidade (acento ou forza…) dentro do refrán ou non? Para iso pronúnciao fixándote ben.

ÁTONOS. NON SE FAI RECAER NELES O ACENTO

 

 

9.1.2. Ese mesmo nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan podería ser substituído por un pronome tónico dos que coñeces?

POR ELAS

 

9.1.3. Se o fixeses, desaparecería ese outro nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan do refrán?

AO UTILIZAR ELAS SI DESAPARECÍA MIÑAS COMADRES.

 A elas moléstaas que lles canten as verdades.

 

 

9.1.4

-Hai algún outro nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan no refrán que puideses substituír por outro pronome diferente de lles?

AS VERDADES

 

-Que pronome sería?

AS

 

9.1.5

ÁTONO

 

 

9.1.6

Cres que se digo A elas séntalles mal que llelas canten estou dicindo algo moi parecido ao refrán?

A SOLUCIÓN CORRECTA É SI

 

 

9.1.7

Os pasiños que viñeches dando, aproximáronte a este resultado?

RESPOSTA INDIVIDUAL SI/NON

 

 

 

MAÑÁ SEGUIMOS EXPLICANDO OS CAMBIOS QUE PUIDEMOS OBSERVAR QUE SE PRODUCEN CON TODA ESTA TRANSFORMACIÓN.

MIRA SE PODES SACAR TI ALGUNHA CONCLUSIÓN ANTICIPATORIA

Anuncios

2 pensamientos en “PRONOMES ÁTONOS: CORRECCIÓN E EXPLICACIÓN DE ACTIVIDADES. 9.2

  1. Acabo de ver que mentres remataba eu a miña “ardua tarefa” mandabas ti as correccións.
    Ao revisar as correccións, penso que vai un erro nelas, non?: o pronome que sustitúe ás verdades é o átono de terceira persoa do plural AS, non? (O.D.)…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s