PRONOMES: USOS. CONTRACCIÓNS E COLOCACIÓNS. 10.1

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

“Séntalles mal ás miñas comadres

que lles canten as verdades”.

(Do refraneiro popular)

 

10.1.1

Neste refrán vimos o pronome lles, reforzando ou substituíndo a comadres. Soubemos tamén que podíamos facer substitucións de comadres por elas e a verdades, por as. Tamén, que lles podía xuntarse con as e o resultado de lles+as sería llelas. Así que acórdate de que para usar un llelo, llela, llelos ou llelas ten que haber un nome plurar ao que se refira o lles

Levoulle a merenda á nena…… Levoulla

Levoulles as merendas ás nenas…Levóullelas

Volveremos sobre o cambio de s ou r dalgunhas palabras diante dos pronomes o, a, os, as.  Ou, se o queredes ver doutra maneira, eran aquelas outras formas do pronome: lo, la, los, las.

 

10.1.2

Usando pronomes, chegaramos a unha formulación máis condensada da frase que viña a ter un significado moi próximo, aínda que lle faltasen matices:

Séntalles mal que llelas canten.

Pero aínda podemos usar outro pronome que a condense máis, substituíndo que llelas canten polo pronome correspondente: o neutro iso ou isto:

 

Séntalles mal isto

 Recorda que non existe *elo como pronome.

E podemos alterar a colocación da frase ou oración:

Isto séntalles mal.

 

10.1.3.

Recorda unha expresión que eu marcaba canda nome nome, porque che vai axudar a entender moitas cousas:

Nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan.

E hoxe vou engadir outra:

Toda unha oración que fai o papel dun nome

 

Porque, ás veces, nunha oración composta vai metida unha oración que equivale a un nome e pode facer a función que faría el. Isto é importante para a colocación dos pronomes átonos, cando menos para establecer a corrección na escrita, que é onde se pode revisar e consultar. Tanto o nome só, como os que levan acompañantes forman o que chamaremos SINTAGMA NOMINAL. É cuestión de terminoloxía, pero ás veces pode axudarnos, sobre todo a quen repase para o estudo regrado.

 

10.1.4.

O papel fundamental que desempeñan os nomes nas oracións é o de suxeito, moitas veces substituído por un pronome e outras sen aparecer citado. O galego sobreentende os suxeitos verbais porque os marca o propio verbo. Outros idiomas, como o inglés, precísano.

A Pascua caeu en marzo.

Antes a rapazada xogaba na rúa.

(Elas/ eles) Foron de vacacións.

 

O suxeito non ten que ir antes que o verbo, aínda que é a maneira máis habitual da súa colocación neste idioma.

Ás veces o que parece suxeito non o é porque a frase non está así colocada. Recoñecese a maioría das veces porque concorda en persoa e número co seu verbo.

 

10.1.5

“Séntalles mal a miñas comadres

que lles canten as verdades”.

-Cantos verbos temos?

-Cal dos verbos che parece máis importante e cal che parece que está ao servizo do primeiro?

-Teremos tantas oracións como verbos, polo tanto temos dúas oracións.

 

10.1.6.

Isto séntalles mal.

Cal che parece aquí o suxeito?

Cal che parece que sería o suxeito no refrán que transformamos? Pensa que as función sintácticas non as cambiamos e que os pronomes están facendo o mesmo papel que facían os homes ou os seus substitutos.

 

DEBERÍAS ACERTAR. ISTO LEVARANOS A ENTENDER A COLOCACIÓN DO PRONOME LLES, que unha vez está detrás do seu verbo e unido a el, e outra separado e diante, como puideches comprobar.

 

CORREXIREMOS O LUNS, SE MAÑÁ NON TEÑO TEMPO.

 

ÁNIMO, QUE VAI MOI FACILITADO!

 

Anuncios

3 pensamientos en “PRONOMES: USOS. CONTRACCIÓNS E COLOCACIÓNS. 10.1

  1. Boa tarde Helena. Xusto abrín o correo e acababa de chegar o teu…😊
    10.1.5
    O verbo principal é “senta” (forma a oración principal)
    10.1.6
    “Isto séntalles mal”. Suxeito “isto”
    No refrán enteiro o suxeito sería “que lles canten as verdades”

    Estes son faciliños…😉😊
    Apertas…

  2. 10.1.5 Temos dous verbos sentar e cantar. Sentar e mais importante porque cantar da una oración complementaria da primeira.
    10.1.6 O suxeito é ISTO
    No refrán o suxeito da primeira oración e COMADRES, mentres que o da segunda é LLES.
    Agora vou ver como correxiches ti
    Apertas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s