PRONOMES: USOS E COLOCACIÓNS NA ORACIÓN COMPOSTA. 11.1

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

11.1.1

ORACIÓNS SIMPLES

O pensamento exprésase mediante oracións. Chamaremos oración ao conxunto de palabras que ten sentido completo e na escrita finaliza nun punto.

As oracións poden ter un só verbo –considerando que dous verbos poden estar unidos formando unha perífrase, na que só un deles conserva o sentido pleno-, ou máis dun verbo. Se teñen un só verbo –aínda que estea acompañado por esoutro que lle serve de auxiliar- será unha oración simple.

 

11.1.2

EXEMPLOS DE ORACIÓNS SIMPLES (con pronomes átonos, que é co que andamos, e todo se fai para aprender a colocalos).

  1. No trazado combínanse varias formas xeométricas e alturas.

Por desgraza, este tesouro empeza a deteriorarse. (“Empezar a deteriorarse” é unha perífrase que indica que o deterioro está no comezo. Só este verbo ten pleno significado. Logo veremos estas perífrase, fenómeno moi presente na lingua galega).

  1. Lamas évos un lugar da parroquia de Becerreá.
  2. Faille a introdución o gastrónomo e amigo Miguel Vila Pernas.
  3. Os tres se expresaban en galego normativizado.

 

11.1.3

ORACIÓNS COMPOSTAS

 

11.1.4

EXEMPLOS DE ORACIÓNS COMPOSTAS (con pronomes átonos, que é co que andamos, e todo se fai para aprender a colocalos).

  1. Non sei cal lles é a lingua propia aos cans.
  2. No norte de Galicia hai pedras que nos van mostrando obras de arte evocadoras do traballo minucioso do arquitecto Gaudí.
  3. O tecido pétreo cos inmúmeros ollos brancos no cemento é como unha celosía simbólica para albiscar o máis aló do Océano que nos atrae tanto.
  4. Creo terlles contado que é habitual ver nas praias a señoras que, falando galego con habitualidade, cambian de idioma cando se dirixen ao can tratándoo como a un meniño.
  5. Daquela, como as señoras da praia, dirixíronse a el na lingua de Cervantes.
  6. As fiestras son oxivais e mostránnos numerosos adornos arquitectónicos
  7. En Barcelona empregouse na compañía de tranvías e coñeceu a obra de Gaudí.
  8. Cando dean as tres, avísame para saírmos de viaxe.
  9. Non sei por que me fixeches isto.
  10. Na casa que nos deixaron os avós en Ribeira viven os meus parentes.
  11. Se me fixo, quizabes aprendo ben.

 

 

11.1.5

PROPOSTA DE ACTIVIDADE

Agrupa as oracións compostas do exemplo en COORDINADAS e SUBORDINADAS. Non é difícil. Trata de mirar, polos verbos de cada unha, cantas oracións ten. Despois, se as podes separar e seguen tendo sentido ou se unha necesita de outras para ter significado.

 

Moita sorte. É un gran exercicio mental en calquera caso.

 

 

Anuncios

11 pensamientos en “PRONOMES: USOS E COLOCACIÓNS NA ORACIÓN COMPOSTA. 11.1

  1. Coordinadas: a 6 e a 7.
    Subordinadas: todas as demais.
    Buf…como me van refrescando os recordos estas clases!
    Estiven liada coa 4 porque hai moito petate aí! 😉
    A 5, “como as señoras da praia” é elípica, verdade?
    Bueno…que ben! Estes días tiven uns días de vacación, por iso fixen “os deberes” axiña…comezo o curre mañán outra vez…pero iremos indo…grazas.
    Bicos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s