PRONOMES: USOS E COLOCACIÓNS NA ORACIÓN COMPOSTA. 11.2

IMG_8400

11.2.1

CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

 

Coordinadas:

As fiestras son oxivais e mostránnos numerosos adornos arquitectónicos

En Barcelona empregouse na compañía de tranvías e coñeceu a obra de Gaudí.

 

Subordinadas

 

Non sei cal lles é a lingua propia aos cans.

No norte de Galicia hai pedras que nos van mostrando obras de arte evocadoras do traballo minucioso do arquitecto Gaudí.

O tecido pétreo cos inmúmeros ollos brancos no cemento é como unha celosía simbólica para albiscar o máis aló do Océano que nos atrae tanto.

Creo terlles contado que é habitual ver nas praias a señoras que, falando galego con habitualidade, cambian de idioma cando se dirixen ao can tratándoo como a un meniño.

Daquela, como (DEBEMOS SOBREENTENDER O VERBO FAN) as señoras da praia, dirixíronse a el na lingua de Cervantes.

Cando dean as tres, avísame para saírmos de viaxe.

Non sei por que me fixeches isto.

Na casa que nos deixaron os avós en Ribeira viven os meus parentes.

Se me fixo, quizabes aprendo ben.

 

 

11.2.2.

TRABALLO COAS ORACIÓN COMPOSTAS E OS SEUS PRONOMES

1.2.2.1

Separa a principal das súas subordinadas.

 

11.2.2.

 

Mira agora nas oracións principais que lugar ocupa o pronome átono con razón ao seu verbo. ¿Vai detrás ou diante del? ¿Vai unido ao seu verbo ou separado?

 

11.2.2.3

 

Mira nas subordinadas que lugar ocupa o pronome átono con razón ao seu verbo. ¿Vai detrás ou diante del? ¿Vai unido ao seu verbo ou separado?

 

11.2.2.4

 

Separa agora todas as oracións coordinadas de cada oración composta.

 

11.2.2.5

 

Mira nas coordinadas que lugar ocupa o pronome átono con razón ao seu verbo. ¿Vai detrás ou diante del? ¿Vai unido ao seu verbo ou separado?

 

 

CORRIXIMOS O LUNS E SEGUIMOS CO TRABALLO. GRACIÑAS POLO TEMPO QUE LLE DEDIQUEDES, QUE XUSTIFICARÁ ASÍ O MEU.

Anuncios

3 pensamientos en “PRONOMES: USOS E COLOCACIÓNS NA ORACIÓN COMPOSTA. 11.2

  1. SUBORDINADAS:
    -Non sei cal lles é a lingua propia aos cans:
    Or pral: “non sei”. Sub: “cal lles é a lingua propia aos cans”.
    Vai un pronome átono (lles) na subordinada. Vai diante do verbo e separado del.

    – No norte de Galicia hai pedras que nos van mostrando obras de arte evocadoras do traballo minucioso do arquitecto Gaudí.
    Or pral: “No norte de Galicia hai pedras” sub: “que nos van mostrando obras de arte evocadoras do traballo minucioso do arquitecto Gaudí”
    Tamén un pronome átono na subordinada (nos): diante do verbo e separado del.

    -O tecido pétreo cos inmúmeros ollos brancos no cemento é como unha celosía simbólica para albiscar o máis aló do Océano que nos atrae tanto.
    Or pral: “o tecido pétreo cos innúmeros ollos brancos no cemento é como (coma?) unha celosía simbólica” sub: “para albiscar o máis aló do océano” sub: “que nos atrae tanto”
    Tamén pronome átono na segu da subordinada (nos) diante e separado do verbo.

    -Creo terlles contado que é habitual ver nas praias a señoras que, falando galego con habitualidade, cambian de idioma cando se dirixen ao can tratándoo como a un meniño.
    Or pral: “creo terlles contado” sub: “que é habitual ver nas praias a señoras” “falando galego con habitualidade” “(que) cambian de idioma” “cando se dirixen ao can” “tratándoo como (coma?) un meniño”(será principal??)
    Neste caso vai un átono na pral (lles) detrás do verbe e unido a el. E outros dous en subordinadas: (se) en “cando se dirixen ao can” indo diante do verbo e separado, e (o) en “tratándoo como un meniño” que vai detrás e xuntado ao verbo. (

    -Daquela, como as señoras da praia, dirixíronse a el na lingua de Cervantes.
    Or pral: “Daquela dirixíronse a el na lingua de Cervantes” sub: “como (fan) as señoras da praia”
    O pr átono vai na pral (se) e vai detrás e unido ao verbo

    -Cando dean as tres, avísame para saírmos de viaxe.
    Or pral: “avísame” or sub: “cando dean as tres” “para saírmos de viaxe”
    Vai un átono na pral (me) detrás e unido ao verbo.

    -Non sei por que me fixeches isto.
    Or pral: “non sei” sub: por que me fixeches isto”
    Átono na sub (me) diante e separado do verbo.

    -Na casa que nos deixaron os avós en Ribeira viven os meus parentes.
    Or pral: “(na casa) viven os meus parentes” sub: ” na casa que nos deixaron os meus avós en Riveira”
    O átono está na sub e vai diante e separado do verbo

    -Se me fixo, quizabes aprendo ben.
    Or pral: “quizabes aprendo ben” sub: “se me fixo”
    Átono na sub (me) diante e separado do verbo.

    COORDINADAS:
    -As fiestras son oxivais e mostránnos numerosos adornos arquitectónicos:
    “As fiestras son oxivais” (non leva pr átono)
    “Móstrannos numerosos adornos arquitectónicos” : o átono (nos) vai detrás e unido ao verbo

    -En Barcelona empregouse na compañía de tranvías e coñeceu a obra de Gaudí.
    “En Barcelona empregouse na compañía de tranvías”: (se) detrás e unido ao verbo
    “Coñeceu a obra de Gaudí” non leva pr átono.

    Apertas e ata o luns.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s