12. 1. COLOCACIÓN E FORMAS DO PRONOME. ÁTONO NAS ORACIÓNS SIMPLES, PRINCIPAIS E COORDINADAS. CONTRACCIÓNS.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

12.1

Repaso dos pronomes átonos

 

Complemento Indirecto

Singular: me, che, lle

Plural: nos, vos lles

 

Complemento Directo

Singular: me, te, o/a/se           (lo/la) (no/na)

Plural: nos, vos, os/as/se         (los/las) (nos/nas)


Contración das dúas clases de pronomes

 

Mo(s),ma(s)/cho(s),cha(s)/llo(s),lla(s)

Nolo(s),nola(s)/volo(s),vola(s)/llelo(s),llela(s)

 

12.2

Explicación dos cambios que se introducen

12.2.1

-Ao se xuntaren, os pronomes poden perder ou cambiar letras: deume+o convértese en deumo

 

-Os pronomes o/a, os/as levan diante un l cando a forma verbal á que se unen acaba en r ou s. Esta transformación tamén uníndose a outro pronome que acaba en s. É un cambio que, cando menos na oralidade e na lectura, comparten cos artigos que teñen as mesmas formas. Xa o podes observar no apartado das contraccións. Recorda que llelo(s), llela(s) sempre proveñen dun plural: levóullelo (levoulles a eles ou elas)

 

-Tamén poden levar diante un n cando a forma verbal á que se unen acaba en ditongo ei, ou: leveino, escoitouno

 

12.3.2

Lle/lles + a/o/as/os

 

Coloca nos ocos os pronomes correspondentes.

 

Di__ a verdade a teus irmáns. Non __ ocultes.

 

Non __ comprei as bufandas ás túas nenas para __ traer hoxe.

 

Cando __  preguntei que hora era, dixeron algo pero non __ entendín.

 

Se __ das, sempre cho seguirán pedindo.

 

 

12.3.3

Coloca o pronome correspondente no oco

 

Levei__ ata a praia para que tomase o sol porque está moi branquiña.

 

Merca__ nunha tenda pequena, favorece que se vendan as do país e non as de fóra.

 

Léva__ mal colocado e non se ve o bonito que é.

 

Coutou__ á saída do campo de fútbol, que llo oímos todos.

 

 

 

FÍXATE TAMÉN ONDE VAN COLOCADOS OS PRONOMES , SEGUNDO AS ORACIÓNS SEXAN AFIRMATIVAS OU NEGATIVAS.

 

 

Anuncios

8 pensamientos en “12. 1. COLOCACIÓN E FORMAS DO PRONOME. ÁTONO NAS ORACIÓNS SIMPLES, PRINCIPAIS E COORDINADAS. CONTRACCIÓNS.

  1. 12.3.2
    -Dille a verdade a teus irmans. Non llelo ocultes.
    -Non lle comprei as bufandas ás tuas nenas para llelas traer hoxe
    -Cando lles preguntei que hora era, dixeron algo pero non llelo entendín.
    -Se llelo das, sempre cho seguirán pedindo.

    12.3.3.
    -Leveina ata a Praia para que tomase o sol porque estaba moi branquiña.
    -Mercallelo nunha tenda pequeña, favorece que se vendan as do país e non as de fora
    -Levalo mal colocado e non se ve o bonito que.
    -Contouno á saida do campo de fútbol, que llo oímos todos

  2. 13.3.2
    DiLLES a verdade aos teus irmán, non LLELA ocultes.
    Non LLES comprei as bufandas ás túas nenas para LLELAS traer hoxe.

    Cando LLES preguntei que hora era, dixeron algo pero non LLELO entendín.

    Se LLELO das, sempre cho seguirán pedindo.

    13.3.3

    LeveiNA ata a praia para que tomase o sol porque está moi branquiña.

    MercaAS nunha tenda pequena, favorice que se vendan as do país e non as de fóra.

    Lévao mal colocado e non se ve o bonito que é.

    ContouLLO á saída do campo de fútbol, que llo oímos todos.
    Saudiños

    • Boa noite. Non sabía todo, non. Lembro que na outra etapa das túas leccións te dixera que non sabía cando se usaban as formas llelo, llela e ti me dixeras que iba aprendelas axiña. Aprendino pero non o sabía…
      Unha pregunta por que é “mércalas” no canto de mércaas? Que conste que me cadra mellor co L, pero non sei por que…
      Apertas

    • Xa, pero merca ou leva non remata en -r. Non son infinitivos…si fora “quero levalo” ou quero mercalo” teriao claro (teríalo, logo?)…tal como o entendo, sería co -l si fora infinitivo ou segunda persoa do singular do presente ou futuro ou… (“levaralo á escola?”ou “lévalo ti á escola?” Por exemplo. Porque aí si remata en -s, pero non o imperativo como penso que é o caso: “mércao na tenda…” ou terceira persoa do singular do presente: “lévao sempre…” bueno, estouno poñendo tal como o escribín eu, claro…

      Por certo, como é na escrita: de tódolos xeitos ou de todos os xeitos…? Aproveitando…😊

      • Mércaas nunha tenda pequena, favorece que se vendan as do país e non as de fóra.

        Esta sería a solución que ti propós. O certo é que non me expresei ben eu poñendo esa coma. O que quixen poñer foi:

        Mercalas nunha tenda pequena favorece que se vendan as do país e non as de fóra.

        Xa que logo, imos deixalos en dúas posibles solucións aínda que non signifiquen o mesmo.

        Todos os xeitos/ tódolos xeitos. En principio, está recomendada a primeira forma nas últimas normas. Escribilo da segunda maneira levaríanos a ser coherentes cos artigos usando un -. A pronuncia sempre é con l. O galego ten unha fonética un tanto apartada da escrita.

        Graciñas por me ires descubrindo gazapiños.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s