13.1 COLOCACIÓN E FORMAS DO PRONOME ÁTONO NAS ORACIÓNS SIMPLES, PRINCIPAIS E COORDINADAS. ORACIÓNS NEGATIVAS E INTERROGATIVAS.

IMG_5649

13.1.1

A norma xeral de colocación do pronome átono nas oracións simples, principais e coordinadas é detrás do seu verbo, coas particularidades que anotamos na unidade anterior.

Como principio, este pronome non comeza nunca a oración que o inclúe. Imos esquecer –se puideramos- ese castelanismo instalados por xente que traduce ao pé da letra durante a súa vida facendo estes HORRORES:

 

**Lles aseguro que…

**Me chamaron cando…

**O levamos á casa…

**As clasificamos…

 

Pero esta norma ten numerosas excepcións, unhas máis doadas de aprender que outras, sobre todo se non se é falante de orixe ou se aprendeu a lingua de quen non sabía falar.

 

13.1.2.

A primeira excepción é a das ORACIÓNS NEGATIVAS, nas que a palabra que introduce a negación arrastra o pronome ao o seu lado.

 

Déronma./ Non ma deron.

Chámasme./ Nunca me chamas.

Díxenllelo./ Nunca llelo dixeches.

Berrarouche./Ninguén che berrou.

Míraa!./ Nin a mires!.

Deullelo./Tampouco llelo deu.

Gárdaa e esquécea./ Nin a garda nin a esquece.

Vémonos ou non nos vemos?

Mireite cando estabas de costas./ Non te mirei cando estabas de costas.

 

13.1.3

A segunda excepción é a das oracións INTERROGATIVAS introducidas polos interrogativos que?, por que? cal?, quen?, canto?, cando?, onde?, como?... (Como podes ver, non levan acento ortográfico)

Chamoute./ Quen te chamou?

Trouxéronos./ Quen os trouxeron? QUEN NON TEN PLURAR.

Escribíronnos./ Cando nos escribiron?

Vémonos./ Onde nos vemos?

 

 

13.1.4

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Transforma segundo o modelo:

Véxoa. Non a vexo. Por que non a ves?

Déixoo._________________________________

Lévallelo.________________________________

Mírame._________________________________

Lévanos._________________________________

Buscouno.________________________________

Tela._____________________________________

Conducíchelos._____________________________

 

MOITA SORTE E APRENDER ISTO, QUE É BEN DOADO.

Anuncios

4 pensamientos en “13.1 COLOCACIÓN E FORMAS DO PRONOME ÁTONO NAS ORACIÓNS SIMPLES, PRINCIPAIS E COORDINADAS. ORACIÓNS NEGATIVAS E INTERROGATIVAS.

  1. Véxoa. Non a vexo. Por que non a ves?:

    -Déixoo. Non o deixo. Por que non o deixas?

    -Lévallelo. Non llelo levo. Por que non llelo levas?

    -Mírame. Non me mires. Por que non me miras?

    -Lévanos. Non nos leves. Por que non nos levas?

    -Buscouno. Non o buscou. Por que non o buscaches?

    -Tela. Non a ter. Por que non a ter?

    -Conducíchelos. Non os conduciches. Por que non os conduciches?

    😙😙

    • Os pronomes están ben colocados todos. No segundo item cambiaches a persoa do modelo, pero o pronome segue ben. Curiosamente, atopaches outra solución da prevista no item sexto. As dúas oracións son válidas. Ter/tes. Mira, que xa as considero así nas correccións.
      Agradezo moito esta colaboración túa, Luz, porque me permite ver perspectivas novas. Unha aperta moi ben gañada. Vou ter que habilitarche un título final.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s