14.1 COLOCACIÓN DO DO PRONOME ÁTONO. REPASO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Quíxenlle moito a unha nena,

a unha nena maïanha.

Ela non me quixo a min,

morena e salada. Non lle deu a gana.

Non lle deu a gana.

Non lle deu a gana.

Ai la la la la le lo.

Ai la la la la laa.

 

Como son da Maía

son maïanhe

e un fungueiro, morena,

levo na manhe.

Levo na man, morena,

Levo na manhe,

por se á porta da eira

me botas o canhe.

 

 

14.1.1

Temos nesta cántiga popular exemplos de colocación de pronomes átonos, que é do que vimos falando.

-Nas oracións simples –e coordinadas, que actúan como simples- o pronome átono vai detrás de seu verbo e unido a el. Sendo esta a norma, as execepcións son moi abondosas.

-A primeira gran excepción son as oracións negativas, con adverbio (non, nin, nunca, xamais, tampouco) ou con pronomes ou determinantes de valor negativo: nada, ninguén, ningún…

-A segunda excepcións son as oracións introducidas por unha partícula interrogativa: que, quen, cando, como, por que, canto… (que non levan acentro ortográfico). Na cantiga non temos este exemplo, pero traballámolo na unidade anterior.

-A terceira excepción son as oracións subordinadas, é dicir, as que forman parte dunha oración principal: Levo(o) na man (oración principal), por se a porta da eira me botas o can. (Oración subordinada que indica unha circunstancia de prevención)

 

14.1.2

Aparece nesta cántiga un a e un e ao final de palabras agudas que é propio da lingua oral. Mais, cando se quere reproducir na escrita, utilízase para representalo o dígrafo nh que. Como na palabra unha, indica que debemos cortar a sílaba que acaba en n e non unila co e. Silabeando: ma-ï-an-ha/ma-ï-an-he .

 

Vemos tamén un signo de puntuación non habitual nesta palabra: a diérese. Con ela evitamos que ese i se una á coa vogal seguinte. Sen a diérese nin o h a palabra leríase: ma-ia-ne. É pouco frecuente na escrita, pero cómpre que o coñezades e saibades para que é.

 

14.1.3

Transforma segundo o modelo, usando en todas as subordinadas o verbo dicir:

 

Dámo/ Dígoche que mo deas.

Cómpramo.

Lévamos.

Contéstame.

Ofrécellelos.

Cómpralla.

 

14.1.4

Transforma segundo o modelo:

 

Non me me veu o sono/ Veume o sono

Non vos dei atopado.

Non me preguntes de onde o saquei.

Non lles quería botar a culpa.

Non o fagas antes de saír.

 

MAÑÁ CORRIXIMOS E AVANZAMOS ALGO MÁIS NA SOBORDINADAS, QUE TEÑEN ALGUNHA EXCEPCIÓN COMO VEREMOS.

 

Anuncios

3 pensamientos en “14.1 COLOCACIÓN DO DO PRONOME ÁTONO. REPASO

  1. Como estou traballando de noite e volvo facelo mañá, polo día vou durmir e descansar. Entón como acabo de ver a unidade agora, vou aproveitar que está a cousa tranquila para facer os exercicios:

    Dámo/ Dígoche que mo deas.
    Cómpramo/ Dígoche que mo compres.
    Lévamos/ Dígoche que mos leves.
    Contéstame/ Dígoche que me contestes.
    Ofrécellelos/ Dígoche que llelos ofrezas.
    Cómpralla/ Dígoche que lla compres.

    14.1.4
    Non me me veu o sono/ Veume o sono
    Non vos dei atopado/ Atopeivos.
    Non me preguntes de onde o saquei/ Saqueino do caixón.
    Non lles quería botar a culpa/ Boteilles a culpa, ou, botoulles a culpa.
    Non o fagas antes de saír/ Faino antes de saír.

    Apertas, profe…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s