15.1 CLASES DE SUBORDINADAS. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

15.1.1

As oracións subordinadas forman parte da oración principal substituíndo un nome, un adxectivo ou un adverbio, ou os sintagmas que cumpren estas funcións.

  1. O pastel gústache.
  2. O pastel que compramos onte gústache.
  3. O pastel que che compramos onte cando te levamos de paseo gústache.
  4. Que che compremos un pastel, gústache.

 

  1. É unha oración simple. Leva un pronome átono O.I. detrás do seu verbo. Esta mesma oración, máis completa, desenvolverase con subordinadas e será a súa principal
  2. É unha oración composta. QUE CHE COMPRAMOS ONTE é unha explicación de pastel, ou sexa, é unha oración subordinada que fai o papel dun adxectivo e vai introducida polo pronome relativo que. Leva o seu pronome átono diante do seu verbo.
  3. É unha oración composta que, ademais da oración b) leva outra sinalando o tempo no que acontece a acción da principal. CANDO TE LEVAMOS DE PASEO. Substiúe un adverbio. Leva o seu pronome átono diante do verbo.
  4. Neste caso o suxeito PASTEL está substituído por unha oración subordinada: QUE CHE COMPREMOS OS PASTEL. Leva o seu pronome átono diante do verbo.

 

15.1.2

Temos tres clases de oracións subordinadas:

Substantivas, que fan o papel que faría un nome na principal. Moitas veces van introducidas pola conxunción que, pero tamén poden ir sen conxunción co seu verbo está en infinitivo.

Adxectivas ou de relativo, que fan o papel dun adxectivo na súa principal. Sempre van introducidas por un pronome relativo ou equivalente: que, quen, cuxo, cal…

Adverbiais, que fan o papel dun adverbio. Teñen un número moi variado de conxuncións para as introducir segundo a circunstancia que indiquen: tempo, modo, lugar, condición…

Todas elas levan o pronome átono diante do seu verbo. Esta é unha regra que sempre nos axudará a construílas ben, máis hai excepcións cos verbos en infinitivo que, non levándoo colocado así, tampouco está mal construída. É dicir, a colocación cos infinitivos ten ata tres posibilidades igualmente válidas.

 

15.1.3.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Coloca estes pronomes átonos nas subordinadas e coloca tiles se lles fan falta aos verbos que deben levar os pronomes unidos.

  1. Os nenos que (saudaron) onte viven cerca de onde  (deron) unhas cereixas que (gustaron)  moito a Xacinto e a min. TE, NOS, NOS
  2. Cando (vimos)  pasar pola avenida, iades moi entretidos  (colocando) os forros aos libros. VOS, LLES
  3. Se (levas) o xornal a teu avó non te esquezas de (deixar) ás primas cando el (volva)  LLE, LLELO, CHO
  4. Non (digas) que agora non (queda) tempo libre. ME, CHE.

 

MAÑÁ CORRIXIMOS E TRABALLAREMOS COAS POSICIÓNS QUE PERMITEN OS INFINITIVOS.

Anuncios

Un pensamiento en “15.1 CLASES DE SUBORDINADAS. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS.

  1. -Os nenos que TE saudaron onte viven cerca de onde NOS deron unhas cereixas que NOS gustaron moito a Xacinto e a min.
    -Cando VOS vimos  pasar pola avenida, iades moi entretidos  colocándoLLES os forros aos libros.
    -Se LLE levas o xornal a teu avó non te esquezas de LLELO deixar ás primas cando el CHO volva. (Penso que tamén pode ser “…non te esquezas de deixárLLELO ás primas”)
    -Non ME digas que agora non CHE queda tempo libre.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s