16.1. O PRONOME ÁTONO NAS SUBORDINADAS CON INFINITIVO. PROPOSTA DE ACTIVIDADES.

IMG_5682

 

“Para vires xunto a min,

vai lavar a cara, galopín”.

(Popular)

 

16.1.1

As formas non persoais dos verbos son:

  1. Dá nome ao verbo e pode desenvolver o papel dun nome.
  2. Pode desenvolver o papel dun adverbio.
  3. Serve para formar a voz pasiva e pode desenvolver o papel dun adxectivo.

 

16.1.2

O infinitivo, ao poder desenvolver o papel dun nome, pode ser:

  1. Suxeito dunha oración: Estudar é moi proveitoso.
  2. Obxecto ou Complemento Directo: Quería preguntarlle unha cousiña.
  3. Complemento Circunstancial: A auga toldada pode usarse para regar.
  4. Complemento dun nome ou dun adxectivo: Isto é moi doado de facer.

En todos estes casos forman unha oración subordinada e poden levar os seus propios complementos, entre eles o Directo ou Indirecto que poden estar representados por pronomes átonos.

 

16.1.3.

Cando este infinitivo é obxecto directo doutro verbo, xeralmente o pronome ántono, pode desprazarse á oración principal. Xa que logo, pode ir diante dese infinitivo e na súa principal colocarase segundo as súas propias regras. Estes verbos principais son verbos de percepción (ver, oír, sentir…), causativos (mandar, obrigar, facer, deixar…) ou modal (poder, querer…)

Podo demostrarllo./ Pódollo demostrar.

Quero levarlle hoxe a noticia./ Quérolle levar hoxe a noticia.

Virán buscarvos mañá,/ Viranvos buscar mañá.

Non quero preguntarllo./ Non llo quero preguntar.

 

16.1.4 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

16.1.4.1

Que clase de subordinada forman os seguintes infinitivos (16.1.2)

  1. Queremos facer unha festa esta tarde.
  2. Escoitámolo berrar cando caeu no río.
  3. Non é moi doado de aguantar.
  4. Estuda para saber.
  5. Erguerse cedo non lle gusta nada

 

16.1.4.2

Pon os pronomes que faltan

  1. Vou__ levar__ ao cine, se tes gana de saír.
  2. Non __quixo __ contar__ a verdade, porque non se atreveu a__ contradicir__. (A elas)
  3. Puido__ preguntar__ que hora era pero__ viu__ sen reloxo. (Te
  4. Sabes__ vender__ moi ben, como se fosen novas. (As)
  5. Sentín__dicir__ que erades parvos de todo.
  6. Non __queiras__saber. (O)
  7. Tiña a cara sucia e foi__lavar___.

 

DAMOS PUNTO ATA LUNS. ESE DÍA CORRIXIMOS AS ACTIVIDADES.

Anuncios

3 pensamientos en “16.1. O PRONOME ÁTONO NAS SUBORDINADAS CON INFINITIVO. PROPOSTA DE ACTIVIDADES.

  1. 1. Vouno levar ao cine, se tes gana de saír. – Vou levalo ao cine, se ten ganas de saír
    2. Non lles quixo contar a verdade, porque non se atreveu a contradicilas. –
    Non quixo contarlles a verdade, porque non se atreveu a contradicilas.
    3. Puido preguntarche que hora era pero viute sen reloxo.
    4. Sabelas vender moi ben, como se fosen novas. – Sabes vendelas moi ben, como se fosen novas
    5. Sentín dicirvos que erades parvos de todo.
    6. Non o queiras saber. – Non queiras sabelo
    7. Tiña a cara sucia e foina lavar. – Tiña a cara sucia e foi lavala.

  2. 16.1.4.1

    -Queremos facer unha festa esta tarde. De O.D-sustantiva.
    -Escoitámolo berrar cando caeu no río. De O.D-sustantiva.
    -Non é moi doado de aguantar. Complemento de adxetivo.
    -Estuda para saber. Circunstancial
    -Erguerse cedo non lle gusta nada. De O.D

    16.1.4.2

    -VouTE levar/Vou levarTE ao cine, se tes gana de saír.
    -Non LLES quixo contar/Non quixo contarLLES a verdade, porque non se atreveu As contradicir/a contradeciLAS (dúbidas coa forma “non se atreveu AS…”)
    -PuidoCHE preguntar/Puido preguntarCHE que hora era pero TE viu sen reloxo.
    -SábeLAS vender/Sabes vendeLAS moi ben, como se fosen novas.
    -SentínLLE dicir que erades parvos de todo. (Neste caso tería outro significado si fora detrás do infinitivo…non?)
    -Non O queiras saber./ Non queiras sabeLO
    -Tiña a cara sucia e foiNA lavar/…e foi lavaLA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s