15.1 PERÍFRASES VERBAIS. COLOCACIÓN DOS PRONOMES.

IMG_5693

15.1.1

O núcleo dun verbo non ten por que ser unha soa palabra. Os verbos presentan varias formas para determinar a súa acción e pode recorrer a outros que lles sirvan de auxiliares. A pefectividade dos verbos galegos, é dicir, o feito de que a acción foi acabada no pretérito, indícase cunha soa palabra (fixen, fixera, non *he feito, *había feito), pero temos un modo de expresala con dúas: ter feito cando queremos indicar con rotundidade que a acción está finalizada no presente.

Eu mesma teño dito iso moitas veces. O verbo ter pasaría así a ser un auxiliar do verbo dicir para os tempos compostos perfectivos: pretéritos perfecto e pluscuamperfecto.

Esta combinación do verbo cunha forma non conxugable de outro (infinitivo, xerundio ou participio) chámase perífrase verbal. Toda a perífrase constitúe o núcleo do predicado. Non abonda, pois, con que unha oración teña dous verbos aparentes para ser composta. Pode ser simple.

O rapaz deu en chorar ás oito da tarde. É unha oración simple.

 

15.1.2

¿Como distinguimos unha perífrase?

-Aparecerán dous verbos, o primeiro conxugado e o segundo en infinitivo, xerundio ou participio, podendo ter no medio unha preposición (a, de, en) ou conxunción (que). Este segundo verbo é o que ten o significado propio.

-O primeiro verbo terá perdido o seu significado orixinal, porque pasou a ser un auxiliar do segundo. No exemplo que dixo posto, DAR non ten o seu significado. CORRER, si.

-A perífrase introducirá un importante matiz  no significado do verbo principal. No exemplo exposto, ese chorar é durativo, moi longo… Outras indican que empeza a acción, que hai obrigatoriedade de facela, que é repetitiva, dubidosa, etc.

As perífrases verbais teñen a particularidade de que o pronome átono, se o houbese, pode adoptar nelas máis dunha colocación, feito que pasa tamén coas formas infinitas do verbo noutros casos.

Teño que facer o exercicio esta tarde.

Ter+que+facer

Ter perdeu o seu significado de posuír.

Facer segue tendo o seu significado.

A perífrase engade o matiz da obrigatoriedade.

Se substituímos o exercicio polo pronome o, teremos estas tres posibilidades de colocación:

Téñoo que facer (ou, se a oración fose negativa: Non o teño que facer.)

Teño que o facer.

Teño que facelo.

 

Imos facer o exercicio.

Imos+facer

Ir perdeu o significado de movemento cara a algún lado.

Facer conserva o seu siginificado

O matiz que se engade é que de comezo da acción.

Aquí temos dúas posibilidades de colocación do pronome:

 

Ímolo facer (ou, se a oración fose negativa ou calquera outra excepción: Non o imos facer)

Imos facelo

 (Recordamos que aparece a forma lo, que procedes do r/s con que acaban os verbos)

 

15.1. 3 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

15.1.3.1

  1. ¿Cales dos seguintes núcleos verbais son perífrases?
  2. Non admitiu que se puxese en dúbida a súa palabra
  3. Esta mañá empezou a chover a rolos.
  4. Temos que coidar máis o medio ambiente.
  5. Esta semana deu en soar a campá de forma estraña.
  6. Se queres, ímonos divertir ao San Froilán no próximo outubro.
  7. O reloxo boutou a andar el só.
  8. Non daba saído do seu pasmo.
  9. Mándoche abrir a porta e non me obedeces.

15.1.3.2

Transforma estas oracións segundo o modelo:

Teño que facelo/ Téñoo que facer/ Non o teño que facer/ Teño que o facer.

Debeu de levalas pero non estou segura/

Está empezando a mentirche/

Houbo que buscarvos/

 

 

 

MAÑÁ CORRIXIMOS AS ACTIVIDADES

Anuncios

Un pensamiento en “15.1 PERÍFRASES VERBAIS. COLOCACIÓN DOS PRONOMES.

  1. Non admitiu que se puxese en dúbida a súa palabra
    Esta mañá EMPEZOU A CHOVER a rolos.
    TEMOS QUE COIDAR máis o medio ambiente.
    Esta semana DEU EN SOAR a campá de forma estraña.
    Se queres, IMONOS DIVERTIR ao San Froilán no próximo outubro.
    O reloxio BOTOU ANDAR el só.
    Non DABA SAÍDO do seu pasmo.
    Mándoche abrir a porta e non me obedeces.
    15.1.3.2

    Transforma estas oracións segundo o modelo:

    Teño que facelo/ Téñoo que facer/ Non o teño que facer/ Teño que o facer.

    Debeu de levalas pero non estou segura/ DEBEUNAS DE LEVAR…/ NON AS DEBEU DE LEVAR…/ DEBEU DE AS LEVAR…

    Está empezando a mentirche/ EMPEZÁNDOCHE A MENTIR/ ESTÁ EMPEZANDO A NON CHE MENTIR/ EMPEZANDO A CHE MENTIR

    Houbo que buscarvos/ HOUBOVOS QUE BUSCAR/ NON VOS HOUBO QUE BUSCAR/ HOUBO QUE VOS BUSCAR.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s