13.2 COLOCACIÓN E FORMAS DO PRONOME ÁTONO NAS ORACIÓNS SIMPLES…. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

IMG_5666

13.1.4

CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

 

Transforma segundo o modelo:

 

-Véxoa. Non a vexo. Por que non a ves?

-Déixoo. Non o deixo. Por que non o deixas?

-Lévallelo. Non llelo levo. Por que non llelo levas?

-Mírame. Non me mires. Por que non me miras?

-Lévanos. Non nos leves. Por que non nos levas?

-Buscouno. Non o buscou. Por que non o buscaches?

-Tela. Non a ter. Por que non a ter?/ Tela. Non a tes. Por que non a tes?

-Conducíchelos. Non os conduciches. Por que non os conduciches?

 

DAMOS PUNTO ATA LUNS. BOA FINDE, FIXÁNDOSE NOS PRONOMES. AS LINGUAS APRÉNDENSE PRACTICANDO.

13.1 COLOCACIÓN E FORMAS DO PRONOME ÁTONO NAS ORACIÓNS SIMPLES, PRINCIPAIS E COORDINADAS. ORACIÓNS NEGATIVAS E INTERROGATIVAS.

IMG_5649

13.1.1

A norma xeral de colocación do pronome átono nas oracións simples, principais e coordinadas é detrás do seu verbo, coas particularidades que anotamos na unidade anterior.

Como principio, este pronome non comeza nunca a oración que o inclúe. Imos esquecer –se puideramos- ese castelanismo instalados por xente que traduce ao pé da letra durante a súa vida facendo estes HORRORES:

 

**Lles aseguro que…

**Me chamaron cando…

**O levamos á casa…

**As clasificamos…

 

Pero esta norma ten numerosas excepcións, unhas máis doadas de aprender que outras, sobre todo se non se é falante de orixe ou se aprendeu a lingua de quen non sabía falar.

 

13.1.2.

A primeira excepción é a das ORACIÓNS NEGATIVAS, nas que a palabra que introduce a negación arrastra o pronome ao o seu lado.

 

Déronma./ Non ma deron.

Chámasme./ Nunca me chamas.

Díxenllelo./ Nunca llelo dixeches.

Berrarouche./Ninguén che berrou.

Míraa!./ Nin a mires!.

Deullelo./Tampouco llelo deu.

Gárdaa e esquécea./ Nin a garda nin a esquece.

Vémonos ou non nos vemos?

Mireite cando estabas de costas./ Non te mirei cando estabas de costas.

 

13.1.3

A segunda excepción é a das oracións INTERROGATIVAS introducidas polos interrogativos que?, por que? cal?, quen?, canto?, cando?, onde?, como?... (Como podes ver, non levan acento ortográfico)

Chamoute./ Quen te chamou?

Trouxéronos./ Quen os trouxeron? QUEN NON TEN PLURAR.

Escribíronnos./ Cando nos escribiron?

Vémonos./ Onde nos vemos?

 

 

13.1.4

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Transforma segundo o modelo:

Véxoa. Non a vexo. Por que non a ves?

Déixoo._________________________________

Lévallelo.________________________________

Mírame._________________________________

Lévanos._________________________________

Buscouno.________________________________

Tela._____________________________________

Conducíchelos._____________________________

 

MOITA SORTE E APRENDER ISTO, QUE É BEN DOADO.

12.2 COLOCACIÓN E FORMAS DO PRONOME ÁTONO NAS ORACIÓNS SIMPLES, PRINCIPAIS E COORDINADAS. CONTRACCIÓNS.

IMG_8365

CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

 

 

12.3.2

DiLLES  a verdade a teus irmáns. Non LLELA ocultes.

 

Non LLES comprei as bufandas ás túas nenas para LLELAS traer hoxe.

 

Cando LLES  preguntei que hora era, dixeron algo pero non LLELO   entendín.

 

Se LLO das, sempre cho seguirán pedindo.

 

 

12.3.3

Coloca o pronome correspondente no oco

 

LeveiNA ata a praia para que tomase o sol porque está moi branquiña.

 

MercaLAS  nunha tenda pequena, favorece que se vendan as do país e non as de fóra.

 

LévaLO  mal colocado e non se ve o bonito que é.

 

CoutouNO  á saída do campo de fútbol, que llo oímos todos.

 

SEGUIMOS MAÑÁ COA COLOCACIÓN DE PASO QUE LLE DAMOS UNHA VOLTA MÁIS ÁS FORMAS E USOS.

 

 

 

12. 1. COLOCACIÓN E FORMAS DO PRONOME. ÁTONO NAS ORACIÓNS SIMPLES, PRINCIPAIS E COORDINADAS. CONTRACCIÓNS.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

12.1

Repaso dos pronomes átonos

 

Complemento Indirecto

Singular: me, che, lle

Plural: nos, vos lles

 

Complemento Directo

Singular: me, te, o/a/se           (lo/la) (no/na)

Plural: nos, vos, os/as/se         (los/las) (nos/nas)


Contración das dúas clases de pronomes

 

Mo(s),ma(s)/cho(s),cha(s)/llo(s),lla(s)

Nolo(s),nola(s)/volo(s),vola(s)/llelo(s),llela(s)

 

12.2

Explicación dos cambios que se introducen

12.2.1

-Ao se xuntaren, os pronomes poden perder ou cambiar letras: deume+o convértese en deumo

 

-Os pronomes o/a, os/as levan diante un l cando a forma verbal á que se unen acaba en r ou s. Esta transformación tamén uníndose a outro pronome que acaba en s. É un cambio que, cando menos na oralidade e na lectura, comparten cos artigos que teñen as mesmas formas. Xa o podes observar no apartado das contraccións. Recorda que llelo(s), llela(s) sempre proveñen dun plural: levóullelo (levoulles a eles ou elas)

 

-Tamén poden levar diante un n cando a forma verbal á que se unen acaba en ditongo ei, ou: leveino, escoitouno

 

12.3.2

Lle/lles + a/o/as/os

 

Coloca nos ocos os pronomes correspondentes.

 

Di__ a verdade a teus irmáns. Non __ ocultes.

 

Non __ comprei as bufandas ás túas nenas para __ traer hoxe.

 

Cando __  preguntei que hora era, dixeron algo pero non __ entendín.

 

Se __ das, sempre cho seguirán pedindo.

 

 

12.3.3

Coloca o pronome correspondente no oco

 

Levei__ ata a praia para que tomase o sol porque está moi branquiña.

 

Merca__ nunha tenda pequena, favorece que se vendan as do país e non as de fóra.

 

Léva__ mal colocado e non se ve o bonito que é.

 

Coutou__ á saída do campo de fútbol, que llo oímos todos.

 

 

 

FÍXATE TAMÉN ONDE VAN COLOCADOS OS PRONOMES , SEGUNDO AS ORACIÓNS SEXAN AFIRMATIVAS OU NEGATIVAS.

 

 

TRABALLO COAS ORACIÓN COMPOSTAS E OS SEUS PRONOMES 11.2.2.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

1.2.2.1

Principais das compostas subordinadas:

 

Non sei

No norte de Galicia hai pedras

O tecido pétreo cos inmúmeros ollos brancos no cemento é

Creo

Daquela dirixíronse a el na lingua de Cervantes.

avísame

Non sei

Na casa viven os meus parentes.

quizabes aprendo ben

 

11.2.2.2

O pronomes átonos das principais van detrás do verbo e unidos a el. Por esta razón, dise que son “forma enclíticas do pronome átono”. Non sempre vai ser así, máis este é a regra. Veremos axiña as numerosas excepcións.

 

11.2.2.3

Na oración subordinadas o pronome átono vai diante o seu verbo e separado del. Por  esta razón, dise que son “formas proclíticas do pronome átono”. Esa é a regra, mais nestes mesmos exemplos temos a única excepción: cando o seu verbo é un infinitivo:

Creo terlles contado…  Falaremos desta excepción.

 

11.2.2.4

As fiestras son oxivais/ mostránnos numerosos adornos arquitectónicos

En Barcelona empregouse na compañía de tranvías/ coñeceu a obra de Gaudí.

 

11.2.2.5

Nas oracións coordinadas o pronome vai detrás e unido ao verbo, porque son como oracións simples. Tamén teñen as mesmas excepcións das que empezaremos a falar mañá.

 

ACONSÉLLOCHE QUE TE VAIAS FIXANDO NA COLOCACIÓN DESTES  PRONOMES E QUE RECORDES QUE NUNCA EMPEZAN NINGUNHA ORACIÓN.

 

 

PRONOMES: USOS E COLOCACIÓNS NA ORACIÓN COMPOSTA. 11.2

IMG_8400

11.2.1

CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

 

Coordinadas:

As fiestras son oxivais e mostránnos numerosos adornos arquitectónicos

En Barcelona empregouse na compañía de tranvías e coñeceu a obra de Gaudí.

 

Subordinadas

 

Non sei cal lles é a lingua propia aos cans.

No norte de Galicia hai pedras que nos van mostrando obras de arte evocadoras do traballo minucioso do arquitecto Gaudí.

O tecido pétreo cos inmúmeros ollos brancos no cemento é como unha celosía simbólica para albiscar o máis aló do Océano que nos atrae tanto.

Creo terlles contado que é habitual ver nas praias a señoras que, falando galego con habitualidade, cambian de idioma cando se dirixen ao can tratándoo como a un meniño.

Daquela, como (DEBEMOS SOBREENTENDER O VERBO FAN) as señoras da praia, dirixíronse a el na lingua de Cervantes.

Cando dean as tres, avísame para saírmos de viaxe.

Non sei por que me fixeches isto.

Na casa que nos deixaron os avós en Ribeira viven os meus parentes.

Se me fixo, quizabes aprendo ben.

 

 

11.2.2.

TRABALLO COAS ORACIÓN COMPOSTAS E OS SEUS PRONOMES

1.2.2.1

Separa a principal das súas subordinadas.

 

11.2.2.

 

Mira agora nas oracións principais que lugar ocupa o pronome átono con razón ao seu verbo. ¿Vai detrás ou diante del? ¿Vai unido ao seu verbo ou separado?

 

11.2.2.3

 

Mira nas subordinadas que lugar ocupa o pronome átono con razón ao seu verbo. ¿Vai detrás ou diante del? ¿Vai unido ao seu verbo ou separado?

 

11.2.2.4

 

Separa agora todas as oracións coordinadas de cada oración composta.

 

11.2.2.5

 

Mira nas coordinadas que lugar ocupa o pronome átono con razón ao seu verbo. ¿Vai detrás ou diante del? ¿Vai unido ao seu verbo ou separado?

 

 

CORRIXIMOS O LUNS E SEGUIMOS CO TRABALLO. GRACIÑAS POLO TEMPO QUE LLE DEDIQUEDES, QUE XUSTIFICARÁ ASÍ O MEU.

PRONOMES: USOS E COLOCACIÓNS NA ORACIÓN COMPOSTA. 11.1

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

11.1.1

ORACIÓNS SIMPLES

O pensamento exprésase mediante oracións. Chamaremos oración ao conxunto de palabras que ten sentido completo e na escrita finaliza nun punto.

As oracións poden ter un só verbo –considerando que dous verbos poden estar unidos formando unha perífrase, na que só un deles conserva o sentido pleno-, ou máis dun verbo. Se teñen un só verbo –aínda que estea acompañado por esoutro que lle serve de auxiliar- será unha oración simple.

 

11.1.2

EXEMPLOS DE ORACIÓNS SIMPLES (con pronomes átonos, que é co que andamos, e todo se fai para aprender a colocalos).

  1. No trazado combínanse varias formas xeométricas e alturas.

Por desgraza, este tesouro empeza a deteriorarse. (“Empezar a deteriorarse” é unha perífrase que indica que o deterioro está no comezo. Só este verbo ten pleno significado. Logo veremos estas perífrase, fenómeno moi presente na lingua galega).

  1. Lamas évos un lugar da parroquia de Becerreá.
  2. Faille a introdución o gastrónomo e amigo Miguel Vila Pernas.
  3. Os tres se expresaban en galego normativizado.

 

11.1.3

ORACIÓNS COMPOSTAS

 

11.1.4

EXEMPLOS DE ORACIÓNS COMPOSTAS (con pronomes átonos, que é co que andamos, e todo se fai para aprender a colocalos).

  1. Non sei cal lles é a lingua propia aos cans.
  2. No norte de Galicia hai pedras que nos van mostrando obras de arte evocadoras do traballo minucioso do arquitecto Gaudí.
  3. O tecido pétreo cos inmúmeros ollos brancos no cemento é como unha celosía simbólica para albiscar o máis aló do Océano que nos atrae tanto.
  4. Creo terlles contado que é habitual ver nas praias a señoras que, falando galego con habitualidade, cambian de idioma cando se dirixen ao can tratándoo como a un meniño.
  5. Daquela, como as señoras da praia, dirixíronse a el na lingua de Cervantes.
  6. As fiestras son oxivais e mostránnos numerosos adornos arquitectónicos
  7. En Barcelona empregouse na compañía de tranvías e coñeceu a obra de Gaudí.
  8. Cando dean as tres, avísame para saírmos de viaxe.
  9. Non sei por que me fixeches isto.
  10. Na casa que nos deixaron os avós en Ribeira viven os meus parentes.
  11. Se me fixo, quizabes aprendo ben.

 

 

11.1.5

PROPOSTA DE ACTIVIDADE

Agrupa as oracións compostas do exemplo en COORDINADAS e SUBORDINADAS. Non é difícil. Trata de mirar, polos verbos de cada unha, cantas oracións ten. Despois, se as podes separar e seguen tendo sentido ou se unha necesita de outras para ter significado.

 

Moita sorte. É un gran exercicio mental en calquera caso.