16.1 INFINITIVO CONXUGADO. FORMAS.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

16.1.1

O infinitivo galego admite formas desinenciais segundo a persoa gramatical que corresponda ao seu suxeito.

 

SINGULAR

De chegar tarde, non me darán a cea.

De chegares tarde, non che darán a cea.

De chegar tarde, non lle darán a cea.

 

PLURAL

De chegarmos tarde, non nos darán a cea.

De chegardes tarde, non vos darán a cea.

De chegaren tarde, non lles darán a cea.

 

Como podes ver, teñen formas especiais a 2ª persoa do singular e as 1ª, 2ª e 3ª do plura.

Non é obrigatorio o seu uso, aínda que si é unha característica do idioma que non debemos deixar perder. Pero hai que ter moito coidado de usala ben. Poñer unha forma á persoa que non lle corresponda crea unha enorme contradición na oración correspondente. É raro o día que non encontro no meu trasmallo uns cantos erros deste tipo, que á vista e aos oídos de quen fala son auténticas perplexidades. Ademais, non se pode utilizar sempre.

 

16.1.2.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES.

 

Corrixe as formas dos infinitivos conxugados que estean mal:

a) Éme hora de ires para a cama, que tira o colchón por min.

b) Fago isto para seren un bo colega.

c) Cando me dei conta de que iamos perdidos foi ao pasarmos a volta do Castro.

d) Ti e mais eu temos non imos ser suficientes para levaren tanto paquete.

e) Ao seren catro, non nos van facer caso. Mellor ir unha por unha unha.

f) Xa me encargo eu de o despertaren cedo.

g) Por vires a destempo, quedas sen o libro que estaban a entregar.

h) Non me mires con ollos de me perdonaren a vida.

 

NA PRÓXIMA UNIDADE FALAREMOS DAS REGRAS DO SEU USO.

Anuncios

4 pensamientos en “16.1 INFINITIVO CONXUGADO. FORMAS.

  1. a ver se non teño que rectificar mañá 😉
    a) Éme hora de ir para a cama, que tira o colchón por min.
    b) Fago isto para ser un bo colega.
    c) Cando me dei conta de que iamos perdidos foi ao pasarmos a volta do Castro.
    d) Ti e mais eu non imos ser suficientes para levarmos tanto paquete.
    e) Ao sermos catro, non nos van facer caso. Mellor irmos unha por unha unha.
    f) Xa me encargo eu de o despertar cedo.
    g) Por vires a destempo, quedas sen o libro que estaban a entregar.
    h) Non me mires con ollos de me perdonares a vida.

  2. Bo día Helena. Xa me tardabas…😊😙😙
    a) Éme hora de ir para a cama, que tira o colchón por min.
    b) Fago isto para ser un bo colega.
    c) Cando me dei conta de que iamos perdidos foi ao pasarmos a volta do Castro.
    d) Ti e mais eu (temos?) non imos ser suficientes para levarmos tanto paquete.
    e) Ao sermos catro, non nos van facer caso. Mellor irmos unha por unha.
    f) Xa me encargo eu de o despertar cedo.
    g) Por vires a destempo, quedas sen o libro que estaban a entregar.
    h) Non me mires con ollos de me perdonares a vida.
    Unha aperta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s