17.1. INFINITIVO CONXUGADO. USOS. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

17.1.1

O infinitivo conxugado non pode usarse sempre. Como a súa función é marcar o suxeito da oración, se o da oración principal e o do infinitivo subordinado son o mesmo, non pode ir conxugado. Pode facerse, así e todo, cando vai introducido por unha preposición.

Teremos que ter en conta, polo tanto, dúas condicións, para o utilizarmos:

  1. Que poida conxugarse
  2. No caso de que sexa posible, que leve a desinencia correspondente á persoa gramatical que lle corresponde (segunda do singular e as tres do plural)

 

17.1.2

A colocación pronominal segue sendo a propia do infinitivo, antes ou detrás del. Mais debemos ter en conta, se vai detrás, que cando o infinitivo acaba en S e o pronome empeza por N, o n asimila o s, que desaparece:

LevarmoS+Nos= levármonos.

Aquí tamén se cumpre o cambio de r ou s final do infinitivo por l ante un pronome que empece por vogal:

Levares+as= levárelas

 

17.1.3

Desde o punto de vista ortográfico, debemos ter que en conta que, se o pronome se une ao infinitivo e se converte en palabra esdrúxula, debemos colocarlle til ortográfico a sílaba correspondente.

Levardes+o= Levárdelo.

 

17.1.3 PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Pon as desinencias do infinitivo conxugado nos que poidas facelo. Deixa os pronomes como están colocados.

  1. Haberá moitas ocasións de vernos, que os dous somos moi novos.
  2. Eis un motivo para levarnos, pois vós tedes coche e nós non.
  3. Cómpre ver sempre o lado positivo dos camiños para atrevernos a seguir os nosos pasos.
  4. Ao saír, pecha a porta. Sempre deixas aberto por liscar antes de tempo.
  5. Con te poñer a andar xa tiñas bastante.
  6. Non saber calar a tempo tróuxonos este disgusto.
  7. Téñoche dito máis del mil veces que non debo ir alí por me estar prohibido.
  8. Di o que queiras pero puideches axudarme e non o fixeches.
  9. Sempre anda dicindo que queremos amolalo, pero non ten razón. Non nos dedicamos a tratar mal a xente.
  10. Se queres traer compañía, podes facelo.
  11. Por obedecer ordes inxustas fixo moito mal.
  12. Non vou dicirche o que me parece.

 

CORREXIREMOS O LUNS PARA VOS DEIXAR TEMPO A QUE O FAGADES BEN. MAÑÁ POÑEREMOS ALGO DE LINGUA E SOCIEDADE.

Anuncios

Un pensamiento en “17.1. INFINITIVO CONXUGADO. USOS. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

  1. -Haberá moitas ocasións de vérMOnos, que os dous somos moi novos.
    -Eis un motivo para levárDEnos, pois vós tedes coche e nós non.
    -Cómpre verMOS sempre o lado positivo dos camiños para atrevérMOnos a seguirMOS os nosos pasos.
    -Ao saír, pecha a porta. Sempre deixas aberto por liscarES antes de tempo.
    -Con te poñer a andar xa tiñas bastante. (Perífrase)
    -Non saberMOS calar a tempo tróuxonos este disgusto.
    -Téñoche dito máis del mil veces que non debo ir alí por me estar prohibido.
    -Di o que queiras pero puideches axudarme e non o fixeches.
    -Sempre anda dicindo que queremos amolárMOlo, pero non ten razón. Non nos dedicamos a tratar mal a xente.
    -Se queres traer compañía, podes facelo.
    -Por obedecer ordes inxustas fixo moito mal.
    -Non vou dicirche o que me parece. (perífrase)
    A ver que tal…
    Apertiña…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s