17.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

17.2.1

Pon as desinencias do infinitivo conxugado nos que poidas facelo. Deixa os pronomes como están colocados.

  1. Haberá moitas ocasións de vérMOnos, que os dous somos moi novos.
  2. Eis un motivo para levárDESnos, pois vós tedes coche e nós non.
  3. Cómpre verMOS sempre o lado positivo dos camiños para atrevérMOnos a seguir os nosos pasos.
  4. Ao saírES, pecha a porta. Sempre deixas aberto por liscarES antes de tempo.
  5. Con te poñerES a andar xa tiñas bastante.
  6. Non saberMOS calar a tempo tróuxonos este disgusto.
  7. Téñoche dito máis del mil veces que non debo ir alí por me estar prohibido.
  8. Di o que queiras pero puideches axudarme e non o fixeches.
  9. Sempre anda dicindo que queremos amolalo, pero non ten razón. Non nos dedicamos a tratarMOS mal a xente.
  10. Se queres traer compañía, podes facelo.
  11. Por obedecer ordes inxustas fixo moito mal.
  12. Non vou dicirche o que me parece.

 

 

O MÉRCORES PROPOREMOS UN REPASO CON ERROS PESCADOS NO TRASMALLO

 

Anuncios

Un pensamiento en “17.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

  1. Xa mirei os meus erros. Teño algunha pregunta, que asi tamén aprendo:
    -Supoño que na 2a foi un gazapo teu o de “levarDESnos”, que será “levarDEnos”…
    -Na 3a, por que o 3°inf (seguir) non se conxuga?
    -Na 4a, o de saírES tiña dúbidas si se podía conxugar. Non tiña claro que “ao” fora preposición. Éo, non?
    -Na 5a, tiña dúbidas si as perífrases poderían conxugarse ou non. Pódese?
    -a 6a vaime ben, pero máis que nada, porque me cadraba mellor así “saberMOS calar” sin conxugar o 2°…supoño que virá sendo o mesmo caso que a 3a, non?
    -Na 9a conxuguei o inf amolar (puxen amolárMOlo) aínda que non me cadraba nada…pero por que non se conxuga?
    -a 12a vaime ben. Eu non o conxuguei porque formaba parte du ha perífrase na oración pral…non sei si é por iso…
    Apertas, Helena.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s