3.1. TRASMALLO NA REDE. ERROS.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

3.1.1

En todas estas oracións hai erros. Trata de localizalos e corrixilos. Quen seguides as unidades, teriades que saber corrixilos todos: pronomes, usos, colocacións e verbos. Sorte.

 

*Cada vez que vemos un prato destes, se nos vén á cabeza o desexo de lle meter o dente.

*Os fillos teñen moitos amigos e chos presentan.

*…sin deter a sua marcha,…bica a praia..e se vai….

*Tedes que facer un agasallo e aínda non tedes moi claro que mercar? Pasádevos pola nosa tenda! Hai de todo.

*O presidente estadounidense levaba o billete para pagarse uns mojitos e algunha tapa típica.

*…estaban no xardín pero o tempo as acaba.

*Si andas por Lugo non te perdas o recital de poesía.

*Como bótase en falta ao noso irmán.

*Onde as dan, as toman.

*Para elo, o alumnado de 1º montaran 3 zonas de atención ao público.

*Nos fixeron chorar,nos fixeron pasar frio, nos mandaron a merda …

*Sempre a leamos do ben que nolo pasamos.

*Perdinme a feira do cocido do ano pasado por estar de viaxe.

*…moita falta fanme estes libros.

*Podeis visitar calquera das zonas a partires das 12:00h.  e por suposto que les gustaría que veñades acompañdos/as por quen vós estimes oportuno.

*Non vos perdades esta tan interesante actividad.

*Os intelectuais pretenden que se lles entenda.

*Se lles ve o raseiro plumeiro…son do peoriño…

*Pero…, iso se vota?

*…o sinto, mais se che dan este premio, obriga a falar en galego, aínda que sexa mal.

 

CORREXIRÉMOS A ACTIVIDADE MAÑÁ POLA NOITE.

Anuncios

7 pensamientos en “3.1. TRASMALLO NA REDE. ERROS.

  1. *Cada vez que vemos un prato destes, vénSEnos á cabeza o desexo de meterLLEMOS o dente.
    *Os fillos teñen moitos amigos e preséntanCHOS.
    *…sin deter a sua marcha,…bica a praia..e vaiSE….
    *Tedes que facer un agasallo e aínda non tedes moi claro que mercar? Pasade pola nosa tenda! Hai de todo.
    *O presidente estadounidense levaba o billete para SE pagar uns mojitos e algunha tapa típica.
    *…estaban no xardín pero o tempo acábaas.
    *Si andas por Lugo non perdas o recital de poesía.
    *Como SE bóta en falta ao noso irmán.
    *Onde as dan, tómanAS
    *Para ISO, o alumnado de 1º montarán 3 zonas de atención ao público.
    * FixéronNOS chorar,fixéronNOS pasar frio, mandáronNOS á merda …
    *Sempre a leamos do ben que pasámoLO
    *Perdín a feira do cocido do ano pasado por estar de viaxe.
    *…moita falta fanme estes libros.(Por que me cadra máis “moita falta ME fan estes libros” pero “fanME moita falta estes libros”? Tería que ser nos dous casos detrás do verbo, non? Pero cando o pos para corrixir é porque no primeiro vai diante, pero non me dou conta por que…)

    *Podedes visitar calquera das zonas a partires das 12:00h. e por suposto que lles gustaría que viñerades acompañdos/as por quen vós estimedes oportuno. (Jajaja…como iba…)
    *Non perdades esta tan interesante actividade
    *Os intelectuais pretenden que se lles entenda (non vexo erro)
    *véSELLES o raseiro plumeiro…son do peoriño…
    *Pero…, iso vótaSE?
    *…síntoO, mais se che dan este premio, obriga a falar en galego, aínda que sexa mal.
    Xa dirás, profe amiga…😙😙

    • Antes de nada, grazas polo teu traballo, Luz. Recibir este feedback é marabilloso para seguir e para saber por onde teño que tirar. En xeral está moi ben. Vou responder ás túas dúbidas. A corrección podes facela pola que vou poñer a continuación aínda que che digo as que debes mirar:
      1. O pronome pode ir diante do infinitivo ou detrás. Non no medio. Sobra un pronome.
      3. A preposición é “sen”
      6.
      7. A conxunción condicional é “se”.
      10. O verbo debe concordar en número co suxeito.
      12.
      14. A túa intuición era moi válida. Hai palabras que atraen o pronome. Unha ée “moita”. Se vai antes do verbo, coloca o pronome diante. Se vai detrás, non. Así que as dúas propostas son válidas, pero non son dúas formas exactas, senón diferentes. Iso non o vimos, pero verémolo. Xa anunciei que as excepcións de ir detrás do verbo os pronomes son moitas.
      15. Aínda que está moi xeralizado, é un uso do infinitivo conxugado de puro invento.
      17. Esa construción é un castelanismo. Mira a corrección xeral.
      20. É necesario un pronome.

      Axiña mirarei o que che quedou de dúbida atrás. Non o esquezo, pero debo ter uns minutos de tranquilidade.

      Apertas e que se anime máis xente a interactuar.

      • Grazas a ti, Helena…tanto ti coma eu, facemos porque queremos…pero grazas.

        Na primeira, tiña moitas dúbidas de se (xa fica na miña cabeza) ese “vénSenos” era correcto ou se é só VENNOS. Xa mirei nas correccións e vin que puxeras VENNOS.
        O outro, foi un trabuque meu. Quixen poñer (ou por?) MetérMOS LLE, por conxugar o infinitivo, que neste caso viña a conto…

        Veume moi ben a corrección da preposición “sen” e a conxunción “se”. É unha das moitas dúbidas que sempre teño…a ver se non me esquezo…

        O da concordancia de verbo e suxeto, non me dera conta…supoño que polo de “alumnado” (“xenérico”?)

        O do infinitivo conxugado, me imaxino que te refires a “partires”…miro agora tamén.

        Me imaxino (agora vou mirar a corrección) que o castelanismo que dis será sen o SE . Incluso o LLES (o de SE LLES entenda). Outra das dúbidas que tiña, a pesares (ou a pesar de ou doutra maneira? É outo infinitivo conxugado inventado?) de poñer que non vía erro. Non quería poñer que dubidaba outra vez…😊 será “…queren que LLES entendamos, por exemplo? Entenderlles o que escriben, o que contan…si fora entendenlos a eles mesmos, sería “que OS entendamos, non? Como me enrosco!!. Agora miro…

        O de que é preciso un pronome, non sei a que te refires…miro agora.

        Bueno…o de en xeral moi ben…é un falar…!!😄😄
        Pero trátase de aprender o que poda…mil grazas outra vez…

        E si…estaría ben que alguén máis interactuara!!
        Mais, olla! Mentras (ou mentres?) ti queras, non canses e podas…eu encantada…serve para fixar cousas…e sempre está aí para repasar…que máis quero?

        O das outras correccións…non apures…cando podas…

        Apertiñas, Helena.

      • Creo que preguntabas, Luz, por algún lado sobre as costrucións “a partires” ou “a pesares”. Son un invento. Non pode ir aí un infinitivo conxugado e menos na segunda persoa. Xa que logo, é un hiperenxebrismo que hai que ir tirando fóra.

  2. Helena, acabo de mirar as correccións…a de “os intelectuais…” tal como puxeches non semella máis o significado da oración como recíproca (que se entendan entre eles?) Non valería, logo, “se lles entenda” no sentido de entenderlles (a eles- como OI-) o que din ou o que escriben -OD-?
    Podo ser un pouco pesada…😊

    Bueno…bon proveito!!

    • Que se lles entenda é o castelanismo “Que se les entienda”. Eles son os entendidos. É un obxecto directo. Polo tanto, ou se suprime ese pronome sobrante para que quede “que os entendan” ou se fai unha pasiva con “se” e queda “que se entendan = que sexan entendidos”.

      • Vale, entendido…grazas.
        Costoume…cóstame “ver” esa pasiva…na forma “que os entendan” non teño problema…de feito cando fixen o exercicio, tiña dúbidas de poñer “que os entendamos”…
        O dos inventos deses infinitivos conxugados, véxoo claro. Nunca o pensara…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s