1.2 AS PREPOSICIÓNS: A. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

1.2.1 Completa coa contracción correspondente. Ten en conta que podes escribir ao/ó, aos/ós. Non obstante, debes facelo sempre co mesmo criterio, non mesturándo as dúas solucións.

 

Esta tarde vou __ cinema que está __ lado da túa casa.

__ 10h agárdote para darmos un paseo. Non esquezas que __ 12h teño que ir __ clase.

__ outro lado da rúa, crin ver un supermercado __ man dereita.

__veces é mellor non protestar e seguir__ que ías.

 

1.2.2

Completa a perífrase incoativa ir+infinitivo. Se é necesario, engádelle ao verbo ir un pronome átono.

 

______ que calase, pero e xa o fixo el.  (Dicir)

_____  o seu nome no caderno, para que se saiba de quen é. (Poñer)

Non_____o que che teño que contar. (Crer)

____ cincuenta euros e agora disme que non. (Adiantar)

 

1.2.3

Constrúe doutro xeito esta frase empregando a preposición a:

Cando entrei, vós seguiades falando.

Está cos cóbados cruzados no postigo mirando quen pasa.

Non serán eles quen crucen a praza correndo.

Se queres unha taza de caldo, está fervendo na pota.

 

1.2.4.

Tedes reparado nos galeguimos desta oración “do castelán galego”: *Ando todo el día a correr y no doy hecho?

 

 

MAÑÁ CORRIXIMOS E PASAMOS A OUTRA PREPOSICIÓN

 

 

 

Anuncios

7 pensamientos en “1.2 AS PREPOSICIÓNS: A. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

  1. 1.2.1
    Esta tarde vou ao cinema que está ao lado da túa casa.
    Ás 10h agárdote para darnos un paseo. Non esquezas que ás 12h teño que ir a clase.
    Ao outro lado da rúa, crin ver un supermercado a man dereita.
    Ás veces é mellor non protestar e seguir ao que ías.
    1.2.2
    Ía dicirlle que calase, pero xa o fixo el.
    Ía poñerlle o seu nome no caderno, para que se saiba de quen é.
    Non vas crer o que che teño que contar.
    Ías adiantarme cincuenta euros e agora disme que non.
    1.2.3
    Cando entrei, vós seguiades a falar.
    Está nos cóbados cruzados no postigo a mirar quen pasa.
    Non serán eles quen crucen a praza a correr.
    Se queres unha taza de caldo, está a ferver na pota.
    1.2.4 
    Ando todo o día a correr e non dou feito!

  2. 1.2.1
    Esta tarde vou ao cinema que está ao lado da túa casa.
    Ás 10h agárdote para darnos un paseo. Non esquezas que ás 12h teño que ir á clase.
    Ao outro lado da rúa, crin ver un supermercado a man dereita.
    Ás veces é mellor non protestar e seguir ao que ías.

    1.2.2
    Íalle dicir que calase, pero e xa o fixo el.
    Voulle poñer o seu nome no caderno, para que se saiba de quen é.
    Non vas crer o que che teño que contar.
    Íasme adiantar cincuenta euros e agora disme que non.

    1.2.3
    Cando entrei, vós seguiades a falar.
    Está cos cóbados cruzados no postigo mirando quen está a pasar.
    Non serán eles quen crucen a praza a correr.
    Se queres unha taza de caldo, está a ferver na pota.

    1.2.4.
    *Ando todo el día a correr y no doy hecho?
    Siii…”ando a correr” e “no doy hecho”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s