2.2 AS PREPOSICIÓNS: DE. USOS E CONSTRUCCIÓNS. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

2.2.1 Transforma as oracións seguindo o exemplo:

-Había troitas no río? / -Inda había ben delas.

-Traes hoxe moitos deberes?

-Foi moita xente á verbena?

-Precisas moito cal para a parede?

-Gastan moito leite en facer manteiga?

-Saícha moito sangue do nariz?

-Botáronlle sal ao caldo?

 

2.2.2 Transforma as oracións seguindo o exemplo:

A un amigo del pasoulle o mesmo./ A un amigo de seu pasoulle o mesmo.

Unha cuñada nosa vive n’O Cebreiro.

Unha parente delas tamén se chamaba Andrea.

A finca grande é nosa.

As nosas bandeiras foron quedando atrás.

 

2.2.3

Completa as seguintes oracións de moto que estean ben construídas (Poden estar mal os pronomes. Cada * significa un erro):

**Infórmolle que hoxe se presenta un libro moi interesante.

*Estou segura que me daredes a razón.

* Dáme a sensación que hoxe fixo máis calor que onte.

**Tiña a impresión que non íaste portar ben.

 

2.2.4 Constrúe oracións condicionais seguindo o modelo: (Usa infinitivos conxugados e ten en conta a colocación do pronome átono se o houbese.

Se entras, pecha a porta./ De entrares, pecha a porta.

Se viñesen a tempo, atoparíannos na casa./

Se che pesa a caixa, déixaa que xa a iremos buscar nós.

Se vemos que se nos fai tarde, collemos un taxi.

 

2.2.5 Completa coa preposición de facendo as debidas contraccións.

Esta maleta non é nosa, que é __  eles.

__este lado do río hai menos árbores __ que pensabamos.

Cal _ os teus amigos foi quen te enganou falando __ parvadas?

Sei, __ algún xeito, que estás __ a nosa parte.

Saíron __ a casa e deixaron as chaves__o garaxe dentro.

Non saias __a aula sen pedir permiso por nada __ mundo.

 

CORRIXIREMOS O XOVES DÍA 2 PARA QUE POIDADES FACELAS CON CALMA.

 

Anuncios

5 pensamientos en “2.2 AS PREPOSICIÓNS: DE. USOS E CONSTRUCCIÓNS. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

  1. 2.2.1
    -Había troitas no río? / -Inda había ben delas.
    -Traes hoxe moitos deberes?/ -Pois che traio ben deles.
    -Foi moita xente á verbena?/ -Inda foi ben dela!—Precisas moito cal para a parede?/ Pois preciso ben dela.
    -Gastan moito leite en facer manteiga?/-Gástanche ben del.
    -Saícha moito sangue do nariz?/ – Sáeme ben del.
    -Botáronlle sal ao caldo?/ -Botáronlle ben del

    2.2.2
    -A un amigo del pasoulle o mesmo./ A un amigo de seu pasoulle o mesmo.
    -Unha cuñada nosa vive n’O Cebreiro./ -Unha cuñada de noso vive n’O Cebreiro.
    -Unha parente delas tamén se chamaba Andrea/ -Unha parente de seu tamén se chamaba Andrea.
    -A finca grande é nosa./ -A finca grande é de noso
    -As nosas bandeiras foron quedando atrás./ -As bandeiras de noso foron quedando atrás.

    2.2.3
    -Infórmoo de que hoxe se presenta un libro moi interesante.
    -Estou segura de que me daredes a razón.
    – Dáme a sensación de que hoxe fixo máis calor que onte.
    -Tiña a impresión de que non te ías portar ben.

    2.2.4
    Se entras, pecha a porta./ De entrares, pecha a porta.
    -Se viñesen a tempo, atoparíannos na casa./ De viren a tempo, atoparíannos na casa.
    -Se che pesa a caixa, déixaa que xa a iremos buscar nós./ De pesarche (ou de che pesar) a caixa, déixaa que xa a iremos buscar nós.
    -Se vemos que se nos fai tarde, collemos un taxi./ De vermos que se nos fai tarde, collemos un taxi

    2.2.5
    -Esta maleta non é nosa, que é deles.
    -Deste lado do río hai menos árbores dos que pensabamos.
    -Cal dos teus amigos foi quen te enganou falando daquelas parvadas?
    -Sei, dalgún xeito, que estás da nosa parte.
    -Saíron da casa e deixaron as chaves do garaxe dentro.
    -Non saias da aula sen pedir permiso por nada do mundo.

    Apertas…

  2. 2.2.1 Transforma as oracións seguindo o exemplo:
    -Había troitas no río? / -Inda había ben delas.
    -Traes hoxe moitos deberes? –Inda traigo ben deles
    -Foi moita xente á verbena? –Inda foi ben dela
    -Precisas moito cal para a parede? –Inda preciso ben del
    -Gastan moito leite en facer manteiga? –Inda gastan ben del
    -Saíache moito sangue do nariz? –Inda me saía ben del
    -Botáronlle sal ao caldo? –Inda lle botaron ben del

    2.2.2 Transforma as oracións seguindo o exemplo:
    A un amigo del pasoulle o mesmo. / A un amigo de seu pasoulle o mesmo.
    Unha cuñada nosa vive n’O Cebreiro. / Unha cuñada de noso vive n’O Cebreiro
    Unha parente delas tamén se chamaba Andrea. / Unha parente de seu tamén se chamaba Andrea
    A finca grande é nosa. / A finca grande é de noso
    As nosas bandeiras foron quedando atrás. / As bandeiras de noso foron quedando atrás

    2.2.3
    Completa as seguintes oracións de modo que estean ben construídas (Poden estar mal os pronomes. Cada * significa un erro):
    **Infórmolle que hoxe se presenta un libro moi interesante. / Infórmolle de que hoxe se presenta…
    *Estou segura que me daredes a razón. / Estou segura de que me daredes a razón
    * Dáme a sensación que hoxe fixo máis calor que onte. / Dame a sensación de que hoxe fixo calor
    **Tiña a impresión que non íaste portar ben. / Tiña a impresión de que non te ías portar ben

    2.2.4 Constrúe oracións condicionais seguindo o modelo: (Usa infinitivos conxugados e ten en conta a colocación do pronome átono se o houbese.
    Se entras, pecha a porta./ De entrares, pecha a porta.
    Se viñesen a tempo, atoparíannos na casa./ De viren a tempo, atoparíannos na casa
    Se che pesa a caixa, déixaa que xa a iremos buscar nós. / De pesaresche a caixa, déixaa que iremos nós
    Se vemos que se nos fai tarde, collemos un taxi. / De vermos que se nos fai tarde, collemos un taxi

    2.2.5 Completa coa preposición de facendo as debidas contraccións.
    Esta maleta non é nosa, que é deles.
    Deste lado do río hai menos árbores das que pensabamos.
    Cal dos teus amigos foi quen te enganou falando de parvadas?
    Sei, dalgún xeito, que estás da nosa parte.
    Saíron da casa e deixaron as chaves do garaxe dentro.
    Non saias da aula sen pedir permiso por nada do mundo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s