3.2. AS PREPOSICIÓNS: EN. USOS E CONSTRUCCIÓNS. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

3.2.1 Completa coa preposición en:

Acabastes de recoller as uvas? Andamos__ iso.

__esta casa non se fai así. __ a dela, que faga como queira.

Aí che queda o coche. Mete todo __ maleteiro e pon coidado que despois de ti non hai quen meta nada __el.

Aterraremos __ unhas dúas horas. __o voo seguinte retrasaremos algo menos que __este.

 

3.2.2 Escribe cada oración das outras dúas maneiras equivalentes:

-Cando chegues, pecha a porta e non lla abras a ninguén

Ao nos visitaren, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións.

En soltándose da corda, xa non hai quen os volva á corte.

 

3.2.3. Completa coa preposición “en”

Non vou tan cedo porque aínda han estar__ clase.

Non sei como podes aguantar sempre __ casa!

__aula de 6 B hai tantas nenas como nenos.

 

 

MAÑÁ FAREMOS A CORRECCIÓN.

5 thoughts on “3.2. AS PREPOSICIÓNS: EN. USOS E CONSTRUCCIÓNS. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

  1. Nesta casa non se fai así. Na dela, que faga como queira.
    Aí che queda o coche. Mete todo no maleteiro e pon coidado que despois de ti non hai quen meta nada nel.
    Aterraremos nunhas dúas horas. No voo seguinte retrasaremos algo menos que neste.

    Cando chegues, pecha a porta e non lla abras a ninguén
    – En chegando, pecha a porta e non lla abras a ninguén
    – Ao chegares, pecha a porta e non lla abras a ninguén

    Ao nos visitaren, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións.
    – En visitándonos eles, decidiremos se vos deixamos ir ou non de vacacións.
    – Cando eles nos visiten, decidiremos se vos deixamos ir ou non de vacacións

    En soltándose da corda, xa non hai quen os volva á corte.
    – Cando se soltan da corda, xa non hai quen os volva á corte.
    – Ao soltárense da corda, xa non hai quen os volva á corte.

    Non vou tan cedo porque aínda han estar na clase.
    Non sei como podes aguantar sempre na casa!
    Na aula de 6 B hai tantas nenas como nenos.

  2. 3.2.1
    -Acabastes de recoller as uvas? Andamos niso.
    -Nesta casa non se fai así. Na dela, que faga como queira.
    -Aí che queda o coche. Mete todo no maleteiro e pon coidado que despois de ti non hai quen meta nada nel.
    -Aterraremos nunhas dúas horas. No voo seguinte retrasaremos algo menos que neste.

    3.2.2
    -Cando chegues, pecha a porta e non lla abras a ninguén
    -En chegando, pecha a porta e non lla abras a ninguén
    -Ao chegar, pecha a porta e non lla abras a ninguén

    Ao nos visitaren, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións.
    -Cando nos visiten, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións
    -En visitándonos eles, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións

    En soltándose da corda, xa non hai quen os volva á corte.
    -Ao se soltaren da corda, xa non hai quen os volva á corte.
    -Cando se soltan da corda, xa non hai quen os volva á corte.

    3.2.3
    -Non vou tan cedo porque aínda han estar na clase.
    -Non sei como podes aguantar sempre na casa!
    -Na aula de 6 B hai tantas nenas como nenos.

    Apertas!

    • Non caera na conta de que no primeiro grupo do 3.2.2 “Ao chegar/ao chegares…” admite a fórmula conxugada ao ir diante unha preposición…só me fixara que tiña o mesmo suxeito que a pral.
      Vale.
      O de mandar o traballo, xa sabes que en facéndoo non me costa nada mandalo…ao contrario. A min váleme máis tamén…
      Apertas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s