4.2.1 Completa
Ía __ beiravía e vin que un coche se me botaba encima.
Se non me chego a enterar __ xornal de hoxe, nin se me pasaría__ cabeza que isto podía ocorrer.
Graciñas__ ovos. E non cho digo__ que custan, senón__ seu sabor.
__ celebración do santo de Hadrián, non me tes que pedir explicación ningunha.
El pelexaba __ _ meter na caixa e seu irmán __ _ botar fóra (Ollo. Hai dous ocos)
O que non vaia__ boas, vai__ malas.
4.2.2 Coloca acento diacrítico ao por que o deba levar:
-Vou por maragaridas para por un ramallete na mesa.
-E por riba vénme conque el non vai por os cartos para todo.
-Que sexa ou non sexa verdade non me vai por colorada.
-Por cartos que non quede. Se se pode por, tira para diante.
4.2.3 Completa
___ non me chamaches ao pasares? Puiden aforrar de ir soa.
Pois non cho fago ____ non me dá a gana. Así de claro.
Pau ___ bogas e pau__ non bogas.
Se che preguntan ___ non estás na lista, dilles que aínda te matriculaches onte.
Enfadouse comigo e gustaríame saber o ___.
4.2.4 Substitúe a oración subordinada causal pola construcción por+infinitivo, marcando as persoas no caso en que se lle poida poñer desinencia de conxugación.
-Non tes mellor nota porque non queres./
-Xa que mo contou, perdóollo./
-Posto que non parades quietos, acabouse a promesa: xa non ides.
-Estamos moi contentos porque aprobamos a oposición.
-Devolvéronlles o motor porque non funcionaba.
-Salvouse xa que os médicos atendérono moi axiña.
CORRIXIMOS O LUNS. BOA FINDE.
4.2.1 Completa
Ía pola beiravía e vin que un coche se me botaba encima.
Se non me chego a enterar polo xornal de hoxe, nin se me pasaría pola cabeza que isto podía ocorrer.
Graciñas polos ovos. E non cho digo polo que custan, senón polo seu sabor.
Pola celebración do santo de Hadrián, non me tes que pedir explicación ningunha.
El pelexaba por o meter na caixa e seu irmán por o botar fóra
O que non vaia polas boas, vai polas malas.
4.2.2 Coloca acento diacrítico ao por que o deba levar:
-Vou por maragaridas para pór un ramallete na mesa.
-E por riba vénme conque el non vai pór os cartos para todo.
-Que sexa ou non sexa verdade non me vai pór colorada.
-Por cartos que non quede. Se se pode pór, tira para diante.
4.2.3 Completa
Por que non me chamaches ao pasares? Puiden aforrar de ir soa.
Pois non cho fago porque non me dá a gana. Así de claro.
Pau porque bogas e pau porque non bogas.
Se che preguntan por que non estás na lista, dilles que aínda te matriculaches onte.
Enfadouse comigo e gustaríame saber o porqué.
4.2.4 Substitúe a oración subordinada causal pola construcción por+infinitivo (conxugado)
-Non tes mellor nota porque non queres. / Non tes mellor nota por non o quereres
-Xa que mo contou, perdóollo. / Por contarmo, perdóollo
-Posto que non parades quietos, acabouse a promesa: xa non ides. / Por non parardes quietos,..
-Estamos moi contentos porque aprobamos a oposición. / Estamos contentos por aprobarmos…
-Devolvéronlles o motor porque non funcionaba. / Devolvéronlles o motor por non funcionar
-Salvouse xa que os médicos atendérono moi axiña. / Salvouse por atendéreno moi axiña os médicos
Moi ben. Hai unha resposta non previsible pero está ben: “Non tes mellor nota por non o quereres”. É absolutamente válida.
Parabéns!
🙂 graciñas!
4.2.1
-Ía pola beiravía e vin que un coche se me botaba encima.
-Se non me chego a enterar polo xornal de hoxe, nin se me pasaría pola cabeza que isto podía ocorrer.
-Graciñas polos ovos. E non cho digo polo que custan, senón polo seu sabor.
-Pola celebración do santo de Hadrián, non me tes que pedir explicación ningunha.
-El pelexaba por o meter na caixa e seu irmán por o botar fóra.
-O que non vaia polas boas, vai polas malas.
4.2.2
-Vou por maragaridas para pór un ramallete na mesa.
-E por riba vénme conque el non vai pór os cartos para todo.
-Que sexa ou non sexa verdade non me vai pór colorada.
-Por cartos que non quede. Se se pode pór, tira para diante.
4.2.3
-Por que non me chamaches ao pasares? Puiden aforrar de ir soa.
-Pois non cho fago porque non me dá a gana. Así de claro.
-Pau porque bogas e pau porque non bogas.
-Se che preguntan por que non estás na lista, dilles que aínda te matriculaches onte.
-Enfadouse comigo e gustaríame saber o porqué.
4.2.4
-Non tes mellor nota porque non queres./-Non tes mellor nota por non quereres.
-Xa que mo contou, perdóollo./-Por mo contar, perdóollo
-Posto que non parades quietos, acabouse a promesa: xa non ides./-Por non parardes quietos, acabouse a promesa: xa non ides.
-Estamos moi contentos porque aprobamos a oposición./-Estamos moi contentos por aprobarmos a oposición.
-Devolvéronlles o motor porque non funcionaba./-Devolvéronlles o motor por non funcionar.
-Salvouse xa que os médicos atendérono moi axiña./-Salvouse polos médicos o atenderen moi axiña.
Apertas…
Perfecto. Parabéns!
😊😘😘