4.3 AS PREPOSICIÓNS: POR. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

4.3.1
-Ía pola beiravía e vin que un coche se me botaba encima.
-Se non me chego a enterar polo xornal de hoxe, nin se me pasaría pola cabeza que isto podía ocorrer.
-Graciñas polos ovos. E non cho digo polo que custan, senón polo seu sabor.
-Pola celebración do santo de Hadrián, non me tes que pedir explicación ningunha.
-El pelexaba por o meter na caixa e seu irmán por o botar fóra.
-O que non vaia polas boas, vai polas malas.

4.3.2
-Vou por maragaridas para pór un ramallete na mesa.
-E por riba vénme conque el non vai pór os cartos para todo.
-Que sexa ou non sexa verdade non me vai pór colorada.
-Por cartos que non quede. Se se pode pór, tira para diante.

4.3.3
-Por que non me chamaches ao pasares? Puiden aforrar de ir soa.
-Pois non cho fago porque non me dá a gana. Así de claro.
-Pau porque bogas e pau porque non bogas.
-Se che preguntan por que non estás na lista, dilles que aínda te matriculaches onte.
-Enfadouse comigo e gustaríame saber o porqué.

4.3.4
-Non tes mellor nota porque non queres./-Non tes mellor nota por non quereres.
-Xa que mo contou, perdóollo./-Por mo contar, perdóollo (Tamén… por contarmo…)
-Posto que non parades quietos, acabouse a promesa: xa non ides./-Por non parardes quietos, acabouse a promesa: xa non ides.
-Estamos moi contentos porque aprobamos a oposición./-Estamos moi contentos por aprobarmos a oposición.
-Devolvéronlles o motor porque non funcionaba./-Devolvéronlles o motor por non funcionar.
-Salvouse xa que os médicos atendérono moi axiña./-Salvouse polos médicos o atenderen moi axiña. (Tamén,  … polos médicos atendéreno…)

 

MAÑÁ TRABALLAREMOS CON OUTRA. ÁNIMO!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s