5.2.1 Completa coa preposición con tendo en conta as súas contraccións
-Ía ir ____ esa mañá, pero despois chamounos para dicir que ía __ curmán máis novo, que o levaba no coche.
-Traio sempre___ o carné de conducir polo que poida pasar.
– __ un ou __ outro recado, ti vén axiña. (OLLO coas palabras que parecen pero non son artigos)
-E veume __ historia de que non lle deixaran pasar porque ía __ mochila.
-Non quero verte máis __ gorra na cabeza.
-Non tiña nada. Casei __ man diante e __outra detrás.
-Foi__ neno e __nena.
5.2.2 Completa segundo o modelo
-Inda que se poña a estudar toda a noite, non aprenderá nada/ Con estudar toda noite non aprenderá nada.
-Con andar de aquí para aló, non che vai aparecer a chave./
-Por máis que saian de madrugada, non lles abonda o tempo./
-Con aumentarlle un palmo, non che cobre a mesa./
5.2.3 Completa este texto:
Pensamos___ o importante non é entrar__pé dereito, senón facer as cousas ben, __ interese que ti non nos mostras. Así que non nos veñas ___ fumes que non temos por que chos soportar__pacencia que tivemos sempre __. Estabas avisado __ amonestación e sabías __ procedente era ter moito coidado__ palabras que empregaras.__ non se xoga.
MAÑÁ CORREXIREMOS.
5.2.1
-Ía ir connosco esa mañá, pero despois chamounos para dicir que ía cun curmán máis novo, que o levaba no coche.
-Traio sempre comigo o carné de conducir polo que poida pasar.
–Con un ou con outro recado, ti vén axiña.
-E veume coa historia de que non lle deixaran pasar porque ía cunha mochila.
-Non quero verte máis cunha gorra na cabeza.
-Non tiña nada. Casei cunha man diante e coa outra detrás.
-Foi co neno e coa nena.
5.2.2
-Inda que se poña a estudar toda a noite, non aprenderá nada/ Con estudar toda noite non aprenderá nada.
-Con andar de aquí para aló, non che vai aparecer a chave./ Con andares de aquí para aló, non che vai aparecer a chave./
-Por máis que saian de madrugada, non lles abonda o tempo./ Con sairen de madrugada, non lles abonda o tempo
-Con aumentarlle un palmo, non che cobre a mesa./ Con aumentareslle un palmo, non che cobre a mesa.
5.2.3
Pensamos que o importante non é entrar co pé dereito, senón facer as cousas ben, cun interese que ti non nos mostras. Así que non nos veñas cos fumes que non temos por que chos soportar coa pacencia que tivemos sempre contigo. Estabas avisado coa amonestación e sabías que o procedente era ter moito coidado coas palabras que empregaras. Connosco non se xoga.
5.2.1
-Ía ir connosco esa mañá, pero despois chamounos para dicir que ía co curmán máis novo, que o levaba no coche.
-Traio sempre comigo o carné de conducir polo que poida pasar.
– Con un ou con outro recado, ti vén axiña.
-E veume coa historia de que non lle deixaran pasar porque ía coa mochila.
-Non quero verte máis coa gorra na cabeza.
-Non tiña nada. Casei cunha man diante e coa outra detrás.
-Foi co neno e coa nena.
5.2.2
-Inda que se poña a estudar toda a noite, non aprenderá nada/ Con estudar toda noite non aprenderá nada.
-Con andar de aquí para aló, non che vai aparecer a chave./Por moito que andes de aquí para aló, non che vai aparecer a chave. (Non sería “Con andares”…?)
-Por máis que saian de madrugada, non lles abonda o tempo./Con saíren de madrugada, non lles abonda o tempo.
-Con aumentarlle un palmo, non che cobre a mesa./Por moito que lle aumentes un palmo, non che cobre a mesa.(Non sería tamén “Con lle aumentares”…)
5.2.3
Pensamos que o importante non é entrar co pé dereito, senón facer as cousas ben, cun interese que ti non nos mostras. Así que non nos veñas con fumes que non temos por que chos soportar coa pacencia que tivemos sempre contigo. Estabas avisado cunha amonestación e sabías que o procedente era ter moito coidado coas palabras que empregaras. Connosco non se xoga.
Apertas
Si, Luz. O uso do infinitivo conxugado está moi ben empregado nestas construccións e eu recomendo usalo. Non obstante, sendo moi recomendable, non é obrigatorio. Este tema do infinitivo íao dar por resolto e, dalgún xeito, tamén quería que se vise que non é falta, non sendo o máis recomendable. Graciñas pola túa atención e aprendizaxe crítica. Parabéns!
Certo, xa o tes dito.
Grazas a ti, xa sabes…