3.3 AS PREPOSICIÓNS: EN. USOS E CONSTRUCCIÓNS. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Antes de nada, recomendo que con todas estas preposicións cando se empregan co infinitivo se conxugue nas persoas que teñen desinencia para el (2ª do singular e as tres do plural). É o caso de uso mois frecuente e non podemos desperdícialo.

 

3.2.1
-Acabastes de recoller as uvas? Andamos niso.
-Nesta casa non se fai así. Na dela, que faga como queira.
-Aí che queda o coche. Mete todo no maleteiro e pon coidado que despois de ti non hai quen meta nada nel.
-Aterraremos nunhas dúas horas. No voo seguinte retrasaremos algo menos que neste.

3.2.2
-Cando chegues, pecha a porta e non lla abras a ninguén
-En chegando, pecha a porta e non lla abras a ninguén
-Ao chegares, pecha a porta e non lla abras a ninguén

Ao nos visitaren, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións.
-Cando nos visiten, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións
-En visitándonos eles, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións

En soltándose da corda, xa non hai quen os volva á corte.
-Ao se soltaren da corda, xa non hai quen os volva á corte.
-Cando se soltan da corda, xa non hai quen os volva á corte.

3.2.3
-Non vou tan cedo porque aínda han estar na clase.
-Non sei como podes aguantar sempre na casa!
-Na aula de 6 B hai tantas nenas como nenos.

 

MAÑÁ POÑEREMOS OUTRA

3.2. AS PREPOSICIÓNS: EN. USOS E CONSTRUCCIÓNS. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

3.2.1 Completa coa preposición en:

Acabastes de recoller as uvas? Andamos__ iso.

__esta casa non se fai así. __ a dela, que faga como queira.

Aí che queda o coche. Mete todo __ maleteiro e pon coidado que despois de ti non hai quen meta nada __el.

Aterraremos __ unhas dúas horas. __o voo seguinte retrasaremos algo menos que __este.

 

3.2.2 Escribe cada oración das outras dúas maneiras equivalentes:

-Cando chegues, pecha a porta e non lla abras a ninguén

Ao nos visitaren, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións.

En soltándose da corda, xa non hai quen os volva á corte.

 

3.2.3. Completa coa preposición “en”

Non vou tan cedo porque aínda han estar__ clase.

Non sei como podes aguantar sempre __ casa!

__aula de 6 B hai tantas nenas como nenos.

 

 

MAÑÁ FAREMOS A CORRECCIÓN.

3.1 AS PREPOSICIÓNS: EN. USOS E CONSTRUCCIÓNS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

3.1.1

A preposición “en” ten varios usos. Contrae coa mesma clase de palabras que “de”, perdendo ambas a súa vogal “e”.

Segundo o Dicionario da Real Academia Galega, expresa:

Lugar

Vivo en Lugo.

Meteunos no caixón. Foi caer nun focho. Vai na vila.

Tempo

Caso en agosto.

Chegou en dúas horas.

Modo, materia, medio, instrumento, prezo.

Está feito en escaiola.

Veu en autobús.

Deixouno en tres euros.

Quedou en branco.

Algunhas veces equivale a por.

Coñecino no andar.

Con certos verbos, en estruturas transitivas, indica o proceso do verbo considerado na súa duración ou desenvolvemento, por oposición a un proceso rematado.

Andaba buscando na roupa.

 

OBSERVACIÓNS: A preposición en contrae coas seguintes clases de palabras, dando as formas que se expresan:

  1. a) Co artigo determinado (o, a, os, as): no, na, nos, nas.
  2. b) Co artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas): nun, nunha, nuns, nunhas.
  3. c) Coas formas tónicas do pronome persoal de terceira persoa (el, ela, eles, elas): nel, nela, neles, nelas.
  4. d) Cos demostrativos (este, ese, aquel, estoutro, esoutro, aqueloutro…): neste, nese, naquel, nestoutro, nesoutro, naqueloutro…
  5. e) Cos indefinidos algún e outro: nalgún, noutro..

 FRASES E EXPRESIÓNS CON en

En + xerundio: indica acción acabada.

En facendo o labor deitareime un anaco.

En + por + pronome: indica que o suxeito ten ou fai algo por si mesmo.

Levaba todas as terras en por el.

 

3.1.2

Hai un xiro moi propio do galego que se constrúe cos verbos andar e estar, e indica “estar inmerso nunha ocupación ou traballo”:

Anda nas patacas.

Sempre está nas verzas.

É madeirista porque andou toda a vida na madeira.

 

3.1.3  

En+xegundio constitúe oracións temporais. As tres oracións seguintes son equivalentes:

En chegando, chámame

Ao chegares, chámame.

Cando chegues, chámame.

 

3.1.4

Fíxate nestas expresións galegas:

 

Estar NA casa.

Etrar NA clase.

Mostrarse atenta NA aula.

 

 

MAÑÁ PROPOÑEMOS ACTIVIDADES

 

 

 

 

2.3 AS PREPOSICIÓNS: DE. USOS E CONSTRUCCIÓNS. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

2.3.1
-Había troitas no río? / -Inda había ben delas.
-Traes hoxe moitos deberes?/ -Pois traio ben deles./ #Pois tráioche ben deles. (ESTA ÚLTIMA É UNHA SOLUCIÓN OPCIONAL MOI BEN FEITA QUE IMPLICA O USO DUN PRONOME DE SOLIEDARIDADE DOS QUE XA FALAMOS E VOLVEREMOS FALAR)
-Foi moita xente á verbena?/ -Inda foi ben dela!

-Precisas moito cal para a parede?/ Pois preciso ben del. (Este “cal” é masculino)
-Gastan moito leite en facer manteiga?/-Gastan ben del / #Gástanche ben del.
-Saéche moito sangue do nariz?/ – Sáeme ben del.
-Botáronlle sal ao caldo?/ -Botáronlle ben del.

2.3.2
-A un amigo del pasoulle o mesmo./ A un amigo de seu pasoulle o mesmo.
-Unha cuñada nosa vive n’O Cebreiro./ -Unha cuñada de noso vive n’O Cebreiro.
-Unha parente delas tamén se chamaba Andrea/ -Unha parente de seu tamén se chamaba Andrea.
-A finca grande é nosa./ -A finca grande é de noso
-As nosas bandeiras foron quedando atrás./ -As bandeiras de noso foron quedando atrás.

2.3.3
-Infórmoo/infórmoa de que hoxe se presenta un libro moi interesante.
-Estou segura de que me daredes a razón.
– Dáme a sensación de que hoxe fixo máis calor que onte.
-Tiña a impresión de que non te ías portar ben.

2.3.4
Se entras, pecha a porta./ De entrares, pecha a porta.
-Se viñesen a tempo, atoparíannos na casa./ De viren a tempo, atoparíannos na casa.
-Se che pesa a caixa, déixaa que xa a iremos buscar nós./ De pesarche (ou de che pesar) a caixa, déixaa que xa a iremos buscar nós (ou que xa iremos nós buscala).
-Se vemos que se nos fai tarde, collemos un taxi./ De vermos que se nos fai tarde, collemos un taxi

2.3.5
-Esta maleta non é nosa, que é deles.
-Deste lado do río hai menos árbores das que pensabamos. (Árbore é palabra feminina)
-Cal dos teus amigos foi quen te enganou falando daquelas parvadas?
-Sei, dalgún xeito, que estás da nosa parte.
-Saíron da casa e deixaron as chaves do garaxe dentro.
-Non saias da aula sen pedir permiso por nada do mundo.

 

MAÑÁ SEGUIREMOS COA SEGUINTE PREPOSICIÓN: EN.