Quíxenlle moito a unha nena,
a unha nena maïanha.
Ela non me quixo a min,
morena e salada. Non lle deu a gana.
Non lle deu a gana.
Non lle deu a gana.
Ai la la la la le lo.
Ai la la la la laa.
Como son da Maía
son maïanhe
e un fungueiro, morena,
levo na manhe.
Levo na man, morena,
Levo na manhe,
por se á porta da eira
me botas o canhe.
14.1.1
Temos nesta cántiga popular exemplos de colocación de pronomes átonos, que é do que vimos falando.
-Nas oracións simples –e coordinadas, que actúan como simples- o pronome átono vai detrás de seu verbo e unido a el. Sendo esta a norma, as execepcións son moi abondosas.
-A primeira gran excepción son as oracións negativas, con adverbio (non, nin, nunca, xamais, tampouco) ou con pronomes ou determinantes de valor negativo: nada, ninguén, ningún…
-A segunda excepcións son as oracións introducidas por unha partícula interrogativa: que, quen, cando, como, por que, canto… (que non levan acentro ortográfico). Na cantiga non temos este exemplo, pero traballámolo na unidade anterior.
-A terceira excepción son as oracións subordinadas, é dicir, as que forman parte dunha oración principal: Levo(o) na man (oración principal), por se a porta da eira me botas o can. (Oración subordinada que indica unha circunstancia de prevención)
14.1.2
Aparece nesta cántiga un a e un e ao final de palabras agudas que é propio da lingua oral. Mais, cando se quere reproducir na escrita, utilízase para representalo o dígrafo nh que. Como na palabra unha, indica que debemos cortar a sílaba que acaba en n e non unila co e. Silabeando: ma-ï-an-ha/ma-ï-an-he .
Vemos tamén un signo de puntuación non habitual nesta palabra: a diérese. Con ela evitamos que ese i se una á coa vogal seguinte. Sen a diérese nin o h a palabra leríase: ma-ia-ne. É pouco frecuente na escrita, pero cómpre que o coñezades e saibades para que é.
14.1.3
Transforma segundo o modelo, usando en todas as subordinadas o verbo dicir:
Dámo/ Dígoche que mo deas.
Cómpramo.
Lévamos.
Contéstame.
Ofrécellelos.
Cómpralla.
14.1.4
Transforma segundo o modelo:
Non me me veu o sono/ Veume o sono
Non vos dei atopado.
Non me preguntes de onde o saquei.
Non lles quería botar a culpa.
Non o fagas antes de saír.
MAÑÁ CORRIXIMOS E AVANZAMOS ALGO MÁIS NA SOBORDINADAS, QUE TEÑEN ALGUNHA EXCEPCIÓN COMO VEREMOS.