3.2. TRASMALLO NA REDE. ERROS. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

3.2.1

Cada vez que vemos un prato destes, vénnos á cabeza o desexo de meterlles o dente. ( Tamén “…de  lles metermos o dente./… de metérmoslles o dente”, se usamos o infinitivo conxugado.
Os fillos teñen moitos amigos e preséntanchos.
…sen deter a sua marcha,…bica a praia..e vaise….
Tedes que facer un agasallo e aínda non tedes moi claro que mercar? Pasade pola nosa tenda! Hai de todo.
O presidente estadounidense levaba o billete para pagar uns mojitos e algunha tapa típica.
…estaban no xardín pero o tempo acábaas.
Se andas por Lugo non perdas o recital de poesía.
Como se bota en falta o noso irmán.
Onde as dan, tómanas.
Para iso, o alumnado de 1º montará 3 zonas de atención ao público.
Fixéronnos chorar,fixéronnos pasar frio, mandáronnos á merda …
Sempre a leamos do ben que o pasamos.
Perdín a feira do cocido do ano pasado por estar de viaxe.
…moita falta me fan estes libros.

Podedes visitar calquera das zonas a partir das 12:00h. e por suposto que lles gustaría que viñerades acompañdos/as por quen vós estimedes oportuno.
Non perdades esta tan interesante actividade
Os intelectuais pretenden que se entendan./ … ser entendidos.
Véselles o raseiro plumeiro…son do peoriño…
Pero…, iso vótase?
…síntoo, mais se che dan este premio, obrígate a falar en galego, aínda que sexa mal.

 

3.1. TRASMALLO NA REDE. ERROS.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

3.1.1

En todas estas oracións hai erros. Trata de localizalos e corrixilos. Quen seguides as unidades, teriades que saber corrixilos todos: pronomes, usos, colocacións e verbos. Sorte.

 

*Cada vez que vemos un prato destes, se nos vén á cabeza o desexo de lle meter o dente.

*Os fillos teñen moitos amigos e chos presentan.

*…sin deter a sua marcha,…bica a praia..e se vai….

*Tedes que facer un agasallo e aínda non tedes moi claro que mercar? Pasádevos pola nosa tenda! Hai de todo.

*O presidente estadounidense levaba o billete para pagarse uns mojitos e algunha tapa típica.

*…estaban no xardín pero o tempo as acaba.

*Si andas por Lugo non te perdas o recital de poesía.

*Como bótase en falta ao noso irmán.

*Onde as dan, as toman.

*Para elo, o alumnado de 1º montaran 3 zonas de atención ao público.

*Nos fixeron chorar,nos fixeron pasar frio, nos mandaron a merda …

*Sempre a leamos do ben que nolo pasamos.

*Perdinme a feira do cocido do ano pasado por estar de viaxe.

*…moita falta fanme estes libros.

*Podeis visitar calquera das zonas a partires das 12:00h.  e por suposto que les gustaría que veñades acompañdos/as por quen vós estimes oportuno.

*Non vos perdades esta tan interesante actividad.

*Os intelectuais pretenden que se lles entenda.

*Se lles ve o raseiro plumeiro…son do peoriño…

*Pero…, iso se vota?

*…o sinto, mais se che dan este premio, obriga a falar en galego, aínda que sexa mal.

 

CORREXIRÉMOS A ACTIVIDADE MAÑÁ POLA NOITE.

TRASMALLO NA REDE.2

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

2.1 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES CON EXPLICACIÓNS DE CADA ERRO.

 

2.1.1-Denuncian que a Xunta se nega a medir os niveis de radón nos seus edificios “por aforrar entre 80 e 230 euros”

(Sobra un “se” que pertence a eses pronomes que non se utilizan en galego)

 

2.1.2.-Que noxo!!!

(Os interrogativos e admirativos non levan acento ortográfico nunca)

 

2.1.3.-Andamos niso, si!!!

(Non existe o pronome “elo” nin leva acento gráfico a palabra si, nin con este significado nin como pronome tónico)

 

2.1.4-Hortensia, regalaronme dous pares. Queres un?

(A colocación do pronome átono xeralmente é tras do seu verbo e pegado a el. Non hai ningunha excepción neste caso)

 

2.1.5.-Para iso, poderías enviarme unha fotografía túa que che guste e se queres unhas breves notas biográficas.

(Non existe o pronome “elo”)

 

2.1.6.-A protagonista da novela enfróntase a unha crise amorosa.

(A colocación do pronome átono xeralmente é tras do seu verbo e pegado a el. Non hai ningunha excepción neste caso)

 

2.1.7.-Ó/Ao termos ( nosoutros) unha memoria tan corta e unha perspectiva da distancia tan pequena.

(Ó/ao, poden usarse as dúas formas. O infinitivo conxugado ten diferentes formas para as diferentes persoas. A que corresponde a nosoutros é ter(mos). Precisamente, as formas do infinitivo conxugado son para recoñecer o suxeito, co que xa non sería preciso o uso do pronome. A conxunción copulativa é sempre “e” aínda na pronuncia ante vocal pode converterse nun “i semiconsoante”)

 

2.2.O LUNS CONTINUAREMOS TRABALLANDO OS PRONOMES SOBRE UN REFRÁN POPULAR.  BOA FINDE.

TRASMALLO NA REDE 1

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Estes días fun pescando na rede estes erros ortográficos, morfosintáctios, que son máis frecuentes do que me gustaría. Todas as frases están mal escritas, mal construídas ou ambas cousas a un tempo. Por iso van sinalizadas con *.  Algunhas cousas foron repasadas recentemente e outras están en leccións anteriores. Mirade atentamente e facede as correccións que creades oportunas. Logo, coa corrección, daremos explicación a todos estes fenómenos.

 

-*Denuncian que a Xunta se nega a medir os niveis de radón nos seus edificios “por aforrarse entre 80 e 230 euros”

 

-*Qué noxo!!!

 

-*Andamos nélo sí!!!

 

-*Hortensia, me regalaron dous pares. Queres un?

 

-*Para elo poderías enviarme unha fotografía túa que che guste e se queres unhas breves notas biográficas.

 

-*A protagonista da novela se enfronta a unha crise amorosa

 

-*Ó teren nosoutros unha memoria tan corta y unha distancia tan pequena…