20. 1 CASTELANISMOS SINTÁCTICOS. OS PRONOMES. USO E COLOCACIÓN. PRÁCTICA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Aquí tes unha relación de oracións mal construídas, verbo dos pronomes: ou non son os debidos, ou non están escritos con acento por ser tónicos, ou están descolocados. Son sacados da rede e deron orixe a este blogue.

 

É A PRIMEIRA ENTREGA DO TRASMALLO QUE OS PESCOU. TERÁS OCASIÓN DE PRACTICAR TODO O APRENDIDO. ESCRÍBEAS EN GALEGO COMO DEBEN ESTAR.

 

Teño unha amiga que esperame para merendar.

Se supon que xa van protexidas

Vai ser cousa dos da parroquia do lado que fixéronse fortes

Eu o dicía pola saia que prestáchesme.

É que non decatouse de que os da zona do Norte somos pobres.

O que pasoulle a esta cubana falando galego na Renfe ourensá.

Son novas rúas que vanse abrindo na cidade.

A colada ma levo posta e o ben que me senta.

O outro día emocionoume que unha persona despois de 60 no estranxeiro, falándolle en galego, respondéseme en galego tamén.

O fixeron a unha velocidade de relustro.

Así llelo trato de facer comprender ao meu colega.

Mo sacaches da boca.

Nos a toleramos e a comprendemos.

Aínda haberá galegos que voten aos que botan a nosa mocidade á deportación e exilio. Os maldigo.

Cando a inxustiza chama á túa porta non pregunta a quen lle votaches.

Cando chego á porta do baño dun bar, xa vou preparada para atoparme de todo.

Creo que pronto envíoche fotos da miña excursión

Eu sempre dígolle o mesmo.

Se vai por onde andedes non vola perdades.

 

15.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Véxoche mala cara.
Véxolle a luz da galería.
Vexolles a intención que traen de me engañaren.
Pedinvos que me sacarades o billete do bus.
Rogáronme chegar puntual á cita.
15.2.1
Marca o núcleo do predicado principal que é común a estas oracións.
Vexo
Vexo
Vexo
Pedín
Rogaron
15.2.2
¿Hai verbos que non son o predicado principal? ¿Teñen eles o seu complemento directo?
. Traen/ O seu C.D. sería o propio nexo que, porque é un pronome (relativo) e substitúe a intención.
.Sacarades/ o billete de bus (de bus é un complemento do C.D. O núcleo é billete)
15.2.3
Substitúe nas oracións do primeiro exercicio o complemento directo do verbo principal por cadanseu pronome. Exemplo: Véxocha.
Véxocha.
Véxolla.
Véxollela.
Pedínvolo.
Rogáronmo.

15.2.4
¿Que pasa ao faceres esta substitución?
Que se contraen os pronomes que fan de C.I. e C.D.
15.2.5
Converte en oracións negativas as oracións que che resulten no exercicio anterior.
Non cha vexo.
Non lla vexo.
Non llela vexo.
Non volo pedín.
Non mo rogaron.

15.2.6
¿Que acontece ao faceres esta conversión?
Que o pronome pasa para diante do verbo na oración negativa.
15.2.7
Marca os complementos circunstanciais destes predicados:
Cociñaba as lentellas no microondas./ No microondas
Esta tarde paseei polos xardíns./ Polos xardíns
Criselda corre todas as tardes./ Todas as tardes
Sempre deixo o ordenador riba da mesa./ Riba da mesa

14.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

Foto0012

 

14.2.1 Divide estas oracións en suxeito e predicado:

SUXEITO: O Camiño Francés
PREDICADO na súa entrada na capital galega, debería ser un espazo máis protexido.

SUXEITO: Non ten. É unha oración impersoal construída co verbo haber, moi frecuentes. Por iso non concorda HOUBO con VARIAS DECLARACIÓNS, o primeiro en singular e o segundo en plural.

PREDICADO. En Raxoi houbo varias declaracións de representantes políticos.
SUXEITO: Máis dun centenar de axentes da Policía Nacional
PREDICADO: Concentráronse onte na Coruña.
SUXEITO: A oferta de prazas e taxas. (É como un suxeito paciente, pois o pronome aquí fai funcionar o verbo como en voz pasiva)
PREDICADO: Aprobouse tamén.
14.2.2.

¿Cales dos seguintes núcleos verbais son perífrases?

Non admitiu que se puxese en dúbida a súa palabra.

Esta mañá empezou a chover a rolos.

Temos que coidar máis o medio ambiente.

Esta mañá volveu soar a campá de forma estraña.

Se queres, ímonos divertir ao San Froilán no próximo outubro. (Nesta oración o verbo ir ten significado: desprazarse.)
14.2.3.

Transforma estas oracións segundo o modelo:

Teño que facelo/ Téñoo que facer/ Non o teño que facer/ Teño que o facer.
Debeu de levalas pero non estou segura/ Debeunas de levar…/ Non as debeu de levar…Non deben de levalas
Está empezando a mentirche/ Estache empezando a mentir/ Non che está empezando a mentir./ Está empezando a che mentir.
Houbo que buscarvos/ Hóubovos que buscar./ Non vos houbo que buscar./ Houbo que vos buscar.

 

 

 

 

9.2. CORRECCIÓN DAS ACTIVIDADES

 

IMG_0218

 

3.1. ¿Tes ti conciencia de utilizar este  pronome ou sequera de telo oído? Se a resposta é negativa, procura fixarte de agora en adiante e descubriralo axiña.

 

3.2. Trata de recoñecer os pronomes de solidariedada que aparecen aquí:

.Isto non che me gusta nada.

.O río quédachenos ben lonxe.

.O libro quédache aquí. (Este che fai relación a ti, ten sentido na frase e é un obxecto indirecto)

.Aquilo de que o barato de balde é caro resúltachevos ben certo.

.Se entra ou sae de noite, non che me vai nin che me ven.

.Ten coidado con poñer as comas, que as comas son o demo. Aquí non hai.

.Síntoo,pero estouvos unha miguiña sarcástico hoxe, esta tarde.

 

3.3. Trata de engadilo nesta conversa sempre que poidas facelo:

-¿Vai vir o electrista esta tarde? (Se poñemos un che, volve ser o caso que apunto antes: ten significado e é obxecto indirecto)

-Eu diso non che sei nada nin me importa. Es ti quen leva o mantemento da instalación.

-¿Pero non quedamos en que o ías avisar?

-¿Eu? Non che me acordo de nada. Sonche cousas túas.

-Es ben inútil, hom.

-Coidadiño que eu non che ando con chiquitas. Así que non me insultes.

 

2.2 CORRECCIÓN DAS ACTIVIDADES

 

IMG_0305a

2.2.1 Reescribe os versos de Rosalía reconstruíndo as letras que deberan figurar, sen fixarte de momento nos castelanismos.

 

Dábanse bicos as pombas,

voaban as anduriñas,

xogaba o vento coas herbas

pobradas de margaridas,

i as lavandeiras cantaban

mentras afonte corría.

 

 

2.2.2 Reescribe o diálogo substituíndo o pronome pola palabra cámara.

 

-¿E el tes a cámara xa? (…te-la cámara)

-Ter a cámara, ter a cámara non. Pero terei a cámara. Vou mercar a cámara esta tarde. (Te-la cámara…)

-¿Vas  mercar a cámara estar tarde?  (Vas merca-la cámara…)

-Iso espero. Xa che escribo cando traia a cámara.

-Vale. E como non nos prestes a cámara, non che volvo falar. (…non nos preste-la cámara)

 

Fíxate en que, cando o pronome se converte en artigo, hai dúas maneiras de escribilo. En ambos casos, a pronuncia é igual que se levara o l: (telacámara será como se pronuncia en ambos casos)

 

2.2.3 ¿Que letras tiveches que modificar? ¿Foron todas as modificacións substitucións ou houbo algún outro cambio?

 

Cambiar o l por r ou s ou colocar un guión. Engadir un n cando ía diante un diptongo do verbo. Hai tamén cambios de colocación.

 

2.2.3 ¿Cantas formas alomorfas (diferentes) atopaches do pronome a?

 

a/la/na

 

 

 

 

 

 

HOMENAXE A ROSALÍA NO 177 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

“…Mais a miña infeliz patria, tan desventurada nesto como en todo o máis, tense que contentar cunhas páxinas frías e insulsas, que apenas serían dinas de achegarse de lonxe ás portas do Parnaso como non fose polo nobre sentimento que as creou. ¡Que esto mesmo me sirva de disculpa pra os que xustamente quirtiquen as miñas faltas, pois penso que o que se esforza por desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente á súa patria, é acreedore a algunha indulxencia!…”

Do prólogo de Cantares gallegos (1863)

6. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

  1. Veume visitar esta mañá.

 

Reescribe esta oración substuíndo o pronome me polos de todas todas as persoas gramaticais en singular e plural.

 

-Veute visitar esta mañá.

-Veuna/veuno visitar…

-Veunos visitar…

-Veuvos….

-Veunos/veunas…

 

Son os obxectos directos.

 

  1. Duplica os sintagmas subliñados co pronome  correspondente:

 

-Laura mirou as botas a Rosa con envexa.

Laura miroulle as botas a Rosa con envexa.

 

-Xoán e Andrea levaron unhas cereixas a seus curmáns.

Xoán e Andrea leváronlles unhas cereixas a seus curmáns.

 

-Lino botou unhas flores de louvanza ao teu discurso.

Lino botoulle unhas flores de louvanza ao teu discurso.

 

-Ela acabou a conferencia dando as grazas a Leandro

Ela acabou a conferencia dándolle as grazas a Leandro.

 

 

  1. Converte estas oracións en impersoais utilizando o pronome se co menos número de palabras sen omitir información.

 

-Vedemos viño do país todo o ano

Véndese viño do país todo o ano.

-Servimos empenadas a domicilio.

Sérvese empanada a domicilio.

-Facemos año asado por encarga.

Facemos año asado por encarga./ Asamos año por encarga.

-Son unha moza que se ofrece para axudar en traballos domésticos.

Ofrécese moza para traballos domésticos.

-Non permitimos botar lixo aquí.

Non se permite botar lixo./ Prohíbese botar lixo.

 

  1. Coloca acento nos pronomes que deben levalo.

 

Non nos chegou o libro que vos tiñamos encargado. Cando nolo remitades, avisarémosvos de que nos chegou. ¿Ou é que xa vos esquecestes de nós? A nós cústanos entender que vós poidades tardar tanto en nos servir un pedido que vos fixemos hai xa tanto tempo sendo vós tan bulideiros no traballo. ¿Lembrádesvos de cando foi o pedido? Nós temos como máxima que ninguén se burla de nós e vós estádesnos tardando moito tempo, é dici, estades tomándonos o pelo.