5.2 AS PROPOSICIÓNS: CON. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

5.2.1 Completa coa preposición con tendo en conta as súas contraccións

-Ía ir ____ esa mañá, pero despois chamounos para dicir que ía __ curmán máis novo, que o levaba no coche.

-Traio sempre___ o carné de conducir polo que poida pasar.

– __ un ou __ outro recado, ti vén axiña. (OLLO coas palabras que parecen pero non son artigos)

-E veume __ historia de que non lle deixaran pasar porque ía __ mochila.

-Non quero verte máis __ gorra na cabeza.

-Non tiña nada. Casei __ man diante e __outra detrás.

-Foi__ neno e __nena.

 

5.2.2 Completa segundo o modelo

-Inda que se poña a estudar toda a noite, non aprenderá nada/ Con estudar toda noite non aprenderá nada.

-Con andar de aquí para aló, non che vai aparecer a chave./

-Por máis que saian de madrugada, non lles abonda o tempo./

-Con aumentarlle un palmo, non che cobre a mesa./

 

5.2.3 Completa este texto:

Pensamos___ o importante non é entrar__pé dereito, senón facer as cousas ben, __ interese que ti non nos mostras. Así que non nos veñas ___ fumes que non temos por que chos soportar__pacencia que tivemos sempre __. Estabas avisado __ amonestación e sabías __ procedente era ter moito coidado__ palabras que empregaras.__ non se xoga.

 

MAÑÁ CORREXIREMOS.

4.2 AS PREPOSICIÓNS: POR. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

4.2.1 Completa

Ía __ beiravía e vin que un coche se me botaba encima.

Se non me chego a enterar __ xornal de hoxe, nin se me pasaría__ cabeza que isto podía ocorrer.

Graciñas__ ovos. E non cho digo__ que custan, senón__  seu sabor.

__ celebración do santo de Hadrián, non me tes que pedir explicación ningunha.

­­­El pelexaba __ _ meter na caixa e seu irmán __ _ botar fóra (Ollo. Hai dous ocos)

O que non vaia__ boas, vai__ malas.

 

4.2.2 Coloca acento diacrítico ao por que o deba levar:

-Vou por maragaridas para por un ramallete na mesa.

-E por riba vénme conque el non vai por os cartos para todo.

-Que sexa ou non sexa verdade non me vai por colorada.

-Por cartos que non quede. Se se pode por, tira para diante.

 

4.2.3 Completa

___ non me chamaches ao pasares? Puiden aforrar de ir soa.

Pois non cho fago ____ non me dá a gana. Así de claro.

Pau ___ bogas e pau__ non bogas.

Se che preguntan ___ non estás na lista, dilles que aínda te matriculaches onte.

Enfadouse comigo e gustaríame saber o ___.

 

4.2.4 Substitúe a oración subordinada causal pola construcción por+infinitivo, marcando as persoas no caso en que se lle poida poñer desinencia de conxugación.

-Non tes mellor nota porque non queres./

-Xa que mo contou, perdóollo./

-Posto que non parades quietos, acabouse a promesa: xa non ides.

-Estamos moi contentos porque aprobamos a oposición.

-Devolvéronlles o motor porque non funcionaba.

-Salvouse xa que os médicos atendérono moi axiña.

 

 

CORRIXIMOS O LUNS. BOA FINDE.

3.2. AS PREPOSICIÓNS: EN. USOS E CONSTRUCCIÓNS. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

3.2.1 Completa coa preposición en:

Acabastes de recoller as uvas? Andamos__ iso.

__esta casa non se fai así. __ a dela, que faga como queira.

Aí che queda o coche. Mete todo __ maleteiro e pon coidado que despois de ti non hai quen meta nada __el.

Aterraremos __ unhas dúas horas. __o voo seguinte retrasaremos algo menos que __este.

 

3.2.2 Escribe cada oración das outras dúas maneiras equivalentes:

-Cando chegues, pecha a porta e non lla abras a ninguén

Ao nos visitaren, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións.

En soltándose da corda, xa non hai quen os volva á corte.

 

3.2.3. Completa coa preposición “en”

Non vou tan cedo porque aínda han estar__ clase.

Non sei como podes aguantar sempre __ casa!

__aula de 6 B hai tantas nenas como nenos.

 

 

MAÑÁ FAREMOS A CORRECCIÓN.

2.2 AS PREPOSICIÓNS: DE. USOS E CONSTRUCCIÓNS. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

2.2.1 Transforma as oracións seguindo o exemplo:

-Había troitas no río? / -Inda había ben delas.

-Traes hoxe moitos deberes?

-Foi moita xente á verbena?

-Precisas moito cal para a parede?

-Gastan moito leite en facer manteiga?

-Saícha moito sangue do nariz?

-Botáronlle sal ao caldo?

 

2.2.2 Transforma as oracións seguindo o exemplo:

A un amigo del pasoulle o mesmo./ A un amigo de seu pasoulle o mesmo.

Unha cuñada nosa vive n’O Cebreiro.

Unha parente delas tamén se chamaba Andrea.

A finca grande é nosa.

As nosas bandeiras foron quedando atrás.

 

2.2.3

Completa as seguintes oracións de moto que estean ben construídas (Poden estar mal os pronomes. Cada * significa un erro):

**Infórmolle que hoxe se presenta un libro moi interesante.

*Estou segura que me daredes a razón.

* Dáme a sensación que hoxe fixo máis calor que onte.

**Tiña a impresión que non íaste portar ben.

 

2.2.4 Constrúe oracións condicionais seguindo o modelo: (Usa infinitivos conxugados e ten en conta a colocación do pronome átono se o houbese.

Se entras, pecha a porta./ De entrares, pecha a porta.

Se viñesen a tempo, atoparíannos na casa./

Se che pesa a caixa, déixaa que xa a iremos buscar nós.

Se vemos que se nos fai tarde, collemos un taxi.

 

2.2.5 Completa coa preposición de facendo as debidas contraccións.

Esta maleta non é nosa, que é __  eles.

__este lado do río hai menos árbores __ que pensabamos.

Cal _ os teus amigos foi quen te enganou falando __ parvadas?

Sei, __ algún xeito, que estás __ a nosa parte.

Saíron __ a casa e deixaron as chaves__o garaxe dentro.

Non saias __a aula sen pedir permiso por nada __ mundo.

 

CORRIXIREMOS O XOVES DÍA 2 PARA QUE POIDADES FACELAS CON CALMA.

 

1.2 AS PREPOSICIÓNS: A. PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

1.2.1 Completa coa contracción correspondente. Ten en conta que podes escribir ao/ó, aos/ós. Non obstante, debes facelo sempre co mesmo criterio, non mesturándo as dúas solucións.

 

Esta tarde vou __ cinema que está __ lado da túa casa.

__ 10h agárdote para darmos un paseo. Non esquezas que __ 12h teño que ir __ clase.

__ outro lado da rúa, crin ver un supermercado __ man dereita.

__veces é mellor non protestar e seguir__ que ías.

 

1.2.2

Completa a perífrase incoativa ir+infinitivo. Se é necesario, engádelle ao verbo ir un pronome átono.

 

______ que calase, pero e xa o fixo el.  (Dicir)

_____  o seu nome no caderno, para que se saiba de quen é. (Poñer)

Non_____o que che teño que contar. (Crer)

____ cincuenta euros e agora disme que non. (Adiantar)

 

1.2.3

Constrúe doutro xeito esta frase empregando a preposición a:

Cando entrei, vós seguiades falando.

Está cos cóbados cruzados no postigo mirando quen pasa.

Non serán eles quen crucen a praza correndo.

Se queres unha taza de caldo, está fervendo na pota.

 

1.2.4.

Tedes reparado nos galeguimos desta oración “do castelán galego”: *Ando todo el día a correr y no doy hecho?

 

 

MAÑÁ CORRIXIMOS E PASAMOS A OUTRA PREPOSICIÓN