5.3 AS PROPOSICIÓNS: CON. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

5.3.1
-Ía ir connosco esa mañá, pero despois chamounos para dicir que ía co curmán máis novo, que o levaba no coche.
-Traio sempre comigo o carné de conducir polo que poida pasar.
-Con un ou con outro recado, ti vén axiña.
-E veume coa historia de que non lle deixaran pasar porque ía coa mochila.
-Non quero verte máis coa gorra na cabeza.
-Non tiña nada. Casei cunha man diante e coa outra detrás.
-Foi co neno e coa nena.

5.2.2
-Inda que se poña a estudar toda a noite, non aprenderá nada/ Con estudar toda noite non aprenderá nada.
-Con andar(es) de aquí para aló, non che vai aparecer a chave./Por moito que andes de aquí para aló, non che vai aparecer a chave.

-Por máis que saian de madrugada, non lles abonda o tempo./Con saíren de madrugada, non lles abonda o tempo.
-Con aumentár(es)lle un palmo, non che cobre a mesa./Por moito que lle aumentes un palmo, non che cobre a mesa.(Non sería tamén “Con lle aumentares”…)

5.2.3
Pensamos que o importante non é entrar co pé dereito, senón facer as cousas ben, cun interese que ti non nos mostras. Así que non nos veñas con fumes que non temos por que chos soportar coa pacencia que tivemos sempre contigo. Estabas avisado cunha amonestación e sabías que o procedente era ter moito coidado coas palabras que empregaras. Connosco non se xoga.

 

TOMAMOS O QUE QUEDA DA MES DE VACACIÓNS. EN XULLO VOLVEMOS OS QUINCE PRIMEIROS DÍAS. LOGO XA DAMOS PUNTO DE VERÁN.

 

 

4.3 AS PREPOSICIÓNS: POR. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

4.3.1
-Ía pola beiravía e vin que un coche se me botaba encima.
-Se non me chego a enterar polo xornal de hoxe, nin se me pasaría pola cabeza que isto podía ocorrer.
-Graciñas polos ovos. E non cho digo polo que custan, senón polo seu sabor.
-Pola celebración do santo de Hadrián, non me tes que pedir explicación ningunha.
-El pelexaba por o meter na caixa e seu irmán por o botar fóra.
-O que non vaia polas boas, vai polas malas.

4.3.2
-Vou por maragaridas para pór un ramallete na mesa.
-E por riba vénme conque el non vai pór os cartos para todo.
-Que sexa ou non sexa verdade non me vai pór colorada.
-Por cartos que non quede. Se se pode pór, tira para diante.

4.3.3
-Por que non me chamaches ao pasares? Puiden aforrar de ir soa.
-Pois non cho fago porque non me dá a gana. Así de claro.
-Pau porque bogas e pau porque non bogas.
-Se che preguntan por que non estás na lista, dilles que aínda te matriculaches onte.
-Enfadouse comigo e gustaríame saber o porqué.

4.3.4
-Non tes mellor nota porque non queres./-Non tes mellor nota por non quereres.
-Xa que mo contou, perdóollo./-Por mo contar, perdóollo (Tamén… por contarmo…)
-Posto que non parades quietos, acabouse a promesa: xa non ides./-Por non parardes quietos, acabouse a promesa: xa non ides.
-Estamos moi contentos porque aprobamos a oposición./-Estamos moi contentos por aprobarmos a oposición.
-Devolvéronlles o motor porque non funcionaba./-Devolvéronlles o motor por non funcionar.
-Salvouse xa que os médicos atendérono moi axiña./-Salvouse polos médicos o atenderen moi axiña. (Tamén,  … polos médicos atendéreno…)

 

MAÑÁ TRABALLAREMOS CON OUTRA. ÁNIMO!!!

3.3 AS PREPOSICIÓNS: EN. USOS E CONSTRUCCIÓNS. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Antes de nada, recomendo que con todas estas preposicións cando se empregan co infinitivo se conxugue nas persoas que teñen desinencia para el (2ª do singular e as tres do plural). É o caso de uso mois frecuente e non podemos desperdícialo.

 

3.2.1
-Acabastes de recoller as uvas? Andamos niso.
-Nesta casa non se fai así. Na dela, que faga como queira.
-Aí che queda o coche. Mete todo no maleteiro e pon coidado que despois de ti non hai quen meta nada nel.
-Aterraremos nunhas dúas horas. No voo seguinte retrasaremos algo menos que neste.

3.2.2
-Cando chegues, pecha a porta e non lla abras a ninguén
-En chegando, pecha a porta e non lla abras a ninguén
-Ao chegares, pecha a porta e non lla abras a ninguén

Ao nos visitaren, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións.
-Cando nos visiten, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións
-En visitándonos eles, decidiremos se vos deixamos ir a vós ou non de vacacións

En soltándose da corda, xa non hai quen os volva á corte.
-Ao se soltaren da corda, xa non hai quen os volva á corte.
-Cando se soltan da corda, xa non hai quen os volva á corte.

3.2.3
-Non vou tan cedo porque aínda han estar na clase.
-Non sei como podes aguantar sempre na casa!
-Na aula de 6 B hai tantas nenas como nenos.

 

MAÑÁ POÑEREMOS OUTRA

2.3 AS PREPOSICIÓNS: DE. USOS E CONSTRUCCIÓNS. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

2.3.1
-Había troitas no río? / -Inda había ben delas.
-Traes hoxe moitos deberes?/ -Pois traio ben deles./ #Pois tráioche ben deles. (ESTA ÚLTIMA É UNHA SOLUCIÓN OPCIONAL MOI BEN FEITA QUE IMPLICA O USO DUN PRONOME DE SOLIEDARIDADE DOS QUE XA FALAMOS E VOLVEREMOS FALAR)
-Foi moita xente á verbena?/ -Inda foi ben dela!

-Precisas moito cal para a parede?/ Pois preciso ben del. (Este “cal” é masculino)
-Gastan moito leite en facer manteiga?/-Gastan ben del / #Gástanche ben del.
-Saéche moito sangue do nariz?/ – Sáeme ben del.
-Botáronlle sal ao caldo?/ -Botáronlle ben del.

2.3.2
-A un amigo del pasoulle o mesmo./ A un amigo de seu pasoulle o mesmo.
-Unha cuñada nosa vive n’O Cebreiro./ -Unha cuñada de noso vive n’O Cebreiro.
-Unha parente delas tamén se chamaba Andrea/ -Unha parente de seu tamén se chamaba Andrea.
-A finca grande é nosa./ -A finca grande é de noso
-As nosas bandeiras foron quedando atrás./ -As bandeiras de noso foron quedando atrás.

2.3.3
-Infórmoo/infórmoa de que hoxe se presenta un libro moi interesante.
-Estou segura de que me daredes a razón.
– Dáme a sensación de que hoxe fixo máis calor que onte.
-Tiña a impresión de que non te ías portar ben.

2.3.4
Se entras, pecha a porta./ De entrares, pecha a porta.
-Se viñesen a tempo, atoparíannos na casa./ De viren a tempo, atoparíannos na casa.
-Se che pesa a caixa, déixaa que xa a iremos buscar nós./ De pesarche (ou de che pesar) a caixa, déixaa que xa a iremos buscar nós (ou que xa iremos nós buscala).
-Se vemos que se nos fai tarde, collemos un taxi./ De vermos que se nos fai tarde, collemos un taxi

2.3.5
-Esta maleta non é nosa, que é deles.
-Deste lado do río hai menos árbores das que pensabamos. (Árbore é palabra feminina)
-Cal dos teus amigos foi quen te enganou falando daquelas parvadas?
-Sei, dalgún xeito, que estás da nosa parte.
-Saíron da casa e deixaron as chaves do garaxe dentro.
-Non saias da aula sen pedir permiso por nada do mundo.

 

MAÑÁ SEGUIREMOS COA SEGUINTE PREPOSICIÓN: EN.

1. AS PREPOSICIÓNS: A. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

1.3. 1

-Esta tarde vou ao cinema que está ao lado da túa casa.
Ás 10h agárdote para darnos un paseo. Non esquezas que ás 12h teño que ir á clase.
Ao outro lado da rúa, crin ver un supermercado á man dereita.
Ás veces é mellor non protestar e seguir ao que ías.
1.2.2
Ía dicirlle que calase, pero xa o fixo el.
Ía poñerlle o seu nome no caderno, para que se saiba de quen é.
Non vas crer o que che teño que contar.
Ías adiantarme cincuenta euros e agora disme que non.
1.2.3
Cando entrei, vós seguiades a falar.
Está cos cóbados cruzados no postigo a mirar quen pasa. (Había un erro tipográfico meu que agora corrixo. A construción é “cos cóbados”. Pido desculpas)
Non serán eles quen crucen a praza a correr.
Se queres unha taza de caldo, está a ferver na pota.
1.2.4
Ando todo o día a correr e non dou feito!

Estas construcións están moi presentes no castelán galego, moi sui generis, sobre todo en falantes maiores. Por desgraza para o galego, son as construcións casteláns as que están irrompendo nos falantes máis novos.

 

ATENCIÓN

As solucións propias do galego son á dereita e á esquerda, con preposición + artigo. Igualmente á man dereita e á man esquerda.

 

MAÑÁ FALAMOS DA PREPOSICIÓN DE

 

 

 

17.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

17.2.1

Pon as desinencias do infinitivo conxugado nos que poidas facelo. Deixa os pronomes como están colocados.

  1. Haberá moitas ocasións de vérMOnos, que os dous somos moi novos.
  2. Eis un motivo para levárDESnos, pois vós tedes coche e nós non.
  3. Cómpre verMOS sempre o lado positivo dos camiños para atrevérMOnos a seguir os nosos pasos.
  4. Ao saírES, pecha a porta. Sempre deixas aberto por liscarES antes de tempo.
  5. Con te poñerES a andar xa tiñas bastante.
  6. Non saberMOS calar a tempo tróuxonos este disgusto.
  7. Téñoche dito máis del mil veces que non debo ir alí por me estar prohibido.
  8. Di o que queiras pero puideches axudarme e non o fixeches.
  9. Sempre anda dicindo que queremos amolalo, pero non ten razón. Non nos dedicamos a tratarMOS mal a xente.
  10. Se queres traer compañía, podes facelo.
  11. Por obedecer ordes inxustas fixo moito mal.
  12. Non vou dicirche o que me parece.

 

 

O MÉRCORES PROPOREMOS UN REPASO CON ERROS PESCADOS NO TRASMALLO

 

16.2. INFINITIVO CONXUGADO. FORMAS. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

16.2.2

Éme hora de ir para a cama, que tira o colchón por min.
Fago isto para ser un bo colega.
Cando me dei conta de que iamos perdidos foi ao pasarmos a volta do Castro.

Ti e mais eu non imos ser suficientes para levarmos tanto paquete.
Ao sermos catro, non nos van facer caso. Mellor irmos unha por unha unha.
Xa me encargo eu de o despertar cedo.
Por vires a destempo, quedas sen o libro que estaban a entregar.
Non me mires con ollos de me perdonares a vida.

 

RECOMENDO QUE DEADES UN REPASIÑO Á CONXUGACIÓN TRATANDO DE VOS FAMILIARIZARDES COAS FORMAS. MAÑÁ DAREMOS UN PASIÑO MÁIS EXPLICANDO CANDO PODE USARSE E UNS CAMBIOS QUE HAI NAS CONSOANTES QUE SE XUNTAN, POLO QUE NON POIDO ADIANTAR HOXE COMO QUIXERA. DEIME CONTA AO POÑER UN EXEMPLO.

15.2 PERÍFRASES VERBAIS. COLOCACIÓN DOS PRONOMES. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

IMG_5699

15.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

 

15.2.1.

¿Cales dos seguintes núcleos verbais son perífrases?

Non admitiu que se puxese en dúbida a súa palabra.

Esta mañá empezou a chover a rolos.

Temos que coidar máis o medio ambiente.

Esta mañá volveu soar a campá de forma estraña.

Se queres, ímonos divertir ao San Froilán no próximo outubro.

O reloxo botou a andar el só.

Non daba saído do seu pasmo.

Mándoche abrir a porta e non me obedeces.

 

15.2.2.

Transforma estas oracións segundo o modelo:

-Teño que facelo/ Téñoo que facer/ Non o teño que facer/ Teño que o facer.

-Debeu de levalas pero non estou segura/ Non as debeu de levar, pero non estou segura.

-Está empezando a mentirche/ Estache empezando a mentir.

-Houbo que buscarvos/ Hóubovos que buscar./ Houbo que vos buscar.

 

O LUNS SEGUIMOS, COS INFINITIVOS CONXUGADOS E OS SEUS USOS.

16.2.4 PRONOMES E INFINITIVOS. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

16.2.4.1

Que clase de subordinada forman os seguintes infinitivos (16.1.2)

  1. Substantiva de complemento directo.
  2. Adverbial de tempo.
  3. Substantiva de complemento dun adxectivo (doado).
  4. Adverbial final.
  5. Substantiva de suxeito.

.

16.2.4.2

Pon o pronome que falta

  1. Voute levar/ Vou levarte ao cine, se tes gana de saír.
  2. Non lles quixo contar/Non quixo contarlles a verdade, porque non se atreveu a contradicilas.
  3. Puídoche preguntar/ Puido preguntarche que hora era pero viute sen reloxo.
  4. Sábelas vender/ Sabes vendelas moi ben, como se fosen novas.
  5. Sentínche/lle/vos/lles dicir/ Sentín dicirche/lle/vos/lles que erades parvos de todo.
  6. Non o queiras saber/ Non queiras sabelo. (Pronome o)

 

MAÑÁ SEGUIMOS COS PRONOMES E INFINITIVOS EN PERÍFRASE

14.2 COLOCACIÓN DO DO PRONOME ÁTONO. REPASO. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

IMG_5667

14.1.3

Transforma segundo o modelo, usando en todas as subordinadas o verbo dicir:

 

Dámo./ Dígoche que mo deas.

Cómpramo./Dígoche que mo compres.

Lévamos./ Dígoche que mos leves.

Contéstame./ Dígoche que me contestes.

Ofrécellelos./Dígoche que llelos ofrezas (OLLO: OFREZAS, como CONDUZAS, CREZAS, TRADUZAS, INTRODUZAS, PRODUZAS…, é, dicir, en todos os verbos acabados en –cer ou –cir, que en castelán introducen un c)

Cómpralla./Non lla compres.

 

14.1.4

Transforma segundo o modelo:

 

Non me me veu o sono/ Veume o sono.

Non vos dei atopado./ Deivos atopado.

Non me preguntes de onde o saquei./ Saqueino de….

Non lles quería botar a culpa./ Queríalles botar a culpa/ Quería botarlles a culpa. (AS DÚAS SOLUCIÓN SON VÁLIDAS)

Non o fagas antes de saír./Faino antes de saír.

 

 

 

NA PRÓXIMA UNIDADE VEREMOS AS CONSTRUCIÓNS QUE PODE ADOPTAR O INFINITIVO CON RELACIÓN AOS PRONOMES ÁTONOS NAS ORACIÓNS SUBORDINADAS.