PRONOMES ÁTONOS: CORRECCIÓN E EXPLICACIÓN DE ACTIVIDADES. 9.2

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

“Séntalles mal a miñas comadres

que lles canten as verdades”.

 

(Do refraneiro popular)

 

 

9.1.1

 

-A que nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan cres que está substituíndo cada un destes pronomes lles?

MIÑAS COMADRES

 

-Está este nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan no refrán ou tiveches que adiviñalo?

ESTÁ NO PROPIO REFRÁN

 

– Está este nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan en singular ou en plural?

EN PLURAL

 

-Cómpre que te fixes ben nisto porque na fala dalgunhas partes de Galicia non existe o  pronome lles, senón unha única forma que coincide co singular, lle. Mesmo puidera ser que ti non o utilices.

RESPOSTA INDIVIDUAL SI/NON

 

-Son pronomes tónicos ou átonos, é dicir, con tonicidade (acento ou forza…) dentro do refrán ou non? Para iso pronúnciao fixándote ben.

ÁTONOS. NON SE FAI RECAER NELES O ACENTO

 

 

9.1.2. Ese mesmo nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan podería ser substituído por un pronome tónico dos que coñeces?

POR ELAS

 

9.1.3. Se o fixeses, desaparecería ese outro nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan do refrán?

AO UTILIZAR ELAS SI DESAPARECÍA MIÑAS COMADRES.

 A elas moléstaas que lles canten as verdades.

 

 

9.1.4

-Hai algún outro nome ou nome acompañado doutras palabras das que ese nome é a máis importante e as outras o completan no refrán que puideses substituír por outro pronome diferente de lles?

AS VERDADES

 

-Que pronome sería?

AS

 

9.1.5

ÁTONO

 

 

9.1.6

Cres que se digo A elas séntalles mal que llelas canten estou dicindo algo moi parecido ao refrán?

A SOLUCIÓN CORRECTA É SI

 

 

9.1.7

Os pasiños que viñeches dando, aproximáronte a este resultado?

RESPOSTA INDIVIDUAL SI/NON

 

 

 

MAÑÁ SEGUIMOS EXPLICANDO OS CAMBIOS QUE PUIDEMOS OBSERVAR QUE SE PRODUCEN CON TODA ESTA TRANSFORMACIÓN.

MIRA SE PODES SACAR TI ALGUNHA CONCLUSIÓN ANTICIPATORIA

TRASMALLO NA REDE.2

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

2.1 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES CON EXPLICACIÓNS DE CADA ERRO.

 

2.1.1-Denuncian que a Xunta se nega a medir os niveis de radón nos seus edificios “por aforrar entre 80 e 230 euros”

(Sobra un “se” que pertence a eses pronomes que non se utilizan en galego)

 

2.1.2.-Que noxo!!!

(Os interrogativos e admirativos non levan acento ortográfico nunca)

 

2.1.3.-Andamos niso, si!!!

(Non existe o pronome “elo” nin leva acento gráfico a palabra si, nin con este significado nin como pronome tónico)

 

2.1.4-Hortensia, regalaronme dous pares. Queres un?

(A colocación do pronome átono xeralmente é tras do seu verbo e pegado a el. Non hai ningunha excepción neste caso)

 

2.1.5.-Para iso, poderías enviarme unha fotografía túa que che guste e se queres unhas breves notas biográficas.

(Non existe o pronome “elo”)

 

2.1.6.-A protagonista da novela enfróntase a unha crise amorosa.

(A colocación do pronome átono xeralmente é tras do seu verbo e pegado a el. Non hai ningunha excepción neste caso)

 

2.1.7.-Ó/Ao termos ( nosoutros) unha memoria tan corta e unha perspectiva da distancia tan pequena.

(Ó/ao, poden usarse as dúas formas. O infinitivo conxugado ten diferentes formas para as diferentes persoas. A que corresponde a nosoutros é ter(mos). Precisamente, as formas do infinitivo conxugado son para recoñecer o suxeito, co que xa non sería preciso o uso do pronome. A conxunción copulativa é sempre “e” aínda na pronuncia ante vocal pode converterse nun “i semiconsoante”)

 

2.2.O LUNS CONTINUAREMOS TRABALLANDO OS PRONOMES SOBRE UN REFRÁN POPULAR.  BOA FINDE.

PRONOMES TÓNICOS CON PARTÍCULA COMPARATIVA 8.2.3 Solucións

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

8.2.3 SOLUCIÓNS AOS EXERCICIOS

 

 

8.2.3.1.- Nós non sabiamos que nos mandaran recado de que non nos queríanver alí, porque alí nós non pintabamos nada.
-A nós non nos gusta que nos ordenen onde nos temos que poñer nin quen se debe colocar diante de nós.
-Por que tedes que ser vós sempre os que saiades coa vosa?
-Se vós ides pola dereita, nós iremos pola esquerda para que non nos xuntemos.

 

 

8.2.3.2.-Eu era máis alto CA el, pero despois el medrou máis CA MIN.
-Nós apurabamos menos CA EL, pero el corría máis CA NÓS.
-A eles quérenlles tanto COMA MIN, pero eu sempre me celo deles.
-Para seres COMA MIN, tes que comer o caldo que deixo comido EU.

 
8.2.3.3.-Abriu o caixón e gardou os lentes NEL
-DEL non sei nada porque non me chama nin me escribe.
-Vinas esta mañá e non notei nada raro NELAS.
-O que máis me gusta DELAS, é o gran sentido do humor que teñen.
-NELES, que son tan discretos, os segredos poden quedar gardados.

 

MAÑÁ UN POUCO MÁIS.

PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN. TÓNICOS E ÁTONOS 7.1

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES E PREPARACIÓN DA UNIDADE SEGUINTE
7.1.2 Cambio de narrador a primeira persoa

“Chámome Kovar. (Eu) Era novo na escola e fixéronME sitio cerca da profe. Viña de moi lonxe, non falaba como os demais e tiña que aprender moitas cousas. Onda a profe tamén estaba Xermán, sempre sentado. Tiña unha distrofia muscular que lle afectaba as pernas e había que lle axudar a moverse dentro da clase. Ata a clase traíao a mamá.
EU estiven mirándoo mentres descansaba de aprender novas palabras nun libro. Por iso lle collín o lápiz cando lle caeu e lle levei o caderno á profe para mirarlle a conta, que a acabara. A profe soubo xa o primeiro día que eu era un neno intelixente e solidario.
No recreo a profe levou a Xermán ata o banco do pasillo e deixouno cun grupiño para que non se aburrise. SenteiME onda el e axudeiLLE a volver para dentro. Ao acabar a clase, adianteiME para conducilo á porta, onde o esperaba a mamá.
Xermán presentouME a súa nai:
-Mamá, Kovar empezou hoxe e xa somos amigos.
A nai sorriu cara a el e eu aprendín así a palabra “amigos”.
7.1.3 Cambios que poden observarse

-A forma dos pronomes. Aparecen os da primeira persoa, referidos a Kovar –que é agora o narrador- e continúan igual os de terceira persoa, referidos a Xermán, a súa nai, á profe…
-Ningún mudou de lugar
-Cambia tamén a persoa do verbo, igual que o pronome que a rexe.
7.1.4 Proposta de traballo anticipando a próxima unidade.

-Le esta oración é fíxate na forza que fas sobre a pronuncia dos pronomes

A min gústame que nos saúdes pola rúa.

-Son tónicos ou átonos?

-Cambia para plural o primeiro pronome e continúa a oración.

-Volve ler o resultado fixándote na forza que fas sobre a pronuncia dos pronomes.

-Seguen sendo da mesma categoría que os anteriores ou houbo cambios?

-Chámache a atención algunha diferencia entre as formas dos pronomes da primeira persoa –entre si- e os do plural –entre si-?

 

MAÑÁ REPASAREMOS AS FORMAS DOS PRONOMES ÁTONOS E AS SÚAS REPETICIÓNS, OU PLEONASMOS.

PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN. TÓNICOS E ÁTONOS 5.2

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

5.2 CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

 

5.2.1 Imos facer un exercicio de lectura:

MARCO UN RESULTADO APROXIMADO, POQUE DEPENDE UN POUCO DA LECTURA. HAI ACENTOS PRINCIPAIS E SECUNDARIOS, PERO NON VOU FACER ESTA DISTINCIÓN. O QUE INTERESA É QUE VEXADES QUE A LECTURA TEN PUNTOS DE APOIO EN DETERMINADAS PALABRAS, MENTRES QUE SOBRE OUTRAS PASA CASE POR ENCIMA.

“KoVAR era NOvo na esCOla e fiXÉronlle SItio cerca da PROfe. VIña de moi LONxe, non faLAba como os deMAIS e TIña que aprenDER moitas COUsas. Onda a PROfe taMÉN esTAba XerMÁN, sempre senTAdo. TIña unha disTROfia muscuLAR que lle afecTAba as PERnas e haBÍa que lle axuDAR a moVERse dentro da CLAse. Ata a CLAse traÍao a maMÁ.

KoVAR esTIvo miRÁNdoo mentres descanSAba de aprenDER novas paLAbras nun LIbro. Por Iso lle coLLEU o LApis cando lle caEU e lle levOU o cadERno á PROfe para miRARlle a CONta que acaBARa. A PROfe SOUbo xa o priEIRro DÍa que KoVAR era un NEno inteliXENte e soliDArio.

No reCREo, a PROfe leVOU a XerMÁN ata o BANco do paSIllo e deiXOUno cun gruPIño PAra que non se abuRRIse. KoVAR sentOUse onda EL e axuDOUno a volVER para DENtro. Ao acaBAR a CLAse, adianTOUse para conduCIlo á PORta, onde o espeRAba a maMÁ.

XerMÁN presenTOUllo a súa NAi:
-MaMÁ, KoVAR empeZOU HOxe e xa SOmos aMIgos.
A NAI soRRIU cara a EL e KoVAR aprenDEU aSÍ a paLAbra aMIgos”.

 
5.2.2. Marca todos os pronomes persoais que atopes.

“Kovar era novo na escola e fixéronLLE sitio cerca da profe. Viña de moi lonxe, non falaba como os demais e tiña que aprender moitas cousas. Onda a profe tamén estaba Xermán, sempre sentado. Tiña unha distrofia muscular que LLE afectaba as pernas e había que LLE axudar a moverse dentro da clase. Ata a clase traíaO a mamá.

Kovar estivo mirándoO mentres descansaba de aprender novas palabras nun libro. Por iso LLE colleu o lápiz cando LLE caeu e LLE levou o caderno á profe para mirarLLE a conta que acabara. A profe soubo xa o primeiro día que Kovar era un neno intelixente e solidario.

No recreo, a profe levou a Xermán ata o banco do pasillo e deixouNO cun grupiño para que non SE aburrise. Kovar sentouSE onda EL e axudouNO a volver para dentro. Ao acabar a clase, adiantouSE para conduciLO á porta, onde O esperaba a mamá.

Xermán presentouLLO a súa nai:
-Mamá, Kovar empezou hoxe e xa somos amigos.
A nai sorriu cara a EL e Kovar aprendeu así a palabra amigos”.

 
5.2.3

. ANTICÍPATE Á PRÓXIMA LECCIÓN

Vimos moitos pronomes. Podes repasalos e quizabes chegar a algunha conclusión.

PRONOMES PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN 4

IMG_8373
4.1 CORRECCIÓN DOS EXERCICIOS
2_Hoxe lavou os dentes con moito esmero.

3_Van proxectar a película de Tosar e eu non a penso perder.

4_Pása pola casa, que tomamos algo

5_Teño tanta fame que comía un boi por unha pata.

6_ Saudáronse con moita cortesía e quedaron pampos do que medraran as nenas.

7_ Cortaba o pelo ela mesma e quedáballe moi ben.

8_Hoxe puxen un traxe ao que lle quero moito porque me favorece.

4.2 REPASO SOBRE OS ERROS

2. Cando non é necesario un pronome reflexivo non se usa. En lavar os dentes, enténdese que se refire á mesma persoa que fala. Si sería necesario en Lavoulle os dentes á nena.
3. Tamén é un reflexivo innecesario, que non se utiliza.
4. Hai un pronome que non se usa co verbo pasar, dos que estivemos mirando. As palabras CASA e CLASE e AULA cando son complemento circunstancial de lugar contrúense co artigo A:

Entrar na casa
Saír da aula
Moverse pola clase.
5. Igual que a 3.
6. Igual que 2.
7. Estes pronomes –que non son suxeito nin levan preposición-, como regra xeral van detrás do seu verbo e unidos a el. Pero as excepcións son moitas. Unha delas son as oracións que levan unha conxunción subordinante, neste caso PORQUE, que os atrae para diante do seu verbo.

4.3. Recomendo dar un repaso polas unidades que falan de oracións subordinadas. En calquera caso, seguiremos facendo práctica.

QUE TEÑADES UN BO DOMINGO. O LUNS, MÁIS.

PRONOME PERSOAIS. USO E COLOCACIÓN 1.2

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
1.2.1 CORRECCIÓN DO EXERCICIO PROPOSTO

a-¿Te perdiste la película de ayer? …. ¿Te la perdiste?

b-¿Te saltarás la cena de hoy?….. ¿Te la saltarás?

c-¿Te lavaste las manos?….. ¿Te las lavaste?

d-¿Te comiste todo el helado?… ¿Te lo comiste?

e-¿Te compraste el pantalón que tanto te había gustado? ¿Te lo compraste?

f-¿Te miraste hoy la cara en el espejo? ¿Te la miraste?

g-¿Te pintarás las uñas de colores? ¿Te las pintarás?

 
1.2.2 OS OBXECTO DIRECTO E INDIRECTO

O pronome te está substituíndo o O.I. dos verbos correspondentes en cada oración. O O.D. dos mesmos verbos son os pronomes que usaches para substituír os nomes, sós ou acompañados dos seus complementos. Nas oracións anteriores temos, polo tanto unha columna de O.I. e outra de O.D.

O.I. (2ª persoa singular)    O.D. (3ª persoa)

a- te                                        la

b- te                                        la

c- te                                         las

d- te                                        lo

e- te                                        lo

f- te                                         la

g- te                                        las

 

1.2.3. RESUME DE TEMAS TRATADOS ANTERIORMENTE, QUE PODEDES BUSCAR E REPASAR.
-O pronome galego ten dúas formas para o pronome da 2ª persoa, te cando é O.D e che cando é O.I.

Chameite e non che gustou.

-O pronome galego O.I. ou O.D. nunca empeza unha oración e adoita estar unido ao seu verbo, aínda que as excepcións son moi abondosas.

Chameite. Tráioche un recadiño. Gústache esta canción. Non te vexo ben con esta luz.

-Os pronomes galegos O.I. e O. D. que van na mesma oración, únense.

As chaves traíaas pero non chas dei (che+as)

 
1.2.4. TENTANDO A TRADUCIÓN CORRECTA

Intenta facer a tradución das oracións que resultaron no exercicio 1.2.1, é dicir, as que teñen os dous pronomes. Recordade que se poden perder palabras e que é importante a colocación dos elementos da frase. Se algo vos soa moi mal, non será así.
a-

b-

c-

d-

e-

f-

g-

 
1.2.4. MAÑÁ CORRIXIMOS E SEGUIMOS