5.1
C. D. C. I.
Me Me
Te Che
O/a/se Lle
Nos Nos
Vos Vos
Os/as/se Lles
USOS DE TE E CHE
O galego desenvolveu moi maioritariamente dúas formas para o pronome átono da segunda persoa do singular: te e che.
Hai verbos que completan o seu significado cun nome ou pronome. Sempre se dá, compra, mira, cambia, come, contesta…. algo.
Se este algo é a segunda persoa, úsase TE
Mírote. Véxote. Lévote no coche. Chámote esta tarde?
Se convertedes a oración en pasiva, ese algo pasa a ser o suxeito paciente: Ti es mirado por min…
Estes verbos chámanse transitivos e ese algo, obxecto ou complemento directo.
Se este algo é outra cousa que pode ir en proveito, dano ou calquera outra relación con esa segunda persoa, úsase CHE, que é o pronome obxecto ou complemento indirecto.
Míroche as mans. Véxoche olleiras. Lévoche a compra no coche. ¿Chámoche a nena esta tarde para que xogue con Rita?
Nestes exemplos, o obxecto ou complemento directo non é a segunda persoa, senón as mans, as olleiras, a compra, a nena. Se convertedes a oración en pasiva, veredes que son esas cousas as que pasan a ser o suxeito paciente: As túas mans son miradas por min.
O equivalente a che na terceira persoa singular é lle e no plural lles (que non existe na falda dalgunhas zonas)
O equivalente a te na terceira persoa é o/a e nos plurais os/as
Préstoche unha chaqueta…. Préstolle unha chaqueta… Préstolles unha chaqueta
Saúdote…… Saúdoa/ Saúdoo….. Saúdoos/ Saúdoas
RECORDA
–Che: o prestado non es ti, nin el, nin ela… é a chaqueta, por iso vai che/lle/lles.
–Te: o saudado es ti, por iso vai te, o/a, os/as)
¡OLLO! Estase usando un castellanismo horroroso co pronome lle que hai que desbotar axiña antes de que enraice:
*Voteille -contexto eleccións-. O votado é el ou ela, polo tanto: Voteino ou voteina…
*Pásolle -contexto de chamadas telefónicas en oficinas-. O pasado es ti/el/ela…, polo tanto: Pásoo ou pásoa/ Pásollo ou pásolla.
*Saúdalle –ao final de escritos oficiais.-. O saúdado e Vde., polo tanto Saúdao/a.
5.2 PROPOSTA DE ACTIVIDADES
1. Memorizar para aplicalo:
Os pronomes ME, TE, CHE, SE, O, A, LLE, LLES, OS, AS non comenzan NUNCA unha frase.
2.
-A nena estudou a lección para a profa de música.
-Compro sempre os mellores produtos para a familia.
-Nicolás e Anxos len todos os días contos á irmá pequena.
-Segundo chegaron, pasou aos máis pequenos para o corredor.
-Puxo a Alberte e Maribel senllas chaquetas.
2.1.Indica os suxeitos das oracións anteriores.
2.2.Indica os seus complementos directo e indirecto.
2.3.Escribe os pronomes tónicos que substituír os suxeitos e os átonos que poden substituír os obxectos directo e indirecto.
2.4. Converte dúas delas en pasivas.
2.5. Comproba nelas se o obxecto directo pasa a ser suxeito paciente e o indirecto, non.
2.1 suxeitos: a nena; eu; Nicolás e Anxos; el ou ela (na principal); el ou ela.
2.2 CD: a lección; os productos; os contos; os máis pequenos; as chaquetas.
CI: a profe de música; a familia; a irmá; para o corredor??(paréceme que non o é, que non o ten esta oración por moito que o corredor “reciba a acción”; Alberte e Maribel.
2.3 ELA estudouLLA; EU cómproLLOS sempre os mellores; ELES lenLLOS todos os días; segundo chegaron, EL pasounOS para o corredor; ELA púxoLLAS. (Ou neste último caso sería púxoLLELAS?)
2.4 A lección foi estudada pola nena para a profe de música
Os mellores productos son comprados por min para a familia.
2.5 o CD si pasa a suxeito paciente e o CI, non.
Deixo xa a corrección xeral.
No dous tres non se especica que sexan contraídos, poque aínda non falei diso. De calquera xeito está ben, agás o último: llelas.
Para o corredor é un complemento de lugar, non indirecto.
Moi ben.
Grazas.
Moi ben explicado e sinxelo. Bos e gratis exemplos. Foime de muita acuda. Grazas.
Moitas grazas admiro o teu traballo, segue así e espero aprobar o exame derradeiro
En que casos se poden usar indistintamente?
Iso está aínda sen mirar, que non podemos correr.
Non está mal indicado onde pon que lle e lles e CD e o/a e os/as CI ¿?
Eu teño una dúbida sobre o Che e Te que ata agora non me parara a pensar. Non sei se alguén inda se pasa por aquí pero eu deixo o tema.
Por exemplo, ahí pon “Chámote” pero se eu lle pego a alguén, dígolle “pégoche”. “Peguéiche sen querer”, querendo decir que sen querer lle golpeei. Sen embargo se digo “Pégote” “peguéite sen querer” digo que sen querer usei pegamento e pegueino a algún lado… Cómo se explica isto?
Chámote. Te é o obxecto directo do verbo chamar. Ti es chamado ou chamada.
Chámoche luguesa. O verbo aquí funciona doutro xeito. Non con obxecto, senón como un verbo atributivo. Ti es chamada luguesa. Non ti es chamada (para que veñas, por exemplo.
Se cadra porqu se supón que CHE peguei unha labazada aínda que non se diga.
Pegueiche (unha labazada) sen o querer.
Digo eu.
Pingback: TE Y CHE – Blog de Yelco Seoane
Moi ben explicado e sinxelo. Bos e craros exemplos . Foime de muita axuda. Grazas.
Bo día!
No caso de facer comer a alguén, sería faille comer ou faino/a comer?
Facerlle comer a alguén algo: “Faille comer o pan”
Facer que coma: “Faille comer, que está precisada” ou “Faina comer, que está precisada”.
Estes serían os usos da lingua.
Quérote, Quíxente, quixérate, están ben, non sí?
Pois si. O verbo querer admite o te e o che. É curioso: Quérote moito/ quéroche moito. Nalgunhas frases hai un pequeno matiz diferencial, pero son intercambiables.
Moitísimas grazas pola lección! Estou emigrado pero sempre lle falo á miña filla en galego, e ás veces xorden este tipo de dúbidas…
Se cadra porque se supón que CHE peguei unha labazada aínda que non se diga.
Pegueiche (unha labazada) sen o querer.
Digo eu.
Fíxate en que o verbo PEGAR (trasitivo) é unir algo a algo ou a alguén.
-Pegueite (a ti) ao muro para che pegar unha labazada.
Non se se entendes as dúas construcións. Se non, volve preguntar e intento aclarcho mellor.
Si, si, entendino. E por lle dar unha explicación á persoa que preguntaba polo verbo pegar.
Graciña a ti, Alberto. Aquí estamos para axudar no que se poida.
Pingback: A eterna dúbida, te ou che? – 10 meses en el infierno
No castelanismo..
“Pásolle a chamada” comentas que ten que ser pasoa. Eu uso pásocha. Tal como explicas sería válida pola conversión ” a chamada é a pasada, non a persona”?
“Pásolle a chamada” está correcto. PASO A CHAMADA SÚA A EL OU A ELA.
“Pásolla (a chamada, substituída polo pronome, está ben). NO “LLA” VAN LLE+A, É DICIR OS DOUS PRONOMES.
“Pásoo” (a Vd., entendendo que é para falare non se fai referencia á palabra) está ben.
NESTE TIPO DE ORACIÓNS A PALABRA É O OBXECTO DIRECTO. SE VAI PASAR A PERSOA SERÍA OBXECTO DIRECTO TAMÉN.
Pingback: PRONOMBRES ÁTONOS: USOS DE TE/CHE, LLE/LLES, O/A OS/AS – HVM