1. AS PREPOSICIÓNS: A. CORRECCIÓN DE ACTIVIDADES

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

1.3. 1

-Esta tarde vou ao cinema que está ao lado da túa casa.
Ás 10h agárdote para darnos un paseo. Non esquezas que ás 12h teño que ir á clase.
Ao outro lado da rúa, crin ver un supermercado á man dereita.
Ás veces é mellor non protestar e seguir ao que ías.
1.2.2
Ía dicirlle que calase, pero xa o fixo el.
Ía poñerlle o seu nome no caderno, para que se saiba de quen é.
Non vas crer o que che teño que contar.
Ías adiantarme cincuenta euros e agora disme que non.
1.2.3
Cando entrei, vós seguiades a falar.
Está cos cóbados cruzados no postigo a mirar quen pasa. (Había un erro tipográfico meu que agora corrixo. A construción é “cos cóbados”. Pido desculpas)
Non serán eles quen crucen a praza a correr.
Se queres unha taza de caldo, está a ferver na pota.
1.2.4
Ando todo o día a correr e non dou feito!

Estas construcións están moi presentes no castelán galego, moi sui generis, sobre todo en falantes maiores. Por desgraza para o galego, son as construcións casteláns as que están irrompendo nos falantes máis novos.

 

ATENCIÓN

As solucións propias do galego son á dereita e á esquerda, con preposición + artigo. Igualmente á man dereita e á man esquerda.

 

MAÑÁ FALAMOS DA PREPOSICIÓN DE

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s