3.1 AS PREPOSICIÓNS: EN. USOS E CONSTRUCCIÓNS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

3.1.1

A preposición “en” ten varios usos. Contrae coa mesma clase de palabras que “de”, perdendo ambas a súa vogal “e”.

Segundo o Dicionario da Real Academia Galega, expresa:

Lugar

Vivo en Lugo.

Meteunos no caixón. Foi caer nun focho. Vai na vila.

Tempo

Caso en agosto.

Chegou en dúas horas.

Modo, materia, medio, instrumento, prezo.

Está feito en escaiola.

Veu en autobús.

Deixouno en tres euros.

Quedou en branco.

Algunhas veces equivale a por.

Coñecino no andar.

Con certos verbos, en estruturas transitivas, indica o proceso do verbo considerado na súa duración ou desenvolvemento, por oposición a un proceso rematado.

Andaba buscando na roupa.

 

OBSERVACIÓNS: A preposición en contrae coas seguintes clases de palabras, dando as formas que se expresan:

  1. a) Co artigo determinado (o, a, os, as): no, na, nos, nas.
  2. b) Co artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas): nun, nunha, nuns, nunhas.
  3. c) Coas formas tónicas do pronome persoal de terceira persoa (el, ela, eles, elas): nel, nela, neles, nelas.
  4. d) Cos demostrativos (este, ese, aquel, estoutro, esoutro, aqueloutro…): neste, nese, naquel, nestoutro, nesoutro, naqueloutro…
  5. e) Cos indefinidos algún e outro: nalgún, noutro..

 FRASES E EXPRESIÓNS CON en

En + xerundio: indica acción acabada.

En facendo o labor deitareime un anaco.

En + por + pronome: indica que o suxeito ten ou fai algo por si mesmo.

Levaba todas as terras en por el.

 

3.1.2

Hai un xiro moi propio do galego que se constrúe cos verbos andar e estar, e indica “estar inmerso nunha ocupación ou traballo”:

Anda nas patacas.

Sempre está nas verzas.

É madeirista porque andou toda a vida na madeira.

 

3.1.3  

En+xegundio constitúe oracións temporais. As tres oracións seguintes son equivalentes:

En chegando, chámame

Ao chegares, chámame.

Cando chegues, chámame.

 

3.1.4

Fíxate nestas expresións galegas:

 

Estar NA casa.

Etrar NA clase.

Mostrarse atenta NA aula.

 

 

MAÑÁ PROPOÑEMOS ACTIVIDADES

 

 

 

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s